Nuno II Menendiz

nobre galego, conde de Portucale
(Redirección desde «Nuno II Mendes»)

Nuno II Menendiz (orixinalmente Nunus Menendiz, Nunu Mendiz ou Menendi e en portugués Nuno Mendes), finado o 17 de febreiro de 1071, foi un nobre galego, sétimo e derradeiro conde de Portucale dende o 24 de decembro de 1054. Descendía da liñaxe de Vimara Pérez, o primeiro conde de Portucale, e era fillo do conde Menendo III Nuniz. Desexaba unha maior autonomía para Portucale respecto do Reino de Galiza, provocando un enfrontamento co rei García II na batalla de Pedroso[1] onde morreu, o rei puxo fin ás ambicións dos baróns portucalenses e acabou coa existencia do Primeiro Condado de Portucale (868-1071) integrándoo en Galiza.[2]

Modelo:BiografíaNuno II Menendiz
Biografía
Nacementovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xaneiro de 1071 Editar o valor en Wikidata
Pedroso, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Conde de Portucale
1054 – 1071
← Menendo NunizGarcía II de Galicia → Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónConde de Portucale Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Pedroso Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGonciña Editar o valor en Wikidata
FillosLoba Nuniz Editar o valor en Wikidata
PaiMenendo Nuniz Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Nuno Menendiz asumiu a administración do condado en 1054,[3] tras a morte violenta do seu pai, cuxas circunstancias non se precisan nas crónicas,[4] descoñécese o nome da súa nai. É posible que no momento da morte do seu pai, Nuno fose menor de idade e durante algún tempo estivo ao coidado da súa avoa, Ilduara Méndez, ata a súa morte c. 1058.[Notas 1] Nuno converteuse en patrón dun mosteiro de Guimarães, fundado c. 959 por Muniadona Díaz,[2] como viña sendo costume entre os condes portucalenses dende Mendo Gundisalviz. Sábese que posuía terreos en Nogueira, Santa Tegra, Dadim, Cerqueda, Gualtar e Barros, que probablemente foron confiscados trala súa derrota, e posteriormente concedidos polo rei Afonso VI á filla de Nuno, Loba, e a seu xenro, Sisnando Davídiz, o conde de Coímbra.[5]

Foi mencionado por primeira vez entre os membros dun consello real de Fernando I en Palencia o 31 de decembro de 1059.[5] Trátase dun documento que recolle un preito entre os curas do mosteiro de San Martín de Soalhães, Afonso e Xoán, e Gonzalo Muñoz.

En 1055, o rei Fernando I entrou en guerra coa taifa de Badaxoz,[6] como consecuencia das súas campañas, os cristiáns tomaron as cidades de Lamego (tomada o 29 de novembro de 1057 ) e Viseu (tomada o 25 de xullo de 1057),[7] probablemente o conde Nuno xa participase nestas batallas, aínda que as crónicas non o confirman directamente. Unha confirmación indirecta da súa participación nesta etapa é o feito de que a maior parte da guerra foi librada polas tropas dos baróns locais en ausencia do rei Fernando[8] e, por suposto, o maior señor feudal da comarca non puido afastarse destes acontecementos. Outra proba pódese considerar a inscrición (aprox. 1068) do mosteiro de San Martiño de Caramos, entre Guimarães e Amarante, en lembranza da vitoria contra os mouros, aos que gañou coa axuda deste santo.[9]

En 1060, retomouse a guerra cos musulmáns, o maior fito foi a toma (despois dun cerco de seis meses) da gran cidade de Coímbra (25 de xullo de 1064),[10] o rei Fernando nomeou alguasil ao conde Sisnando Davídiz, que gobernaría na cidade e na conca adxacente do río Mondego. Tras ceder novos territorios aos mozárabes, o rei esperaba que este nomeamento pacificase a ambas partes en conflito, aos cristiáns que o coñecían como socio do famoso Rodrigo Díaz, e aos musulmáns, entre os que se criou. Por outra banda, a cesión de novas terras a Davídiz converteuno nun dos señores feudais máis poderosos da comarca, pero era alleo ás antigas casas baronais portucalenses, unidas por moitos anos de unión veciñal e matrimonial, provocou o descontento e marcou o inicio do enfrontamento entre o Condado portucalense e a monarquía. De tódalas maneiras durante a sublevación do conde Nuno, o conde de Coímbra, o arcebispo de Braga e os señores feudais das cinco principais familias portucalenses (Maya, Sousa, Braganza, Bayan e Ribador) mantivéronse fieis ao rei García II.

