Lira turca
Lira turca | |
---|---|
Türk lirası en turco | |
Código: | TRY |
Ámbito: | Turquía República Turca do Norte de Chipre |
Símbolo: | TL |
Fracción: | 100 Kuruş |
Moedas: | 1, 5, 10, 25, 50 kuruş, 1 lira |
Billetes: | 5, 10, 20, 50, 100, 200 liras |
Emisor: | Banco Central da República de Turquía |
Taxa de troco: 15 de febreiro de 2014 | 1 EUR = 2,99 TRY 1 USD = 2,18 TRY |
A lira (en turco: Türk lirası) é a moeda de curso legal de Turquía e da República Turca do Norte de Chipre. O seu código ISO 4217 é TRY e divídese en 100 kuruş.
Primeira lira, 1844-2005
editarEn 1844 introduciuse por primeira vez a lira. Substituíu o kuruş como unidade monetaria principal, pasando a ser unha subdivisión da lira. O para tamén seguiu utilizándose, tendo a equivalencia de 40 para = 1 kuruş. Ata a década de 1930, as moedas cuñábanse con inscricións en alfabeto árabe, utilizando پاره para o para, غروش para o kuruş e ليرا para a lira. En occidente, o kuruş era coñecido como "piastra", á vez que en Francia á lira chamáballa "libra" (en francés: livre).
Entre 1844 e 1881 a lira baseábase en dous sistemas: por unha banda equivalía a 6,61519 gramos de ouro puro, ou 99,8292 gramos de prata pura. En 1881 adoptouse o patrón de base en ouro ata 1914. Coa primeira guerra mundial, Turquía abandonou o sistema do ouro e viu como a lira perdeu o seu valor ata principios da década de 1920.
Tras varios períodos de fixación á libra esterlina e ao franco francés, en 1946 a lira fixouse ao dólar estadounidense cunha taxa de cambio de 2,80 TRL = 1 USD. Esta paridade mantívose ata 1960, cando a moeda depreciouse a 9 liras por dólar. Desde 1970 sucedéronse varias taxas de cambio mentres a lira ía perdendo o seu valor.
Debido á inflación crónica acontecida en Turquía desde a década de 1970 ata 1990, a lira experimentou unha severa depreciación no que ao valor refírese. Turquía había ter altas taxas de inflación comparadas a outros países en vías de desenvolvemento, pero nunca sufriu a hiperinflación. Desde as 9 liras por dólar que se cambiaban en 1960, en 2001 un dólar chegou a cambiarse por 1,65 millóns de liras. Este incremento da inflación representa un crecemento do 38% anual.
Nos seus últimos anos, a lira turca logrou estabilizarse e ata o seu valor creceu fronte ao dólar ou ao euro. O Guinness Book of Records clasificou á lira turca como a moeda menos valorada de todo o mundo entre 1995 e 1996 e, de novo, en 1999 ata 2004. O valor da lira deslizouse ata tal punto que unha lira de ouro orixinal podería venderse aproximadamente por 120 millóns de liras anteriores á revaluación de 2005.
Moedas
editarEntre 1844 e 1855 introducíronse as primeiras moedas de 1, 5, 10, 20 e 40 para, ½, 1, 2, 5, 10, 20 kuruş e ¼, ½, 1, 2½ e 5 liras. As denominacións en para cuñáronse en cobre, os kuruş en prata, e as liras en ouro. A produción de moedas de 1 para foi descontinua en 1859, cesando a produción das denominacións máis altas de cobre en 1863 e 1879. En 1899 introducíronse moedas de 5 e 10 para de billón seguidas, en 1910, de 5, 10, 20 e 40 kuruş de níquel en 1910. A produción de moedas de prata e ouro finalizou como consecuencia da primeira guerra mundial.
En 1922 e 1923, introduciuse un novo sistema monetario composto de moedas de 100 para de bronce-aluminio, 5 e 10 kuruş de bronce-aluminio e 25 kuruş de níquel. Esta serie foi a última en levar inscricións árabes.
En 1934, cuñouse unha moeda de prata de 100 kuruş, seguida por unha nova serie de moedas ao ano seguinte consistente en 1 kuruş de cuproníquel, 5 e 10 kuruş de prata e 50 kuruş e 1 lira tamén de prata. Entre 1940 e 1942 cuñáronse moedas de 10 para de bronce-aluminio, e foron as últimas moedas desta denominación. O latón substituíu a prata nas moedas de 25 kuruş en 1944, e introducindo novos tipos de 1, 2½, 5, 10 e 25 de latón entre 1947 e 1949. A produción de moedas de 50 kuruş e 1 lira de prata foi descontinua en 1948, cuñándose finalmente 1 lira de cuproníquel en 1957.
Entre 1958 e 1963, introducíronse 1, 5 e 10 Kuruş de bronce, e 25 Kuruş, 1 e 2½ de aceiro seguidos, en 1971, de moedas de 50 Kuruş de aceiro, e 5 liras de aceiro en 1974. O aluminio substituíu o bronce en 1975. Estas moedas emitíronse ata 1980.
Denominación | Emisión | Metal | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1 Kuruş | 1961-1963 | Latón | 14,10 | 1,00 | Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo | 1 KURUŞ - Póla de oliveira - ano de cuñaxe |
1 Kuruş | 1963-1974 | Cu Zn | 14,10 | 1,00 | Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo | 1 KURUŞ - Póla de oliveira - ano de cuñaxe |
1 Kuruş | 1975-1977 | Al | 14,10 | 0,40 | Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo | 1 KURUŞ - Póla de oliveira - ano de cuñaxe |
5 Kuruş | 1958-1974 | Cu Zn | 17,00 | 2,00 | Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de oliveira | 5 KURUŞ - Póla de carballo - ano de cuñaxe |
5 Kuruş | 1975-1977 | Al | 17,00 | 0,80 | Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de oliveira | 5 KURUŞ - Póla de carballo - ano de cuñaxe |
10 Kuruş | 1958-1974 | Cu Zn | 21,00 | 4,00 | Crecente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo | 10 KURUŞ - Espiga de trigo - ano de cuñaxe |
10 Kuruş | 1975-1977 | Al | 21,00 | 1,40 | Creciente luar - TÜRKİYE CUMHURİYETİ - Póla de carballo | 10 KURUŞ - Espiga de trigo - ano de cuñaxe |
25 Kuruş | 1959-1978 | Aceiro | 22,60 | 4,00 | Muller transportando unha ánfora - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 KURUŞ - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
50 Kuruş | 1971-1979 | Aceiro | 25,00 | 6,00 | Muller vestida co traxe rexional - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 KURUŞ - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
1 Lira | 1959-1980 | Aceiro | 27,00 | 8,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
2½ Liras | 1960-1980 | Aceiro | 30,00 | 9,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 2½ LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
5 Liras | 1974-1979 | Aceiro | 32,50 | 11,00 | Xinete montando a cabalo - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
En 1981, coa inflación crecendo, introducíronse moedas de 1, 5 e 10 liras de aluminio. Posteriormente engadíronse denominacións máis altas: 20, 50 e 100 liras en 1984, 25 liras en 1985, 500 liras en 1988, 1.000 liras en 1990, 2.500 liras en 1991, 5.000 liras en 1992, 10.000 liras en 1994, 25.000 liras en 1995, 50.000 e 100.000 liras en 1999, e 250.000 liras en 2002. Algunhas destas moedas, viron reducido o seu tamaño ou a cantidade de metal debido á inflación.
Denominación | Emisión | Metal | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1 Lira | 1981-1989 | Al | 17,20 | 1,10 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
5 Liras | 1981-1983 | Al | 21,00 | 1,70 | Xinete montando a cabalo - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
5 Liras | 1984-1989 | Al | 21,00 | 1,70 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
10 Liras | 1981-1983 | Al | 25,00 | 2,40 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
10 Liras | 1984-1989 | Al | 25,00 | 2,40 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
20 Liras | 1984-1989 | Cu Ni | 23,50 | 6,70 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 20 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
25 Liras | 1985-1989 | Al | 27,00 | 2,80 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
50 Liras | 1984-1987 | Cu Ni | 26,80 | 9,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
50 Liras | 1988-1994 | Latón | 18,75 | 3,30 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
100 Liras | 1984-1988 | Cu Ni | 29,60 | 11,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 100 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
100 Liras | 1988-1994 | Latón | 20,75 | 4,10 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 100 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
500 Liras | 1989-1997 | Latón | 23,75 | 6,10 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 500 LİRA - Espigas de trigo e pólas de oliveira - Crecente luar - ano de cuñaxe |
1.000 Liras | 1990-1994 | Latón | 25,50 | 8,10 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1000 LİRA - Espigas de trigo - Crecente luar - ano de cuñaxe |
1.000 Liras | 1995-1997 | Latón | 17,00 | 3,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1000 LİRA - Espigas de trigo - Crecente luar - ano de cuñaxe |
2.500 Liras | 1991-1997 | Latón | 27,50 | 9,30 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 2500 LİRA - Póla de plátano - Crecente luar - ano de cuñaxe |
5.000 Liras | 1992-1994 | Latón | 28,75 | 10,30 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5000 LİRA - Tulipanes - Crecente luar - ano de cuñaxe |
5.000 Liras | 1995-1999 | Latón | 19,50 | 6,00 3,50 |
Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5000 LİRA - Tulipans - Crecente luar - ano de cuñaxe |
10.000 Liras | 1994-1998 | Latón | 23,50 | 9,75 6,75 |
Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 BİN LİRA - Clavel - Crecente luar - ano de cuñaxe |
25.000 Liras | 1995-2000 | Latón | 26,00 | 11,00 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 BİN LİRA - Rosa - Crecente luar - ano de cuñaxe |
50.000 Liras | 1996-2000 | Latón | 28,00 | 11,70 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 BİN LİRA - Follaxe de plátano - Crecente luar - ano de cuñaxe |
50.000 Liras | 2001 | Latón | 17,75 | 3,20 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 BİN LİRA - Crecente luar - ano de cuñaxe |
100.000 Liras | 1999-2000 | Latón | 21,00 | 4,60 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 100 BİN LİRA - Crecente luar - ano de cuñaxe |
250.000 Liras | 2002 | Latón | 23,50 | 6,40 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 250 BİN LİRA - Crecente luar - ano de cuñaxe |
Billetes
editarO Banco Imperial Otomán emitiu por primeira vez papel moeda coñecido como kaime en 1862, en denominacións de 200 kuruş. Os billetes tiñan textos en turco e francés. En 1873 engadíronse billetes de 1, 2 e 5 liras. Máis tarde, en 1876, engadíronse outros billetes de denominacións máis pequenas de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 kuruş. En 1908, engadíronse denominacións de 50 e 100 liras.[1]
Desde 1912, o Ministerio de Economía emitiu papel moeda. Ao principio os billetes emitíronse en denominacións de 5 e 20 kuruş, ¼, ½, 1 e 5 liras, seguidos ao ano seguinte por billetes de 1 e 2½ kuruş, 10, 25, 50, 100 e 500 liras. En 1914 engadíronse os billetes de 1.000 liras e, en 1917, emitíronse selos de correos a modo de diñeiro de 5 e 10 para que se adherían a un cartón.[1]
En 1926, o Ministerio de Economía introduciu os primeiros billetes en nome da República de Turquía en denominacións de 1, 5, 10, 50, 100, 500 e 1.000 liras. Estes billetes foron os últimos en imprimirse en francés e turco (con escritura árabe). Cada billete tiña o retrato de Mustafa Kemal Atatürk.
Entre 1937 e 1939, o Banco Central de Turquía introduciu novos billetes con textos en turco en alfabeto latino e co retrato do presidente İsmet İnönü. Estes billetes tiñan denominacións de 2½, 5, 10, 50, 100, 500 e 1.000 liras. Os billetes de 1 lira se reintroduciron en 1942, seguidos dos de 50 kuruş que non se emitiron desde a segunda guerra mundial en 1944. Trala guerra estas dúas últimas emisións foron substituídas por moedas.
