Narendra Modi
Narendra Damodardas Modi, nado en Vadnagar o 17 de setembro de 1950, é un político indio, primeiro ministro desde o 26 de maio de 2014. Foi ministro-xefe do estado de Guxarat desde o ano 2001 ata 2014, membro do Partido do Pobo Indio (BJP). Membro da organización Rashtriya Swayamsevak Sangh (RSS), cualificado como un nacionalista hinduísta polos medios e por el mesmo.[1][2] É unha figura controvertida na India e internacionalmente.[3][4][5][6] Criticouse a súa xestión á fronte do goberno de Guxarat pola violencia que se desatou entre hinduístas e musulmáns no seu estado en 2002[6][7], mais tamén gabouse a súa política económica, considerando que creara as condicións para o crecemento da economía guxaratí.[8]
Infancia e mocidade
editarModi naceu no seo dunha familia de especieiros na pequena cidade de Vadnagar no distrito de Mehsana, entón no estado de Bombai, e na actualidade en Guxarat.[9] Era o terceiro de seis fillos da parella que formaban Damodardas Mulchand Modi e Heeraben.[10][11] De neno axudou na venda de té na estación de ferrocarril de Vadnagar e nos vagóns de tren[12] e xa na súa mocidade tiña un posto de té cun seu irmán preto dunha terminal de autobús[13], sen deixar os seus estudos, mesmo participando en espectáculos teatrais xa de neno. Consonte as tradicións da casta ghanchi os seus pais arranxaran un matrimonio concertado con Jashodaben Chimanlal, unha moza da vila próxima de Brahamanwada[14], aínda que segundo Joshodaben el nunca a considerou nin a tratou como a súa dona.[15]
Traballou logo nunha cantina do servizo de transportes por estrada de Guxarat, e alí permaneceu ata que se converteu nun pracharak (propagandista) a tempo completo da organización RSS en 1970[11][16][17]. Tras recibir adestramento da RSS en Nagpur, requisito para ter unha posición de responsabilidade no Sangh Parivar, conxunto de organizacións nacionalistas hinduístas, estivo á fronte da organización estudantil, Akhil Bharatiya Vidyarthi Parishad (ABVP), en Guxarat, organizando axitacións e distribución de propaganda durante o tempo que estivo en vigor o estado de emerxencia declarado por Indira Gandhi entre 1975 e 1977[11]. Durante os seus anos no RSS, Mode tratou a Vasant Gajendragadkar e Nathalal Jaghda, líderes do Jan Sangh, máis tarde fundadores da sección guxaratí do BJP.[17] Modi mantívose como pracharak no RSS mentres realizaba estudos de ciencia política na Universidade de Guxarat.[18]
Primeiros pasos en política
editarEn 1987 entrou no BJP e xa nese ano era o secretario xeral da sección de Gujarat[19], facéndose coñecido a nivel nacional tras organizar a xornada da unidade (Ekta yatra) dirixida polo presidente do partido Murli Manohar Joshi en 1991[11]. A súa estratexia electoral foi fundamental para conseguir a vitoria para o seu partido nas eleccións estatais guxaratís de 1995.[17][20][21]
En 1995 entrou na Secretaría Nacional do BJP con cargo en cinco grandes estados[22], entre eles Haryana e Himachal Pradesh.[20]. En 1998 asumiu a Secretaría Nacional do BJP[11].
Ministro-xefe de Guxarat
editarEn 2001 o ministro-xefe de Guxarat Keshubhai Patel tiña problemas de saúde e o BJP perdera escanos en eleccións parciais, en medio de acusacións de abuso de poder, corrupción e mala administración, ademais das críticas á actuación do seu goberno durante o terremoto que asolara partes de Guxarat en 2001.[23][24] Como resultado o BJP buscaba un novo candidato e Modi foi o elixido, substituíndo a Patel o 7 de outubro de 2001, coa responsabilidade de revalidar o seu posto nas eleccións de decembro de 2002. Como ministro-xefe desenvolveu unha política de redución do goberno e de privatizacións, malia as ideas de antiprivatización e antiglobalización do RSS[23]
Primeiro mandato (2001-2002)
editarVaga de violencia de 2002
editarO 27 de febreiro de 2002 prendéronlle lume preto de Godhra a un tren no que viaxaban varios centos de pasaxeiros, entre os que había unha gran cantidade de peregrinos hinduístas, morrendo arredor de 60 persoas[25][26]. Difundíronse azueiras que facían responsables aos musulmáns motivando que se espallase por Guxarat unha vaga de violencia contra eles.[27] Estimándose entre 900 e 2.000 os mortos, con milleiros máis feridos.[28][29] O goberno de Modi decretou o toque de queda nas principais cidades o día 28, con ordes para as forzas de seguridade de dispararen sen previo aviso.[30][31] Non obstante, organizacións de dereitos humanos, os partidos da oposición e algúns medios de comunicación acusaron o goberno guxaratí de non facer o suficiente para atallar a violencia ou mesmo de apoiala nalgúns casos[30][31][32]. En abril de 2009 o Tribunal Supremo da India estableceu un equipo de investigación especial sobre unha posible implicación do goberno guxeratí e de Narendra Modi neses episodios de violencia[32] concluíndo en 2010 que non existe proba ningunha que Modi intencionalmente autorizara a violencia en Guxarat[33].
Eleccións de 2002
editarComo consecuencia da vaga de violencia, Modi convocou eleccións anticipadas oito meses antes do remate do seu mandato.[34] Gran parte da campaña estivo centrada no lugar dos musulmáns na sociedade guxaratí, e Modi buscando capitalizar os sentimentos hinduístas da maioría da poboación adoptou unha retórica antimusulmá, con frecuentes mencións ao terrorismo islámico[35][36][37]. Finalmente o BJP, dirixido por Modi, logrou 127 escanos nunha Asemblea de 182.[38]
Segundo mandato (2002–2007)
editarA pesar da retórica hinduísta empregada nas eleccións, as políticas desenvolvidas por Modi no seu segundo mandato levaron a unha redución da influencia de organizacións hinduístas como o Bharatiya Kisan Sangh (BKS) e o Vishva Hindu Parishad (VHP),[39], eliminando figuras radicais do seu goberno como Gordhan Zadaphia, ou tomando decisións como demoler 200 templos ilegais en Gandhinagar, o que irritou ao VHP[39][40], ou deixar de consultar das súas decisións a organizacións vencelladas ao movemento nacionalista hinduísta.[39]. Modi centrou a súa política no desenvolvento económico, cambios que levaron a que Guxarat se dese a coñecer como un destino atractivo para os investidores, reducindo a corrupción[23] e promovendo parques financeiros e tecnolóxicos.
Malia centrar as súas políticas no desenvolvemento económico, o naquel entón primeiro ministro Atal Bihari Vajpayee, quen pedira a Modi non facer discriminacións entre cidadáns tras do episodio de violencia de 2002 e que estaba a favor que deixase o seu posto [41][42] distanciouse de Modi e tras a derrota nas eleccións xerais indias de 2004 indicou que a pasada violencia en Guxarat fora unha das razóns da derrota electoral do BJP e recoñeceu que a non destitución de Modi inmediatamente despois dos feitos fora un erro.[43][44]
A medida que se aproximaban as eleccións estatais e xerais de 2007 e 2008 o BJP incrementou a súa retórica sobre o terrorismo[45]. Modi criticou ao primeiro ministro Manmohan Singh por non aplicar a lexislación antiterrorista e demándoulle ao goberno nacional que permitise aos estados adoptar leis máis duras[46], así como a execución de Afzal Guru,[47] un colaborador dos jihadistas paquistanís condenados por terrorismo pola súa participación no ataque ao Parlamento da India en 2001[48]. Nas eleccións estatais de 2007 o BJP renovou a maioría, con 122 dos 182 escanos da Asemblea, e Modi continuou no seu posto.[49]
Terceiro mandato (2007-2012)
editarProxectos de desenvolvemento
editarModi continuou a política iniciada por Patel de apoiar a creación de infraestrutura para a conservación das augas subterráneas, fundamental para o desenvolvemento da agricultura nun estado semiárido, así desde 2004[50] Guxarat mellorou o seu rendemento agrícola substancialmente, en gran parte debido a proxectos de melloras no fornecemento de auga subterránea nas rexións de Saurashtra e Kachchh no norte, polo aumento do uso da rega por goteo e polo establecemento de sistemas máis eficientes de subministración eléctrica ás granxas. Aínda que as medidas para a irrigación das rexións do centro e sur non tiveron éxito en acadar as súas metas[51] no período 2001–2010 Gujarat rexistrou unha taxa de crecemento anual no sector agrícola do 10,97%, o meirande entre os estados indios[52].