Batalla de Pedroso

editar
Artigo principal: Batalla de Pedroso.
 
Castelo de Guimarães, unha das residencias dos condes portucalenses.

O rei Fernando morreu un ano despois da toma de Coímbra en xuño de 1065, dividíndose o seu vasto reino entre os seus tres fillos: Sancho recibiu Castela, Afonso León e Asturias e García Galicia e Portucale.[11] Os irmáns mantiveron unha aparencia de paz mentres a súa nai, a raíña Sancha, estaba viva, pero despois da súa morte en 1067, inmediatamente entraron na loita pola redistribución da herdanza. Mentres Sancho e Afonso loitaban, a paz reinaba no reino de García.

O 16 de maio de 1070, Nuno Menendiz aparece mencionado co título de conde cando confirmou unha doazón mosteiro de San Xoán de Pendorada, no Porto, realizada polo rei García II.[5] En 1071, crendo que os irmáns, empeñados nunha loita interna, non acudirían en auxilio do rei galego, o conde Nuno alzouse co obxectivo de separarse de Galiza. A mediados do inverno de 1071, García recibe a noticia de que o conde Nuno se dirixía cara á cidade de Braga cun destacamento de cabaleiros leais a el. García púxose ao encontro do inimigo, situado á beira do río Cávado. Na mañá do 17 de febreiro, os opositores reuníronse no campo próximo á vila de Quinta de Pedroso, no dominio do mosteiro de Mire de Tibães. O conde rebelde foi derrotado por García e morreu na batalla, e o seu exército dispersouse. Un cronista anónimo describe este suceso do seguinte xeito:[12]

Era 1109 (era hispánica): O 18 de xaneiro,[Notas 2] os portucalenses libraron unha batalla contra o rei García, fillo do rei Fernando e nesa guerra foron dirixidos polo conde Nuno Menendiz. Morreu alí e todo o seu pobo fuxiu. O rei logrou unha vitoria sobre eles nun lugar chamado Pertalini, (hoxe Pedroso), entre Braga e o río Cávado.[Notas 3]

O rei García non nomeou novo conde para Portucale, declarándoo parte das terras da coroa, pero non conseguiu mantelo durante moito tempo, poucos meses despois foi capturado polo seu irmán Sancho II de Castela, volvendo a Galiza en 1072, despois en 1073 foi capturado polo seu outro irmán Afonso VI de León, que en 1093 cedeulle o condado ao seu xenro Henrique de Borgoña, quen fundou o Segundo Condado de Portucale e converteuse no antepasado da dinastía real, cuxos descendentes gobernaron o Reino de Portugal ata 1910.

Familia

editar

Gonciña, o nome da muller do conde Nuno, coñécese grazas a un documento gardado no Arquivo Distrital de Braga baixo o nº 253, trátase dunha carta do 17 de febreiro de 1071 sobre unha doazón da vila de Olivão ao mosteiro de San Bartolomé de Brito, é dicir, ao mosteiro de San Antonio de Barbudo (Antón Abade) no pazo de Vila Verde en Luivant (na veciña freguesia Lage), con vistas ao río Cávado, en representación do conde Nuno Menendiz e a condesa Gonciña.[1] Este documento tamén permitiu establecer a data da batalla de Pedroso, que as crónicas datan o 18 de xaneiro de 1071,[12] a doazón acredita que a batalla tivo lugar un mes máis tarde da citada data.[1]

Ego comes Nunus Menendiz et uxor mea comitissa domna Goncina.

Coñécese con autenticidade o nacemento de polo menos un fillo neste matrimonio:

Tamén podería ter sido o pai do conde Gómez Núñez de Pombeiro,[14] aínda que segundo fontes portuguesas, o conde Gómez era fillo do conde Nuño Velásquez. Pero este Nuño aparece nun documento datado en 1070 no mosteiro de Sahagún coa súa muller Fronilda Sánchez e todos os seus fillos: Afonso, Mendo, Sancho e Elvira, pero sen mencionar un fillo chamado Gómez. O conde Fernando Núñez, irmán do conde Gómez, tamén aparece coa súa muller, nun documento do 29 de decembro de 1127, facendo doazón á Catedral de San Martiño de Ourense, en forma de sexto das posesións do mosteiro de Santa María de Porquera de los Infantes, que, como el mesmo di, foi herdada da súa avoa Gonciña e do seu pai Nuno Menendiz. O conde Gómez Núñez aparece tamén en 1138 traendo unha doazón de bens que herdara da condesa Gonciña, "nai de meu pai" e, uns anos antes, en 1126, fixo outra doazón á abadía de Cluny na que menciona o seu irmán: Fernando Núñez.[15] A partir destes documentos, pódese supoñer que Gonciña non era a muller, senón a nai do conde Nuno, ou polo menos tiñan os mesmos nomes.

