O Parrulo Fútbol Sala é un equipo de fútbol sala galego da cidade de Ferrol. Funciona como unha escola de fútbol sala, presente nas distintas categorías infantís e xuvenís, e o seu primeiro equipo xoga na Primeira División.

O Parrulo
NomeO Parrulo Ferrol Fútbol Sala
Fundación1981
EstadioPavillón Polideportivo A Malata
Ferrol, Galicia Galicia
Inauguración1998
Capacidade4.200
Presidentegalego Julio Martínez
Adestradorgalego Diego Ríos
LigaPrimeira División
2019-2010º
VestimentaLuanvi
PatrocinadorMateriales del Atlántico
Na rede
http://www.oparrulofs.es
Titular
Alternativo

Entre 1998 e 2003, O Parrulo xogou na máxima categoría da Liga Nacional de Fútbol Sala, a División de Honra, chegando a xogar na tempada 1999-2000 o play-off polo título como sexto clasificado. Non foi ata 2017 cando o equipo conseguiu de novo o ascenso á elite.

Historia

editar

Orixes

editar

O club O Parrulo Ferrol Fútbol Sala fundouse no ano 1981, nacendo dun grupo de amigos do barrio de San Pablo. Nun principio, este equipo participaba en maratóns e torneos afeccionados en época estival, inscribíndose na desaparecida Federación Española de Fútbol Sala e participando na delegación local de Ferrol, conseguindo nesta época tres ligas, tres copas e varios torneos estivais.

Na tempada 1988-89 conseguiu o seu primeiro trofeo ligueiro importante, a Liga de 1ª Nacional na acabada de crear Liga Unificada de Fútbol Sala, no seu grupo 7º, un ano antes da creación da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).

Cando se creou a Liga Nacional de Fútbol Sala en 1989, O Parrulo inscribiuse na Primeira Nacional A, que daquela funcionaba como a segunda categoría, e descendeu a Nacional B ao finalizar sétimo do seu grupo. Na tempada 1992-93, tras varias tempadas en 1ª Nacional B, o club ferrolán conseguiu un importante terceiro posto na liga que lle permitiu ascender a 1ª Nacional A, categoría na que permaneceu as seguintes tres tempadas, ata que na tempada 1995-96 conseguiu o título de Liga de 1ª Nacional A e polo tanto o ascenso á División de Prata. A mediados da década de 1990 decidiu crear unha escola de fútbol sala e o traballo de canteira permite ao club ter unha continuidade no seu proxecto a longo prazo.

Salto á máxima categoría

editar

Pouco a pouco, o club ferrolán formou un cadro de xogadores para ascender á máxima categoría e asinou un acordo de patrocinio coa empresa local Indunor, polo que pasou a denominarse O Parrulo Indunor. A súa adaptación á nova categoría foi rápida, xa que na primeira tempada (1996-97) finalizou na terceira posición, mellorándoa na segunda coa consecución do Campionato de Liga da División de Prata con 68 puntos e polo tanto o ascenso á División de Honra.

A aventura do club departamental na máxima categoría do fútbol sala español durou cinco anos, salientando a tempada 1999-2000, na cal conseguiu a clasificación para a Copa de España e entrar nas eliminatorias dos playoffs polo título de Liga,[1] onde caeu nos cuartos de final fronte ao que sería o campión da Liga, o CLM Talavera. Na temporada 2002-03, e tras dúas tempadas rozando as posicións de descenso, O Parrulo perdeu a categoría e descendeu á División de Prata tras finalizar na última posición con tan so 6 puntos.

Descensos e rexurdimento

editar

Logo de tres tempadas na División de Prata nas que os ferroláns se clasificaron na parte media-baixa da táboa e conseguiron a ata agora única Copa Xunta tras derrotar ao Lobelle en Pontevedra no 2004, na tempada 2005-06, o club rematou no penúltimo lugar, producíndose o seu descenso a 1ª Nacional A.