O goberno de Modi utilizou o slogan "Guxarat vibrante"[53][54][55] como símbolo dun desenvolvemento dinámico, crecemento económico e prosperidade, non obstante recibiu críticas por considerar que non se correspondía coa realidade por ter Guxarat índices baixos en desenvolvemento humano, pobreza, nutrición ou educación, así é o estado 13º en pobreza, o 21º en educación, categorízándose como "alarmante" no Índice estatal de fame da India[56], non obstante as autoridades guxaratís fan fincapé no aumento da educación feminina ou na diminuación da mortalidade materna.[57]
Polémicas
editarNo ano 2010 durante un discurso electoral en Mangrol xustificou a execución extraxudicial de Sohrabuddin Sheikh mentres permanecía so custodia da policía estatal. Tras o que a Comisión Electoral da India considerou o discurso indulxente nunha actividade que podería agravar as diferenzas existentes entre comunidades[58]. Posteriormente a policía arrestou ao ministro do interior de Modi, Amit Shah por indicios de ordenar o asasinato de Sohrabuddin e outras dúas persoas, logo de pasar tres meses na cadea saíu en liberdade provisional resultando reelixido nun dos distritos electorais de Ahmedadbad.[59][60]
No ano 2012 a xustiza declarou culpable a Maya Kodnani, outra dos antigos ministros de Modi, por participar no masacre de Naroda Patiya durante a violencia de 2002.[61][62]. Nun primeiro o goberno de Modi anunciou que pediría a pena de morte para ela por medio dun recurso pero finalmente retirouno[63][64][65]
Xaxúns
editarEntre finais de 2011 e primeiros de 2012 Modi realizou unha serie de xaxúns como parte dunha misión de boa vontade, para se achegar á comunidade musulmá do Guxaratt.[66] e que segundo declarou fomentaría a paz, a unidade e a harmonía[67] A misión principiou o 17 de setembro de 2011 en Ahmedabad cun xaxún de tres días. Posteriormente gardou 36 xaxúns en 26 distritos e 8 cidades[68]. Así e todo eses xaxúns non foron ben recibidos por todos os musulmáns, rexistrándose varios incidentes[69][70][71].
Desacordos coa gobernadora
editarO 25 de agosto de 2011, a gobernadora de Guxarat, Kamla Beniwal designou a R. A. Mehta para o posto de Lokayukta, un valedor do pobo dedicado á loita contra a corrupción, e que permanecera vacante desde 2003. Mehta fora recomendado para o cargo polo presidente do Tribunal Superior de Guxarat en xuño de 2011[72] e Beniwal designouno sen consultar a Modi e o seu consello de ministros[73], o que creou tensións entre Modi e Beniwal. O 25 de setembro Modi acusou á gobernadora de establecer un goberno paralelo no estado co apoio do seu partido, o Congreso Nacional Indio e pediu a súa deposición[74]. Modi tamén acusou a Beniwal de delongar a posta en vigor dunha lei que reservaba a metade dos asentos nas corporacións locais ás mulleres[75].