A comezos da década de 1950, Atatürk volveu aparecer nos billetes. En 1960 os billetes de 2½ liras substituíronse por moedas. O mesmo ocorreu cos billetes de 5 liras en 1974 e 10 liras en 1981. Durante os anos 80 e 90 introducíronse billetes de denominacións máis altas: 5.000 liras en 1981, 10.000 liras en 1982, 20.000 liras en 1988, 50.000 liras en 1989, 100.000 liras en 1991, 250.000 liras en 1992, 500.000 liras en 1993, 1 millón de liras en 1995, 5 millóns en 1997, 10 millóns en 1999 e 20 millóns en 2001.
Os billetes con denominacións máis altas do sétimo grupo de emisión (a partir de 250.000 liras) pódense cambiar aínda por billetes de novas liras (co cambio de 1 000 000 a 1) nas oficinas de Banco Central de Turquía ata o 31 de decembro de 2015. Os billetes de 50.000 liras deixaron de cambiarse en novembro de 2009 e os de 100.000 liras o 4 de novembro de 2011.
Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|
1 Lira | Verde oliva | 166 x 90 mm | 1 LIVRE TURQUE - تورك ليراسي ١ - Parlamento turco - Cidadela de Ancara - Granxeiro arando | 1 LIVRE TURQUE - تورك ليراسي ١ - Antigo edificio do Primeiro Ministro |
5 Liras | Azul | 170 x 94 mm | 5 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥ - Parlamento turco - Cidadela de Ancara - Lobo gris | 5 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥ - Ponte en Ancara |
10 Liras | Violeta | 175 x 99 mm | 10 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠ - Atatürk | 10 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠ - Cidadela de Ancara |
50 Liras | Marrón | 185 x 108 mm | 50 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥٠ - Atatürk | 50 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥٠ - Afyonkarahisar |
100 Liras | Verde oliva | 189 x 112 mm | 100 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠٠ - Atatürk | 100 - ١٠٠ - Aldea |
500 Liras | Marrón | 194 x 120 mm | 500 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥٠٠ - Atatürk - Gökmedrese de Sivas | 500 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ٥٠٠ - Sivas |
1.000 Liras | Azul | 201 x 124 mm | 1000 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠٠٠ - Atatürk | 1000 LIVRES TURQUES - تورك ليراسي ١٠٠٠ - Ferrocarril de Sakarya |
Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|
5 Liras | Violeta | 135 x 60 mm | 5 - BEŞ TÜRK LİRASI - Atatürk | 5 - BEŞ TÜRK LİRASI - Cascadas do río Manavgat |
10 Liras | Verde | 140 x 65 mm | 10 - ON TÜRK LİRASI - Atatürk | 10 - ON TÜRK LİRASI - Torre de Leandro, Istambul |
20 Liras | Vermello/Marrón | 143 x 66 mm | 20 - YİRMİ TÜRK LİRASI - Atatürk | 20 - YİRMİ TÜRK LİRASI - Anıtkabir, Ancara |
50 Liras | Marrón | 160 x 71 mm | 50 - ELLİ TÜRK LİRASI - Atatürk | 50 - ELLİ TÜRK LİRASI - Fonte de mármore do Palacio de Topkapı |
100 Liras | Verde/Marrón | 170 x 77 mm | 100 - YÜZ TÜRK LİRASI - Atatürk | 100 - YÜZ TÜRK LİRASI - Monte Ararat |
500 Liras | Azul/Verde oliva | 170 x 80 mm | 500 - BEŞYÜZ TÜRK LİRASI - Atatürk | 500 TÜRK LİRASI - Porta principal da Universidade de Istambul |
1.000 Liras | Violeta | 170 x 82 mm | 1000 - BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 1000 TÜRK LİRASI - Ponte do Bósforo |
Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|
10 Liras | Verde/Rosa | 122 x 55 mm | 10 - ON TÜRK LİRASI - Atatürk | 10 - ON TÜRK LİRASI - Atatürk con estudantes |
100 Liras | Vermello/Marrón | 131 x 61 mm | 100 - YÜZ TÜRK LİRASI - Atatürk | 100 - YÜZ TÜRK LİRASI - Mehmet Akif Ersoy - Casa natal - Himno turco |