Dende a tempada 2006-07, O Parrulo Ferrol Fútbol Sala compite na 1ª Nacional A, na cal sempre destacou nas posicións altas da táboa. Na tempada 2009-10, conseguiu o título de Liga de 1ª Nacional A, mais os custos que suporía competir na División de Prata e a falta de apoios para poder afrontar a tempada obrigaron ao club a renunciar á fase de ascenso.[2] Na tempada 2012-13 venceu ao Azkar Lugo na terceira rolda da Copa do Rei e posteriormente caeu eliminado en oitavos de final contra ElPozo Murcia. Ademais, acabou segundo no grupo I da Segunda División B, xogando a fase de ascenso. Superou na eliminatoria a dobre partido ao FS Nazareno, volvendo á Segunda División.

Logo de catro tempadas en Segunda División nas que foi mellorando ano tras ano na clasificación, na tempada 2016-17 xoga a promoción de ascenso a Primeira malia quedar en sétima posición porque dous equipos filiais acabaron en posicións de promoción e non poden disputala. Na primeira rolda eliminou o UMA Antequera, terceiro clasificado, gañando o primeiro partido en casa por 3-1, perdendo o segundo fóra por 2-1 e gañando o terceiro e definitivo tamén en Antequera por 0-2. Na segunda e última fase, O Parrulo enfrontouse ao Elche CF, perdendo o primeiro partido na casa por 2-4. Nos dous seguintes xogados en Elx, o equipo conseguiu dúas vitorias por 1-5 e 0-2, volvendo á máxima categoría do fútbol sala español.[3]

Nova etapa en Primeira

editar

No retorno a Primeira, o equipo só foi capaz de sumar 4 puntos nos 15 partidos da primeira volta da competición. Na xornada 3 xa caeu a postos de descenso e foi o último clasificado durante 11 xornadas. Non foi ata o 13 de xaneiro de 2018 cando acadou a súa primeira vitoria, contra o Jaén Paraíso Interior (3-2), no partido correspondente á xornada 19, que supuxo un punto de inflexión. Na recta final do campionato sumou 17 puntos de 30 posibles, o que lle valeu a permanencia na categoría, que acadou a unha xornada do final[4], condenando ao outro equipo galego, o Santiago Futsal, ao descenso.

Na tempada 2018/19 acadou a permanencia a dúas xornadas do remate da tempada, logo de empatar 4-4 na Malata contra o Peñíscola Fútbol Sala.[5]

Instalacións

editar

O Parrulo xoga os seus partidos no Pavillón Polideportivo A Malata da cidade ferrolá, inaugurado en 1983. É propiedade do Concello de Ferrol e ten capacidade para 4.200 espectadores. O pavillón conta con ximnasio, vestiarios e cafeterías, entre outros servizos.

Datos do club

editar
  • Tempadas en : 9
  • Tempadas en : 9
  • Tempadas en 2ªB: 11
  • Tempadas en : 3

Historial na liga

editar
Tempada Nivel Categoría Posto
1989/90 3 1ª Nacional A
1990/91 4 1ª Nacional B
1991/92 4 1ª Nacional B
1992/93 4 1ª Nacional B
1993/94 3 1ª Nacional A
1994/95 3 1ª Nacional A
1995/96 3 1ª Nacional A
1996/97 2 D. Prata
1997/98 2 D. Prata
1998/99 1 D. Honra 13º
1999/00 1 D. Honra
Tempada Nivel Categoría Posto
2000/01 1 D. Honra 12º
2001/02 1 D. Honra 14º
2002/03 1 D. Honra 16º
2003/04 2 D. Prata 11º
2004/05 2 D. Prata 13°
2005/06 2 D. Prata 14°
2006/07 3 1ª Nacional A
2007/08 3 1ª Nacional A
2008/09 3 1ª Nacional A
2009/10 3 1ª Nacional A
2010/11 3 1ª Nacional A
Tempada Nivel Categoría Posto
2011/12 3 2ª División B
2012/13 3 2ª División B
2013/14 2 2ª División 13º
2014/15 2 2ª División 11º
2015/16 2 2ª División
2016/17 2 2ª División
2017/18 1 1ª División 14°
2018/19 1 1ª División 13º
2019/20 1 1ª División 10º
2020/21 1 1ª División

Palmarés

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar