O Bouzón, Piñeiro, Tomiño
O Bouzón é un lugar da parroquia de Piñeiro, no concello pontevedrés de Tomiño, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 142 habitantes (71 homes e 71 mulleres).
O Bouzón | |
---|---|
Parroquia | Piñeiro |
Concello | Tomiño |
Coordenadas | 42°00′59″N 8°41′56″O / 42.016413605021, -8.6989966912126 |
Poboación | 142 hab. (2022) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Neste lugar atópanse o centro cultural, a igrexa e a carballeira na que se celebran as festas, na cal hai árbores senlleiras.
Economía
editarNesta mesma carballeira antigamente celebrábase unha feira de gando todos os domingos, pero ao entrar en decadencia pasou a celebrarse o día dez de cada mes e finalmente só o día que se celebra a festa de San Lourenzo (o 10 de agosto), pola mañá faise esa feira de gando.
No monte do Bouzón hai unha plantación de kiwi que é a máis grande de toda a comarca. Aquí está situado o cemiterio e o campo de fútbol, xa que Piñeiro ten equipo de fútbol propio.
Festas
editarAs festas son no mes de agosto, a de San Lourenzo o día 10 e a do Santo Cristo da Saúde a cuarta fin de semana de citado mes. A festa de San Lourenzo organízana os mozos solteiros do lugar e a do Santo Cristo da Saúde os casados.
No Centro Cultural a A. C. e D. Raíces celebra o Nadal Cultural cun tradicional festival no que se poden ver obras de teatro, bailes... e participan nenos de 4 a 17 anos aproximadamente. En reis os nenos reciben un agasallo dos Reis Magos de Oriente no centro cultural á saída da misa.
Lugares e parroquias
editarLugares de Piñeiro
editarLugares da parroquia de Piñeiro no concello de Tomiño (Pontevedra) | |
---|---|
Parroquias de Tomiño
editarNotas
editar- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia de Piñeiro, Tomiño". Consultado o 18 de maio de 2023.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.