500 Liras | Azul | 140 x 72 mm | 500 - BEŞYÜZ TÜRK LİRASI - Atatürk | 500 - BEŞYÜZ TÜRK LİRASI - Torre do Reloxo, Esmirna |
1.000 Liras | Violeta | 140 x 72 mm | 1000 - BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 1000 - BİN TÜRK LİRASI - Mehmed II - Antiga Istambul |
5.000 Liras | Marrón/Laranxa/Azul | 140 x 72 mm | 5000 - BEŞ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 5000 TÜRK LIRASI - Mausoleo de Mevlevi, Konya |
5.000 Liras | Marrón/Verde | 146 x 72 mm | 5000 - BEŞ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 5000 TÜRK LIRASI - Mevlana |
5.000 Liras | Marrón/Verde | 146 x 72 mm | 5000 - BEŞ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 5000 TÜRK LIRASI - Central térmica de Afşin |
10.000 Liras | Violeta | 170 x 82 mm | 10000 - ON BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 10000 - ON BİN TÜRK LİRASI - Mimar Sinan - Mesquita de Selim, Edirne |
20.000 Liras | Vermello/Violeta | 152 x 76 mm | 20000 - YİRMİ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 20000 - YİRMİ BİN TÜRK LİRASI - Edificio do Banco Central de Turquía |
50.000 Liras | Verde | 152 x 76 mm | 50000 - ELLİ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 50000 - ELLİ BİN TÜRK LİRASI - Grande Asemblea Nacional de Turquía |
100.000 Liras | Marrón/Verde | 158 x 76 mm | 100000 - YÜZ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 100000 - YÜZ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk con estudantes |
250.000 Liras | Azul | 158 x 76 mm | 250000 - İKİYÜZELLİ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 250000 - İKİYÜZELLİ BİN TÜRK LİRASI - Torre Vermella, Alanya |
500.000 Liras | Violeta | 160 x 76 mm | 500000 - BEŞYÜZ BİN TÜRK LİRASI - Atatürk | 500000 - BEŞYÜZ BİN TÜRK LİRASI - Monumento á Batalla de Galípoli, Çanakkale |
1 000 000 Liras | Vermello/Azul/Verde | 160 x 76 mm | 1000000 - BİR MİLYON TÜRK LİRASI - Atatürk | 1000000 - BİR MİLYON TÜRK LİRASI - Presa de Atatürk |
5 000 000 Liras | Amarelo | 162 x 76 mm | 5000000 - BEŞ MİLYON TÜRK LİRASI - Atatürk | 5000000 - BEŞ MİLYON TÜRK LİRASI - Anıtkabir, Ancara |
10 000 000 Liras | Vermello | 162 x 76 mm | 10000000 - ON MİLYON TÜRK LİRASI - Atatürk | 10000000 - ON MİLYON TÜRK LİRASI - Mapa de Piri Reis |
20 000 000 Liras | Verde | 162 x 76 mm | 20000000 - YİRMİ MİLYON TÜRK LİRASI - Atatürk | 20000000 - YİRMİ MİLYON TÜRK LİRASI - Ruínas de Éfeso |
Nova lira, 2005-
editarA finais de decembro de 2003, a Grande Asemblea Nacional de Turquía aprobou unha lei que permitía eliminar seis ceros da lira para crear unha nova moeda. O 1 de xaneiro de 2005 introduciuse esta nova moeda que substituía á primeira lira (que estivo en circulación ata finais de 2005) cunha taxa de cambio de 1 millón de liras antigas (código ISO 4217: TRL) por unha nova lira.
Durante o período de transición, entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008, esta moeda foi nomeada de forma oficial como "nova lira turca" (en turco: yeni türk lirası e abreviada como YTL. Esta lira está dividida en 100 kuruş novos (en turco: yeni kuruş). Finalmente o 1 de xaneiro de 2009, a palabra "novo/a eliminouse de todas as moedas e billetes, chamándose de novo "lira turca" de forma oficial, e abreviada como TL.
Moedas
editar2005-2008
editarDurante o período de transición, entre o 1 de xaneiro de 2005 e o 31 de decembro de 2008, a lira era coñecida como "nova lira turca". En 2005 introducíronse as novas moedas en denominacións de 1, 5, 10, 25 e 50 kuruş novos e 1 nova lira.
