Notacantiformes
(Redirección desde «Notacanthiformes»)
Os Notacantiformes (Notacanthiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde dos Elopomorfos (Elopomorpha), que comprende especies de peixes mariños con forma de anguía, chamados anguías espiñosas e halosaurios.
Características
editarAletas pectorais en posición relativamente alta; aletas pélvicas en posición abdominal, con 7-11 radios, habitualmente conectadas por unha membrana. Aleta anal de base longa, unida ó que queda da caudal. Vexiga natatoria presente. Algunhas especies teñen fotóforos.
Clasificación
editarITIS considérao como a suborde Notacanthoidei, da orde Albuliformes. Outros autores, como FishBase, baseándose na desaparición da aleta caudal, considérannos orde propia.
Divídese en dúas familias:
- Familia Halosauridae (halosaurios)
- Familia Notacanthidae (anguías espiñosas)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Notacantiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Notacantiformes |