Cuarto mandato (2012– )
editarNas eleccións guxaratís de 2012, Modi gañou o seu asento polo distrito electoral de Maninagar[76], e o seu partido, o BJP gañou 115 dos 182 escanos da Asemblea, mantendo a maioría absoluta que establecera xa Modi no seu primeiro mandato[77]. En eleccións parciais posteriores, o BJP gañou outros catro escanos, sen Modi facer campaña polos seus candidatos[78], elevando o número de asentos do BJP a 119.
Candidatura a primeiro ministro da India
editarAscenso no BJP nacional
editarEn marzo de 2013 Modi entrou na dirección parlamentaria do BJP, a máxima instancia de decisión do partido, e asumiu o posto de presidente do Comité de Campañas Electorais Centrais[79][80] e o 10 de xuño o partido designouno para dirixir a campaña das eleccións parlamentarias de 2014 o que supuxo a renuncia de todos os seus postos no artigo de L.K. Advani, un dos líderes fundadores do BJP segundo The Times of India como protesta contra da designación de Modi[81], aínda que Advani retirou a súa renuncia ao día seguinte polas xestións do xefe do RSS Mohan Bhagwat[81]. En setembro de 2013 o BJP comunicaba que Modi era o seu candidato a primeiro ministro nas eleccións de 2014[82] pola coalición Alianza Democrática Nacional.
Eleccións xerais de 2014
editarNarendra Modi preséntase ás eleccións en dous distritos electorais, Varanasi (Uttar Pradesh)[83] e en Vadodara (Guxarat)[84]. A súa candidatura conta co apoio de líderes espirituais hinduístas como Ramdev e Morari Bapu,[85] e por economistas como Jagdish Bhagwati e Arvind Panagariya[86] mais a oposición do Nobel de economía Amartya Sen por estimar que como primeiro ministro non faría o suficiente para que as minorías se sentisen a salvo e que con Modi os índices de Guxarat en educación e saúde foran moi mal[87]. Tras a vitoria do seu partido o presidente nomeouno primeiro ministro, xurando o cargo o 26 de maio de 2014[88][89]
Notas
editar- ↑ Gardiner, Harris (13 de setembro de 2013). The New York Times, ed. "Divisive Nationalist to Lead Opposition in Indian Vote". Ahmedabad. Consultado o 15 de setembro 2013.
- ↑ "Yes, I am a Hindu nationalist: Narendra Modi". India Express. 13 de xullo de 2013.
- ↑ Rupam Jain, Nair (12 de decembro de 2007). Reuters, ed. "Edgy Indian state election going down to the wire". Ahmedabad. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2014. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Simon, Robinson (11 de decembro de 2007). Time, ed. "India's Voters Torn Over Politician". Surat. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2013. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Jason, Burke (28 de marzo de 2010). The Guardian, ed. "Gujarat leader Narendra Modi grilled for 10 hours at massacre inquiry". Delhi. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ 6,0 6,1 Andrew, Buncombe (19 de setembro de 2011). The Independent, ed. "A rebirth dogged by controversy". Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Ruth, David (24 de decembro de 2007). Forbes, ed. "Controversial Gujarati Premier Confirmed in Office". Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Manu, Joseph (15 de febreiro de 2012). "Shaking Off the Horror of the Past in India". The New York Times. Consultado o 10 de outubro de 2012.
- ↑ Bhatt, Sheela (16 de setembro de 2011). "Why fasting is no big deal for Narendra Modi". Rediff.com. Consultado o 11 de abril de 2013.
- ↑ Express news service (ed.). "Profile: Narendra Modi". Consultado o 22 de maio de 2013.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Vinod K., Jose (1 de marzo de 2012). Delhi Press, ed. "The Emperor Uncrowned". The Caravan. pp. 2–4. Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2013. Consultado o 11 de abril de 2013.
- ↑ Zeenews.india.com (ed.). "Narendra Modi launches `Chai pe Charcha` campaign: As it happened". Consultado o 16 de febreiro de 2014.
- ↑ On Race Course road? The Times of India, 18 de setembro de 2011
- ↑ ""The Emperor Uncrowned" The Caravan, 1 de marzo de 2012". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 31 de marzo de 2014.
- ↑ "I am Narendra Modi's Wife" Open, 11 de abril de 2009
- ↑ Mishra, Mayank (20 de xullo de 2013). "Did Narendra Modi make Gujarat Vibrant?". Business Standard. Consultado o 22 de marzo de 2014.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Pathak, Anil (2 de outubro de 2001). "Modi's meteoric rise". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 11 de abril de 2013.
- ↑ "Modi proves to be an astute strategist". The Hindu (Chennai, India). 23 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2014.
- ↑ "BJP Gujarat". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2014. Consultado o 31 de marzo de 2014.
- ↑ 20,0 20,1 Venkatesan, V. (13 de outubro de 2001). "A pracharak as Chief Minister". Frontline (Nova Delhi). Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2013. Consultado o 11 de abril de 2013.
- ↑ "Gujarat Assembly Elections 2012: Narendra Modi profile". Consultado o 6 de abril de 2013.
- ↑ "The rise and rise of Narendra Modi" India Today 13 de setembro de 2012
- ↑ 23,0 23,1 23,2 Phadnis, Aditi (2009). Business Standard Books, ed. Business Standard Political Profiles of Cabals and Kings. pp. 116–21. ISBN 978-81-905735-4-2.
- ↑ Bunsha, Dionne (13 de outubro de 2001). "A new oarsman". Frontline (Ahmedabad). Consultado o 11 de abril de 2013.
- ↑ BBC, ed. (1 de marzo de 2011). "Eleven sentenced to death for India Godhra train blaze". Consultado o 10 de marzo de 2014.
- ↑ Jason, Burke (22 de febreiro de 2011). "Godhra train fire verdict prompts tight security measures". The Guardian. Consultado o 10 de marzo de 2014.
- ↑ Hampton, Janie (2002). Routledge, ed. Internally Displaced People: A Global Survey. p. 116. ISBN 978-1853839528.
- ↑ British Broadcasting Corporation (ed.). "Gujarat Riot Death Toll revealed". Consultado o 14 de novembro de 2013.
- ↑ Campbell, John, Chris Seiple, Dennis Hoover, Dennis R. Hoover, Pauletta Otis, ed. (2012). Routledge, ed. The Routledge Handbook of Religion and Security. p. 233. ISBN 978-0-415-66744-9.
- ↑ 30,0 30,1 "Army too helpless as violence mounts". The Economic Times. 1 de marzo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 01 de abril de 2014.
- ↑ 31,0 31,1 "Curfew imposed in 26 cities". The Hindu. 1 de marzo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2014. Consultado o 01 de abril de 2014.
- ↑ 32,0 32,1 Sengupta, Somini (28 de abril de 2009). "Shadows of Violence Cling to Indian Politician". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2012. Consultado o 12 de maio de 2013.
- ↑ Dhananjay, Mahapatra (3 de decembro de 2010). "SIT clears Narendra Modi of willfully allowing post-Godhra riots". The Times of India.
- ↑ "Modi resigns; seeks Assembly dissolution". The Hindu. 2002. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2012. Consultado o 9 de maio de 2006.
- ↑ Brasted, Howard V. (2005). Routledge, ed. Islam in World Politics. p. 119. ISBN 978-0415324113.
- ↑ Corbridge, Stuart (2012). Polity Press, ed. India Today: Economy, Politics and Society. p. 185. ISBN 978-0745661124.
- ↑ Hardgrave, Jr., Robert L. (2005). "Hindu Nationalism and the BJP: Transforming Religion and Politics in India". En Rafiq, Dossani; Rowen, Henry S. Prospects For Peace in South Asia. Stanford University Press. pp. 210–211. ISBN 9780804750851.