Imaxe | Denominación | Metal | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Grosor (mm) |
Canto | Anverso | Reverso | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anel | Centro | ||||||||
1 Kuruş | Cu Zn | 17,00 | 2,70 | 1,35 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 YENİ KURUŞ - Crecente luar - ano de cuñaxe | ||
5 Kuruş | Cu Ni Zn | 17,00 | 2,95 | 1,65 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 YENİ KURUŞ - Crecente luar - ano de cuñaxe | ||
10 Kuruş | Cu Ni Zn | 19,25 | 3,85 | 1,70 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 YENİ KURUŞ - Crecente luar - ano de cuñaxe | ||
25 Kuruş | Cu Ni Zn | 21,50 | 5,30 | 1,90 | Estriado | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 YENİ KURUŞ - Crecente luar - ano de cuñaxe | ||
50 Kuruş | Cu Ni Zn | Cu Ni | 23,85 | 7,00 | 1,90 | Estriado | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 YENİ KURUŞ - Crecente luar - ano de cuñaxe | |
1 Lira | Cu Ni | Cu Ni Zn | 26,15 | 8,50 | 1,95 | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 YENİ TÜRK LİRASI - Crecente luar - ano de cuñaxe |
2009-
editarDesde o 1 de xaneiro de 2009 a palabra "novo/a eliminouse de todas as moedas. Como consecuencia, introduciuse unha nova serie de moedas con novos deseños e algúns cambios nas aliaxes das moedas de 50 kuruş e 1 lira.
Imaxe | Denominación | Metal | Diámetro (mm) |
Peso (g) |
Grosor (mm) |
Canto | Anverso | Reverso | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anel | Centro | |||||||||
1 Kuruş | Cu Zn | 16,50 | 2,20 | 1,35 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 KURUŞ - Tulipáns - Crecente luar - ano de cuñaxe | |||
5 Kuruş | Cu Ni Zn | 17,50 | 2,90 | 1,65 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 5 KURUŞ - Crecente luar - ano de cuñaxe | |||
10 Kuruş | Cu Ni Zn | 18,50 | 3,15 | 1,65 | Liso | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 10 KURUŞ - Crecente luar - ano de cuñaxe | |||
25 Kuruş | Cu Ni Zn | 20,50 | 4,00 | 1,65 | Estriado | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 25 KURUŞ - Crecente luar - ano de cuñaxe | |||
50 Kuruş | Cu Ni | Cu Ni Zn | 23,85 | 6,80 | 1,90 | Estriado | Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 50 KURUŞ - Ponte do Bósforo - Mapa das partes europea e asiática de Turquía - Crecente luar - ano de cuñaxe | ||
1 Lira | Cu Ni Zn | Cu Ni | 26,15 | 8,20 | 1,95 | T.C. Tulipán |
Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYETİ | 1 TÜRK LİRASI - Crecente luar - ano de cuñaxe |
Billetes
editar2005-2008
editarDurante este período, emitíronse os billetes do oitavo grupo de emisión denominados en novas liras. Os seus denominacións foron de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 liras novas. Mentres que as primeiras catro denominacións foron substituíndo aos antigos billetes, os únicos billetes que non tiñan equivalencia na nova moeda eran os de 50 e 100 liras. Todos os billetes teñen un deseño similar ao das series anteriores, no que aparece Mustafa Kemal Atatürk en distintas etapas da súa vida e as imaxes de varios edificios importantes e lugares históricos de Turquía.
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
1 Lira | Granate/Azul | 160 x 76 mm | 1 - BİR YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 1 - BİR YENİ TÜRK LİRASI - Presa de Atatürk, no sueste de Anatolia - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
5 Liras | Amarelo | 162 x 76 mm | 5 - BEŞ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 5 - BEŞ YENİ TÜRK LİRASI - Mausoleo de Anıtkabir, en Ancara - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
10 Liras | Vermello | 162 x 76 mm | 10 - ON YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - Bandeira de Turquía - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 10 - ON YENİ TÜRK LİRASI - Mapa de Piri Reis - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
20 Liras | Verde | 162 x 76 mm | 20 - YİRMİ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 20 - YİRMİ YENİ TÜRK LİRASI - Ruínas de Éfeso - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
50 Liras | Laranxa | 152 x 81 mm | 50 - ELLİ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 50 - ELLİ YENİ TÜRK LİRASI - Capadocia - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
100 Liras | Azul | 158 x 81 mm | 100 - YÜZ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 100 - YÜZ YENİ TÜRK LİRASI - Palacio de Ishak Pasha, na provincia de Ağrı - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
2009-
editarO 1 de xaneiro de 2009 entrou en circulación o noveno grupo de emisión. A serie anterior será de curso legal ata o 31 de decembro de 2009, aínda que pasada esta data os billetes poderán cambiarse nas distintas oficinas do Banco Central ata o 31 de decembro de 2019. Todos os billetes desta nova serie eliminan a palabra "novo/a" da denominación, e inclúen un novo billete de 200 liras. Os novos billetes teñen distintos tamaños para previr a falsificación. Outro cambio foi substituír os lugares e edificios históricos turcos dos reversos por personalidades ilustres do país.[2] A cor dominante dos billetes de 5 liras turcas foi descrito como "púrpura" na segunda serie de billetes.[3]
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Dimensións | Descrición do anverso | Descrición do reverso |
---|---|---|---|---|---|---|
5 Liras | Marrón | 130 x 64 mm | 5 - BEŞ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 5 - BEŞ YENİ TÜRK LİRASI - Aydın Sayılı - Hélice do ADN - Átomo - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
10 Liras | Rojo | 136 x 64 mm | 10 - ON YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - Bandeira de Turquía - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 10 - ON YENİ TÜRK LİRASI - Cahit Arf - Ecuación de Arf - Ábaco - Sistema binario - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
20 Liras | Verde | 142 x 68 mm | 20 - YİRMİ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 20 - YİRMİ YENİ TÜRK LİRASI - Kemaleddin - Universidade de Gazi - Acueduto - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
50 Liras | Laranxa | 148 x 68 mm | 50 - ELLİ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 50 - ELLİ YENİ TÜRK LİRASI - Fatma Aliye Topuz - Flores - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
100 Liras | Azul | 154 x 72 mm | 100 - YÜZ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 100 - YÜZ YENİ TÜRK LİRASI - Buhurizade Itri - Notas e instrumentos musicais - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | ||
200 Liras | Violeta | 160 x 72 mm | 200 - İKİYÜZ YENİ TÜRK LİRASI - Atatürk - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI | 200 - İKİYÜZ YENİ TÜRK LİRASI - Yunus Emre - Mausoleo - TÜRKİYE CUMHURİYET MERKEZ BANKASI |
A nova lira turca como divisa da República Turca do Norte de Chipre
editarTrala división da illa en 1974, os turco-chipriotas adoptaron a Lira turca pero a Libra chipriota foi legal ata maio de 1983. Actualmente a Libra chipriota é considerada unha moeda estranxeira suxeita ás regulacións do cambio pero é usada no Mercado paralelo xunto á libra esterlina e ao dólar dos Estados Unidos.
As autoridades do Banco Central da República Turca do Norte de Chipre difunde diariamente os índices de cambio baseados sobre os datos provistos polo Banco Central de Turquía. Como consecuencia da alta inflación de Turquía, a depreciación foi importada ao norte de Chipre. Foron particulares as dificultades no ano 1994, cando a Lira turca perdeu a metade do seu valor en dólares. Isto fixo avaliar á República Turca do Norte de Chipre adoptar unha moeda máis estable.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Tarihçe". Turkish State Mint. Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2014. Consultado o 30 May 2013.
- ↑ "Türk Lirası’nda yeni yüzler". NTV-MSNBC (en Turkish). Anadolu Agency. 3 October 2008. Consultado o 22 March 2012.
- ↑ Türkiye Cumhuriyet Merkez Bankasi (2 de abril de 2013). "Press Release on the Issue of E-9 Emission Group II. Series Turkish Lira Banknotes". TCMB. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2013. Consultado o 4 de setembro de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lira turca |