Nuno II Menendiz
Nacemento:  ? Falecemento: 18 de xaneiro de 1071


Aristocracia galega
Precedido por
Menendo III Nuniz


Conde de Portucale
1054 - 1071
Sucedido  por
García II como Rei de Galicia e Portucale
  1. A conclusión sácase do feito de que o conde de Portucale estivo representado na reunión da corte real en 1052 pola condesa de Ilduara, e en 1059 polo propio Nuno.
  2. Para investigar acerca do conflito sobre a data ver batalla de Pedroso.
  3. «Æra 1109, Decimo quinto Calend. Februarii Portugallenses commiserunt prælium aduersus Regem Donnum Garciam filium regis Domni Fernandi, habebantque tunc caput in ipso bello Comitem Nuno Menendiz; periit ipse ibi et cuncti alii sui fugerunt; obtinuit autem rex de illis uictoriam in loco qui dicitur Petrosum (Pertalini) inter Bracharam et fluvium Cavado.» Enrique Flórez. España Sagrada (Madrid, 1796), XIV:415–32

Referencias

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 Costa, Avelino de Jesus da (1956). "A restauração da diocese de Braga em 1070". Centro de Estudos de História Eclesiástica. 
  2. 2,0 2,1 Carvalho Correia, Fracisco (2008). O Mosteiro de Santo Tirso de 978 a 1588: a silhueta de uma entidade projectada no chao de uma história milenária. Universidade de Santiago de Compostela. 
  3. Sánchez Candeira, Alfonso (1999). Castilla y Leon en el siglo XI: estudio del reinado de Fernando I. Real Academia de la Historia. ISBN 9788489512412. 
  4. 4,0 4,1 Mattoso, José (1970). "Do tempo e da história. A nobreza portucalense dos séculos IX a XI" (PDF). Instituto de alta cultura. Centro de estudos históricos. Archived from the original on 26 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de xuño de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mattoso, José (1970). As famílias condais portucalenses dos séculos X e XI. University of Virginia. 
  6. Verissimo Serrao, Joaquim (1977). Historia de Portugal. Editorial Verbo. ISBN 9789722202664. 
  7. David, Pierre (1947). "Études historiques sur la Galice et le Portugal: du VIe au XIIe siècle". Livraria Portugália. 
  8. García de Cortázar, José Ángel (1969). El dominio del Monasterio de San Millán de la Cogolla, (siglos X a XIII). Universidad de Salamanca. ISBN 9788474819236. Arquivado dende o orixinal o 2014. 
  9. Galeria das ordens relixiosas e militares, dende a mais remota antiguidade ate nossos dias. Tipografia na Rua Formosa. 1843. 
  10. F. Reilly, Bernard (1988). The Kingdom of León-Castilla under King Alfonso VI, 1065-1109. University of Pennsylvania Press. ISBN 9780812234527. Arquivado dende o orixinal o 2017. 
  11. Herculano, Alexandre (1853). "Historia de Portugal". Viuva Bertrand e Filhos. 
  12. 12,0 12,1 Florez, Enrique (1798). "España sagrada. Theatro geographico-historico de la iglesia de España". A. Marín. 
  13. Saravia, Anísio Miguel de Sousa (2013). Espazo, poder e memória: a Catedral de Lamego, secs. XII ao XX. Universidade Católica Portuguesa, Centro de Estudos de História Religiosa. ISBN 978-972-8361-57-0. Arquivado dende o orixinal o 2013. 
  14. Barton, Simon (2002). The Aristocracy in Twelfth-Century León and Castile. Cambridge University Press. ISBN 9780521894067. 
  15. Salazar y Acha, Jaime de (1989). "Los descendientes del conde Ero Fernández, fundador de Monasterio de Santa María de Ferreira de Pallares". Museo de Pontevedra. ISSN 0210-7791. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar