O'Brien Trophy
O O'Brien Trophy, ou O'Brien Cup,[1][2][3] como se designa no propio trofeo, é un trofeo retirado de hóckey sobre xeo que era entregado nas ligas National Hockey Association (NHA) e a National Hockey League (NHL) dende 1910 ata 1950. Foi orixinalmente doado á NHA polo senador canadense M. J. O'Brien en honor ao seu fillo, Ambrose O'Brien. A Copa foi fabricada empregando prata dunha mina de O'Brien.
Tipo | premio |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
A Copa ten sido entregada baixo catro definicións. Dende 1910 ata 1917, foi entregada ao campión da NHL. En 1921, a Copa foi transferida á NHL e foi entregada ao campión da liga ata 1927. Dende 1928 ata 1938, foi entregada ao campión da Canadian Division. Dende a tempada 1938–39, foi entregado ao finalista dos play-offs da NHL. En 1950, a Copa foi retirada e non se entrega dende aquela. En total, a Copa foi entregada en 41 tempadas a 20 equipos diferentes. Actualmente a Copa forma parte da colección do Hockey Hall of Fame.
Historia
editarA copa foi doada á National Hockey Association polo senador canadense Michael J. O'Brien en honor ao seu fillo, Ambrose O'Brien, que foi acreditado coa formación da National Hockey Association, a precursora da NHL. A Copa foi orixinalmente entregada ao equipo campión da NHA.[4] Feita por completo de prata da mina de O'Brien, o valor do trofeo foi estimado en 600 dólares canadenses (sobre CDN $11,015 en dólares de 2015). Como a Stanley Cup, fideicomisarios foron nomeados para o trofeo. Eses foron os executivos da NHL Harry Trihey, Emmett Quinn e T. Yates Foster.[5] Posteriormente, o fideicomisario da Stanley Cup William Foran pasaría a ser o único depositario da O'Brien Cup. O 2 de decembro de 1911, a NHA designou oficialmente ao trofeo como o trofeo do campión da liga.[6]
Cando a NHA foi suspendida en 1917, a copa estaba en mans dos Montreal Canadiens. Permaneceu ao seu cargo ata 1921. En novembro de 1921, anunciouse que a Copa sería entregada á National Hockey League para ser entregada anualmente aos campións da NHL. O presidente da NHL Frank Calder arranxou con Ambrose O'Brien unha nova escritura de doazón. A Copa, que Calder asegurara a raíz da morte do presidente de Montreal George Kennedy, foi entón presentada aos campións da NHL, os Ottawa Senators.[7] En 1925, a NHL inaugurou o Prince of Wales Trophy, que tamén foi presentado aos campións da NHL.
Dende a tempada 1927–28 en diante, un ano despois da ampliación da NHL a dúas divisións en 1926, a Copa foi entregada ao campión da Canadian Division, mentres que o Prince of Wales Trophy foi entregado ao gañador da American Division.[8] Sería entregado baixo esta definición ata o final da tempada 1937–38.
A tempada 1938-39 viu o regreso da NHL a unha soa división, e dende este momento a copa foi foi entregada ao finalista dos play-offs.[9] A Copa non foi entregada formalmente dende 1939 ata 1943 e non foi ata 1944 cando os equipos gañadores neste período foron inscritos no trofeo. Ao final da tempada 1949-50 o trofeo foi retirado en non foi entregado dende aquela.[4] Actualmente se encontra na colección do Hockey Hall of Fame en Toronto (Ontario, Canadá) e se encontra na exposición xunto con outros trofeos históricos na entrada do Panasonic Hometown Hockey.
Os Montreal Canadiens son o equipo que máis veces gañou o trofeo, tendo conseguido a Copa 11 veces. Os Toronto Maple Leafs son o segundo equipo máis laureado, cun total de oito veces, seis como Maple Leafs, unha como St. Patricks e outra como Toronto. Os Detroit Red Wings son o equipo estadounidense que máis veces gañou a Copa con cinco títulos.
Campións
editarVitorias | Equipo |
---|---|
11[nota 1][nota 2] | Montreal Canadiens |
8[nota 1] | Toronto Maple Leafs (6 vitorias) Toronto Hockey Club (NHL)[nota 3] (1 vitoria) Toronto St. Patricks(1 vitoria) |
6[nota 2] | Ottawa Senators |
5 | Detroit Red Wings |
2[nota 2] | Boston Bruins |
Montreal Maroons | |
Quebec Bulldogs | |
1 | Chicago Black Hawks |
Montreal Wanderers | |
New York Rangers | |
Toronto Hockey Club (NHA) |
- Lenda
- * = Equipos desaparecidos
- ^ = Equipo que gañou a Stanley Cup esa tempada.
Campión da NHA
editarTempada | Campión | Vitorias |
---|---|---|
1910 | Montreal Wanderers * ^ | 1 |
1910–11 | Ottawa Senators * | 1 |
1911–12 | Quebec Bulldogs * ^ | 1 |
1912–13 | Quebec Bulldogs * ^ | 2 |
1913–14 | Toronto Hockey Club (NHA) * ^ | 1 |
1914–15 | Ottawa Senators * | 2 |
1915–16 | Montreal Canadiens ^ | 1 |
1916–17 | Montreal Canadiens | 2 |
Campión dos play-offs da NHL
editarTempada | Campión | Vitorias |
---|---|---|
1917–18[nota 4] | Toronto Hockey Club (NHL)[nota 3] ^ | 1 |
1918–19[nota 4] | Montreal Canadiens | 3 |
1919–20[nota 4] | Ottawa Senators * ^ | 3 |
1920–21 | Ottawa Senators * ^ | 4 |
1921–22 | Toronto St. Patricks ^ Anteriormente Toronto Hockey Club (NHL) |
2 |
1922–23 | Ottawa Senators * ^ | 5 |
1923–24[nota 5] | Montreal Canadiens | 4 |
1924–25[nota 5] | Montreal Canadiens | 5 |
1925–26[nota 5] | Montreal Maroons * ^ | 1 |
1926–27[nota 5] | Ottawa Senators * ^ | 6 |
Campión da Canadian Division (NHL)
editarTempada | Campión | Vitorias |
---|---|---|
1927–28 | Montreal Canadiens | 6 |
1928–29 | Montreal Canadiens | 7 |
1929–30 | Montreal Maroons * ^ | 2 |
1930–31 | Montreal Canadiens ^ | 8 |
1931–32 | Montreal Canadiens | 9 |
1932–33 | Toronto Maple Leafs Anteriormente Toronto St. Patricks |
3 |
1933–34 | Toronto Maple Leafs | 4 |
1934–35 | Toronto Maple Leafs | 5 |
1935–36 | Montreal Maroons * | 2 |
1936–37 | Montreal Canadiens | 10 |
1937–38 | Toronto Maple Leafs | 6 |
Finalista dos play-offs da NHL
editarTempada | Campión | Vitorias |
---|---|---|
1938–39 | Toronto Maple Leafs | 7 |
1939–40 | Toronto Maple Leafs | 8 |
1940–41 | Detroit Red Wings | 1 |
1941–42 | Detroit Red Wings | 2 |
1942–43 | Boston Bruins | 1 |
1943–44 | Chicago Black Hawks | 1 |
1944–45 | Detroit Red Wings | 3 |
1945–46 | Boston Bruins | 2 |
1946–47 | Montreal Canadiens | 11 |
1947–48 | Detroit Red Wings | 4 |
1948–49 | Detroit Red Wings | 5 |
1949–50 | New York Rangers | 1 |
Fonte: Fischler(1983), p. 34.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Estes totais inclúen os anos nos que o trofeo non foi entregado, mais se inclúen nas vitorias enumeradas polo Hall of Fame.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Estes totais inclúen os anos nos que o trofeo foi entregado, mais non se inclúen nas vitorias enumeradas polo Hall of Fame.
- ↑ 3,0 3,1 O Toronto club foi operado por Arena Co., e non tivo alcume na tempada 1917-18.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 O trofeo non foi entregado durante estes anos, mais o Hockey Hall of Fame enumera a estes equipos como campións.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Estes anos están enumerados na páxina 34 de Fischler(1983), mais non están enumerados no sitio web do Hockey Hall of Fame. Porén, as imaxes da tempada 1925-26 dos Maroons e a 1926-27 dos Senators mostra a O'Brien Cup como un dos trofeos que gañaron nesas tempadas.
- Referencias
- ↑ Coleman(1966) p. 189
- ↑ "Hockey Begins". Time Magazine (Time Inc.). November 28, 1927. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2013. Consultado o 10 de xuño de 2015.
- ↑ Jenish, D'Arcy (2008). The Montreal Canadiens: 100 years of glory. Random House of Canada Limited. ISBN 978-0-385-66324-3.
- ↑ 4,0 4,1 "O’Brien Trophy History". Legends of Hockey (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2004. Consultado o 25 de xuño de 2018.
- ↑ "O'Brien Trophy Trustees Named". Ottawa Citizen. February 22, 1910. p. 8.
- ↑ Zweig 2012, p. 284.
- ↑ "O'Brien Trophy To Be Given To Ottawa". The Morning Leader (Regina, Saskatchewan). November 17, 1921. p. 14. Consultado o July 27, 2011.
- ↑ "History". Legends of hockey (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2003. Consultado o 25 de xuño de 2018.
- ↑ "National Hockey League Decides on Six-Team Playoff for Stanley Cup". Montreal Gazette. September 26, 1938. p. 16. Consultado o July 27, 2011.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Lista de premios da National Hockey League
- Stanley Cup
- Prince of Wales Trophy
- President's Trophy
- National Hockey Association
Bibliografía
editar- Coleman, Charles (1966). Trail of the Stanley Cup. National Hockey League.
- Fischler, Stan; Fischler, Shirley Walton (1983). The Hockey Encyclopedia. Macmillan Publishing Company. ISBN 0-02-538400-7.
- Zweig, Eric (2012). Stanley Cup: 120 years of hockey supremacy. Firefly Books. ISBN 978-1-77085-104-7.
Ligazóns externas
editar- "O'Brien Trophy history". Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2011. Consultado o August 7, 2011.