Narva (en alemán Narwa) e unha cidade de Estonia situada na fronteira norte con Rusia. O río Narva flúe dende o lago Peipus, directo á cidade. O 1 de xaneiro do 2004 a cidade tiña unha poboación de 67 355 habitantes nunha área de 84,54 km², cunha densidade de poboación de 796,7 hab./km².

Modelo:Xeografía políticaNarva
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 59°22′45″N 28°12′02″L / 59.379166666667, 28.200555555556
PaísEstonia
CondadosCondado de Ida-Viru
City (en) TraducirNarva City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación53.360 (2024) Editar o valor en Wikidata (776,6 hab./km²)
Lingua oficiallingua estoniana Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie68,71 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude25 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1345 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
1558Cerco de Narva (pt) Traducir
1581Siege of Narva (en) Traducir
1590Siege of Narva (en) Traducir
1595Tratado de Teusina (pt) Traducir
1700Siege of Narva (en) Traducir
30 de novembro de 1700Batalha de Narva (pt) Traducir
1704Battle of Narva (en) Traducir
1944Batalha de Narva (1944) (pt) Traducir
febreiro de 1944Narva Offensive February 1944 (en) Traducir
marzo de 1944March 1944 Narva Offensive (en) Traducir
xullo de 1944Narva Offensive (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoKatri Raik (2021–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20001–21020 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico35 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webnarva.ee Editar o valor en Wikidata

O 93,85 % da poboación de Narva está formada por rusos, a maior parte inmigrantes da antiga Unión Soviética.

Historia

editar
 
Castelo de Hermann na fronteira entre Estonia e Rusia

Fundado durante o reinado dinamarqués na Estonia setentrional no século XIII, o castelo e a cidade de Narva convertéronse en posesión da orde de Livonia despois de 1347. Capturado brevemente polo exército ruso en 1555, Narva cambiou de mans algunhas veces, e despois de 1581 foi controlada por Suecia. A cidade foi reconquistada por Rusia en 1704 e permaneceu no Imperio ruso ata a independencia estoniana en 1918.

Ó longo do río Narva atópase un forte ruso, o forte de Ivangorod, fundado polo Gran Duque Ivan III de Moscovia en 1492 e chamados ás veces Conde de Narva. Durante os tempos Soviéticos Narva e Ivangorod estaban irmandadas, a pesar de pertencer a diversas repúblicas. Antes da segunda guerra mundial, Ivangorod (en estoniano coñecido como Jaanilinn) era parte de Narva.

Poboación

editar

Segundo o censo de 2001, o 93,85% dos habitantes de Narva eran rusófonos (86,41% rusos), principalmente inmigrantes rusos da era soviética e os seus descendentes. Durante a segunda guerra mundial a cidade de Narva foi destruída case na súa totalidade. Trala guerra, as autoridades soviéticas prohibiron a volta dos habitantes da preguerra (estonianos na súa maioría, formando o 64,8% da poboación segundo o censo de 1934), alterando radicalmente a composición étnica da vila.[1]

  1. Toivo U. Raun, Estonia and the Estonians, Hoover Institution Press, Stanford University, 2001, ISBN 0817928529, p131

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar