Nicolao II, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Nicolao II, nado cara ao ano 990 e finado en Florencia o 27 de xullo de 1061 foi o papa n.º 155 da Igrexa católica de 1059 a 1061.
Nome orixinal | (la) Nicolaus PP. II |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | década de 990 Château de Chevron (Reino de Arles) |
Morte | 27 de xullo de 1061 (61/71 anos) Florencia (Sacro Imperio Romano Xermánico) |
Causa da morte | malaria |
Lugar de sepultura | Santa María del Fiore |
155º Papa | |
30 de xaneiro de 1059 – 27 de xullo de 1061 (Gregoriano) ← Estevo X – Alexandre II → | |
Roman Catholic Bishop of Florence (en) | |
xaneiro de 1045 – – Giulio (pt) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Florence (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor, bispo católico |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Biografía
editarDo papa Nicolao II, non coñecemos máis que o seu nome: Gérard, Gérald, Gherard, Gerardus, Giroldus ou Gerhard de Borgoña. Puidera que nacera entre 990 e 995, en Chevron, antiga cidade da rexión histórica de Savoia, e sería da familia dos Chevron Villette. Os antigos textos desígnano como Allobrox, Allobroge, natione Burgondio, sive Sabaudiensis (nación Borgoñoa ou savoiana); foi chamado tamén Gérard de Borgoña e mesmo Gerald de Lorraine.
Pontificado
editarNo marco do que os historiadores chamaron a posteriori a reforma gregoriana, prohibe aos clérigos recibir unha igrexa das mans dun laico e obter cargas eclesiásticas con diñeiro (simonía). Tamén prohibe o nomeamento dos bispos sen a autorización papal. Ordenou a excomuñón dos sacerdotes casados que non repudiaran as súas esposas e prohibiu aos laicos participar en misas celebradas por eles.
Sínodo de Melfi
editarBaixo a influencia do frade Hildebrand, o futuro papa Gregorio VII, promulgou o 13 de abril de 1060, o decreto que poñía a elección do papa en só as mans do colexio dos cardeais, confirmando o sínodo de Melfi. Non obstante, o emperador gardaba o dereito de confirmar o candidato para o asento pontifical.
No ano 1059 convoca o sínodo de Melfi (no sur de Italia) que reúne os bispos italianos e determina a elección do Papa que será elixido de agora en diante polos cardeais. O resultado dese sínodo será confirmado polo decreto do 13 de abril de 1060. O papa Nicolao II foi a Italia do sur e recibiu os xuramentos de fidelidade dos príncipes normandos Ricardo I de Aversa e Robert Guiscard, a cambio da súa investidura e da súa fidelidade. O papa contaba co apoio normando para contrapesar a potencia do Imperio.
Primeiro Concilio de Latrán
editarNo ano 1060, convocou o I Concilio de Latrán en Roma, e renovou a prohibición feita aos belixerantes de atacar os viaxeiros, os clérigos, os frades e os pobres.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicolao II, papa |
Ligazóns externas
editar Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |