Ochotona
Ochotona Picas | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ochotona curzoniae | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Ochotona é un xénero de mamíferos lagomorfos da familia dos ocotónidos. É o único xénero da familia que persiste actualmente. As súas 30 especies actualmente viventes son coñecidas vulgarmente como picas, e tamén como lebres asubidoras e coellos de roca (aínda que non están estreitamente emparentados coas lebres nin cos coellos, que forman parte doutra familia de lagomorfos, a dos lepóridos).
A diferenza do xénero extinto Prolagus, as especies de Ochotona perderon o último molar superior.
Morfoloxía
editarPresentan unha aparencia moi similar á das cobaias comúns. A súa dentadura presenta no maxilar catro incisivos, seis premolares e catro molares, e na mandíbula teñen dous incisivos, catro premolares e seis molares. A súa cola é tan curta que case nin se ve e o seu corpo está cuberto dun pelame denso e suave. Viven en comunidades bastante numerosas, tanto en chairos como en montes, e aliméntanse case exclusivamente de herbas. O nome de lebre asubiadora é debido a un asubío que emiten de cando en vez.
Distribución xeográfica
editarEn Europa coñécese unha soa especie, Ochotona pusillus, que tamén se atopa nalgunhas zonas de Asia. De feito, en Asia é o continente onde habitan máis especies deste xénero, aínda que tamén se atopan algunhas en Norteamérica.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi definido en 1795 polo naturalista alemán Heinrich Friedrich Link, en Beitr. Naturgesch., 2: 74.[1], que tomou como especie tipo a Ochotona minor, rebautizando a especie Lepus dauuricus Pallas, 1776 (hoxe coñecida como Ochotona daurica).[1]
Sinónimos
editarO xénero Ochotona coñeceuse tamén como:[1]
- Abra Gray, 1863
- Abrama Strand, 1928
- Argyrotona Rekovetz, 1988
- Buchneria Erbajeva, 1988
- Lagomys G. Cuvier, 1800
- Lagotona Kretzoi, 1941
- Ogotoma Gray, 1867
- Tibetholagus Argyropulo & Pidoplichko, 1939
- Tibetolagus Argyropulo, 1948
Etimoloxía
editarO nome científico Ochotona deriva do nome mongol ochodona, co que os mongois denominan ás picas.[2] e, no segundo caso, coa adición á raíz do nome xenérico o sufixo do latín científico -ĭidae, co que se forman os nomes das familias de animais.
Nome vulgar
editarO nome común máis utilizado, pica, deriva da palabra piika, usada polos pobos tungús do leste de Siberia para designar a estes animais.[3] que comezou a usarse en inglés en 1827,[4] e de aí pasou aos demais idiomas europeos.
Especies
editarNa actualidade recoñécense no xénero as seguintes trinta especies:[1][5]
- Ochotona alpina
- Ochotona argentata
- Ochotona cansus
- Ochotona collaris
- Ochotona curzoniae
- Ochotona dauurica (especie tipo)
- Ochotona erythrotis
- Ochotona forresti
- Ochotona gaoligongensis
- Ochotona gloveri
- Ochotona himalayana
- Ochotona hoffmanni
- Ochotona huangensis
- Ochotona hyperborea
- Ochotona iliensis
- Ochotona koslowi
- Ochotona ladacensis
- Ochotona macrotis
- Ochotona muliensis
- Ochotona nigritia
- Ochotona nubrica
- Ochotona pallasi
- Ochotona princeps
- Ochotona pusilla
- Ochotona roylei
- Ochotona rufescens
- Ochotona rutila
- Ochotona thibetana
- Ochotona thomasi
- Ochotona turuchanensis
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ochotona |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ochotona |
Bibliografía
editar- Kingdon, Jonathan & M. Hoffmann (eds.) (2015): The Kingdon Field Guide to African Mammals. Volume V: Carnivores, Pangolins, Equids and Rhinoceroses. Second Edition. Londres: Bloomsbury Publishing. Bloomsbury Natural History. ISBN 978-1-4729-1236-7.
- Scortecci, G. e outros (1969) Mamíferos. Ed. Vergara. Los animales. Cómo son, dónde viven, cómo viven, vol. 2 [Ed. española dirixida por Francisco García do Cid, coa colaboración de Enrique Balcells e Pedro Arté] (en castelán).
- Walker, E. (1975): Mammals of the World. 2 Vols. Sixth edition. Baltimore, Maryland, USA e Londres Reino Unido: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editors (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- The trek of the pika, (en inglés).