O Carril, Vilagarcía de Arousa
Santiago do Carril é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o IGE, no 2016 a súa poboación era de 1 757 habitantes (901 mulleres e 856 homes), o que representa un aumento respecto ós anos 2010, cando tiña 1 607 veciños, e 2005, cando eran 1 568.
O Carril | |
---|---|
O Carril | |
Concello | Vilagarcía de Arousa[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°37′00″N 8°46′30″O / 42.6166666667, -8.775 |
Poboación | 1.757 hab. (2016) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O primeiro ferrocarril de Galiza foi inaugurado o 15 de setembro de 1873, entre esta localidade e Cornes (Conxo).
O Carril foi concello de seu até 1913, cando se integrou no concello de Vilagarcía de Arousa.
Toponimia
editarO topónimo «Carril» faría referencia, segundo as Memorias del Arzobispado de Santiago de Jerónimo del Hoyo, ao carril realizado polos carros dos labregos onda o cal se fundou a poboación.[2]
Festas e gastronomía
editarEsta localidade é famosa pola calidade das súas ameixas. Unha das actividades económicas máis destacadas é o marisqueo, especialmente de ameixas e berberechos. No mes de agosto celébrase a festa da ameixa do Carril. Os festexos relixiosos da parroquia son a Festa do Carme (16 de xullo), O Apóstolo (25 de xullo), San Fidel (seguinte domingo ó Apóstolo) e a romaría de San Roque (mediados de agosto). A primeira fin de semana de setembro ten lugar o festival Ameixa Rock.
Carril na literatura popular
editar- Os de Vilagarcía/ mataron un burro,/ os de Carril, comérono crudo/ e os de Vilaxoán puxeron a bandeira/ para que lles deran a tripa cagueira [3].
Lugares e parroquias
editarLugares do Carril
editarLugares da parroquia do Carril no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) | |
---|---|
Os Ánxeles | A Caldigüela | O Campo | O Carril | O Castro | Guillán | O Loureiro | A Poteira | O Rueiro | Trabanca Sardiñeira |
Parroquias de Vilagarcía de Arousa
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
- ↑ Villaronga García 1991, p. 62: “Llamaronla Carril por haberla edificado junto a un carril que hacían los carros de los labradores quando venían a la rivera del mar y a la Isla de Nuestra Señora de Cortegada a buscar argaços para estercolar sus tierras”.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 190. No texto: Vilaxohán, lle deran.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Villaronga García, Manuel A. (1991). Vilagarcía, Vilaxoán y Carril (en castelán). Deputación de Pontevedra. ISBN 84-86845-61-0.Villaronga Garc�a&rft.btitle=Vilagarc�a, Vilaxoán y Carril&rft.date=1991&rft.genre=book&rft.isbn=84-86845-61-0&rft.pub=Deputación de Pontevedra&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">