O coello na cultura popular galega
A seguir recóllese a pegada do coello na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.
En Cambados, para cura-la decipla (erisipela), untan a parte enferma con sangue de coello. Tamén se cre que se unha muller embarazada come carne de lebre ou de coello, o meniño dormirá despois cos ollos abertos.
Léxico
editar- Coello: borracheira, en Verín (Constantino García González).
- Conexo de mar: denominación común de certo molusco gasterópodo coñecido como borrachas (Aplysia punctata); outras denominacións populares son as de limacha do mar, meiga do mar, porco do mar, teta do mar e, en castelán, liebre de mar [1].
Locucións
editarRefraneiro
editar- A abellariza e o coello, no monte vello.
- Cada coello no seu tobo arránxase de calquera modo.
- Can alcuceiro, nunca bo coenlleiro [4].
- Coello de dispensa, cazador e labrador, fame no comedor.
- Des que fuxiu o coello, viu o consello.
- Do tempo dos coellos non hai couselos [5]
- ¡Inda o demo ten cara de coello! [6]
- Labrador cazador, coellos na despensa, e fame no comedor.
- Labrego cazador, coellos na cociña e fame no comedor.
- Labrego cazador, coellos na lacena e fame no comedor.
- Labrego e cazador, coello na cociña e fame no comedor.
- No tempo dos coellos non hai consellos.
- O coello, por san Xoán, e a perdís por Navidá.
- Ó abade vello, polos e coello.
- Ó axexo, un coello; á lusada, carallada.
- Ó coello e ó vilán, mételle man.
- Ó coello fuxido, consello vido.
- O demo ten cara de coello.
- Polo San Miguel xa o coenllo se ve ben [7].
- Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle a ver.
- Por Santiago esconde o coello o rabo; e por San Miguel, vólveselle ver [8].
- Probe do coello que non ten máis que un tobo.
- Se os coellos morreran con palabras, cantos matabas.
- ¡Vaia, que o demo ten cara de coello!
Cantigueiro
editar- Cando a lebre diga misa/ e o coello seia abade,/ deixarei o meu querer/ por coller a túa amistade [9].
- Catalán de Cataluña,/ barbas de coenllo manso,/ non lle quites ó galego/ dúas horas de descanso.
- Catalán de Cataluña,/ barbas de conexo manso,/ ¿por que non dás ó galego/ unha hora de descanso? [10].
- Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela [11].
- Os mociños, os de agora,/ todos son escopeteiros;/ pensan que tiran aos coellos/ e tíranlle aos carballeiros [12].
Adiviñas
editar- Redondo como un queixo/ e chirla coma un coello.[13]
Notas
editar- ↑ Carmen Ríos Panisse (1977).
- ↑ Miguel Rubinos Conde 2013.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. parir. No orixinal: cuenlla.
- ↑ Chámase alcuceiro ó home que lle gusta estar metido na cociña; a alcuza é a aceiteira. Eladio Rodríguez González, s. v. can.
- ↑ Posible erro por consellos.
- ↑ Risco, que recolle esta peculiar descrición do demo, engade que "Non sabemos ben o que se quer decir" (Vicente Risco, 437).
- ↑ San Miguel, 28 de setembro. Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.
- ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago.
- ↑ Saudade nº 4, xullo 1943, 27.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 218. Recollida en Muros.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, parroquia do concello de Porqueira, na comarca da Limia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández, 125.
- ↑ Solución: a roldana do pozo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- ÁLVAREZ BLÁZQUEZ, Xosé María: O libro da caza. Ed. Castrelos, Col. O Moucho, Vigo 1969.
- ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra 1904.
- ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008.
- GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe. Universidade de Santiago (VERBA, anexo 27), Compostela 1985.
- LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986.
- LIS QUIBÉN, Víctor: La medicina popular en Galicia. Ed. Akal, Pontevedra, 1980 (1ª ed. 1949).
- LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973.
- MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977.
- PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego. Akal, Madrid 1979, 3 tomos
- RÍOS PANISSE, M. do Carmo: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, Verba anexo 7, Universidade de Santiago 1977.
- RISCO, Vicente: "Etnografía: cultura espritual", en Historia de Galiza I (dirixida por Ramón Otero Pedrayo). Editorial Nós, Buenos Aires 1962 (Reedición Akal, Madrid 1979).
- RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961.
- RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jesús: Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares. Ed. Celta, Lugo 1974 (1ª ed. 1895).
- RUBINOS CONDE, Miguel: "Da roda para a piola: refráns e frases do sur de Galicia", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 487-502.