Nikon
Nikon Corporation é unha empresa xaponesa adicada á fabricación de cámaras fotográficas, prismáticos, microscopios e instrumentos de medición, sendo unha das empresas líderes neste sector.
Nikon Corporation | |
---|---|
Sede de Nikon en Toquio, Xapón. | |
Tipo | Empresa privada |
Fundación | 1917 |
Localización | Toquio, Xapón |
Industria | Óptica, fotografía |
Produtos | Instrumentos de precisión, cámaras fotográficas, microscopios e prismáticos |
Na rede | |
https://www.jp.nikon.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA sociedade foi creada en 1917, co nome de Nippon Kōgaku Kōgyō Kabushikigaisha (en xaponés: 日本光學工業株式會社), produto da unión de dúas sociedades líderes no sector da óptica. A empresa especializouse na construción de lentes e instrumentos de precisión para cámaras fotográficas, binóculos, microscopios e instrumentos de medición. Durante a segunda guerra mundial Nikon converteuse en provedora de binóculos, microscopios e outros instrumentos ópticos para o exército xaponés, e creceu ata contar con 19 establecementos industriais e 23 000 empregados. Finalizada a guerra, regresou a súa produción civil, reducíndose a unha soa fábrica e 1 400 empregados.
En 1946 a empresa mudou o seu nome a Nikon, da unión de Nippon Kōgaku (óptica xaponesa) e Ikon.
Fotografía dixital
editarNikon creou algunhas das súas primeiras cámaras SLR dixitais para a NASA, utilizadas no transbordador espacial dende 1991.[1] Despois dunha asociación con Kodak na década de 1990 para producir cámaras SLR dixitais baseadas en corpos de cámaras Nikon existentes, en xuño de 1999 a compañía lanzaría baixo a súa marca a Nikon D1.[2]
Notas
editar- ↑ "Nikon NASA F4". Revolvy (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019.
- ↑ "The Nikon D1". Nikon Corporation (en inglés). Archived from the original on 12 de novembro de 2006.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Nikon Corp. (en xaponés)
- Nikon España (en castelán)