- ↑ Election Commission of India (ed.). "Statistical Report on General Election, 2002 to the Legislative Assembly of Gujarat" (PDF). New Delhi. p. 228. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2013.
- ↑ 39,0 39,1 39,2 Umat, Ajay (9 de febreiro de 2013). TNN, ed. "Once Hindutva twins, Narendra Modi and PravinTogadia no longer conjoined". The Times of India (Ahmedabad). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2013. Consultado o 11 de abril de 2013.
- ↑ PTI, ed. (25 de novembro de 2008). "Religious leaders demand rebuilding of temples". Daily News and Analysis (Ahmedabad). Consultado o 12 de abril de 2013.
- ↑ Dasgupta, Manas (4 de abril de 2002). "Vajpayee's advice to Modi". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2013. Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ "Vajpayee, Advani differed over Modi's resignation". India Today. 20 de marzo de 2008. Consultado o 2 April 2013.
- ↑ Tellis, Ashley J. e Wills, Michael (2007). The National Bureau of Asian Research, ed. Domestic political change and grand strategy. pp. 193–4. ISBN 978-0-9713938-8-2.
- ↑ Yogendra, Kanwar (13 de xuño de 2004). "Not removing Modi was a mistake, says Vajpayee". The Hindu. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013. Consultado o 2 de abril de 2013.
- ↑ Naqvi, Saba (22 de decembro de 2008). "When fear didn't enter the booth". Outlook. pp. 26–28. Consultado o 11 de abril de 2013.
- ↑ "Mahatma on lips, Modi fights Centre". The Telegraph (Kolkota, India). 19 de xullo de 2006. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2008. Consultado o 9 de maio de 2008.
- ↑ "Now, Amar Singh says Afzal Guru must be hanged". The Indian Express. 4 de novembro de 2008. Consultado o 17 de setembro de 2011.
- ↑ Mohan, Vishwa (10 February 2013). "Afzal Guru hanged, remains in Tihar; no last wish, refused to eat". The Times of India (New Delhi). TNN. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2013. Consultado o 12 April 2013.
- ↑ "BJP adds 5 seats in Gujarat Assembly by-polls". Deccan Herald. 14 de setembro de 2007. Consultado o 17 de setembro de 2011.
- ↑ Bio-nano-geo Sciences: The Future Challenge, Srivastava A. & Ipsita Roy, Ane Books Pvt Ltd, 01-Jan-2009, page.129, ISBN 978-81-8052-180-5
- ↑ Shah, Tushaar (2011). Business Standard Books, ed. Business Standard India 2011. pp. 195–199. ISBN 978-93-80740-04-1.
- ↑ The Hindu, ed. (12 de xullo de 2012). "Gujarat, Maharashtra record highest growth in farm sector". Consultado o 12 de abril 2013.
- ↑ Bobbio, Tommaso (2012). "Making Gujarat Vibrant: Hindutva, development and the rise of subnationalism in India". Third World Quarterly 33 (4). pp. 657–672. doi:10.1080/01436597.2012.657423.
- ↑ Ibrahim, Farhana (2007). "Capitalism, Multiculturalism and Tolerance: A Perspective on'Vibrant Gujarat". Economic and Political Weekly. pp. 3446–3449. JSTOR 4419936.
- ↑ Mehta, Nalin (2010). "Ashis Nandy vs. the state of Gujarat: authoritarian developmentalism, democracy and the politics of Narendra Modi". South Asian History and Culture 1 (4). pp. 577–596. doi:10.1080/19472498.2010.507028.
- ↑ Shah, Ghanshyam (2013). "Politics of Governance: A Study of Gujarat". Studies in Indian Politics 1 (1). pp. 65–77. doi:10.1177/2321023013482788.
- ↑ Pathak, Vikas (11 de agosto de 2013). Hindustan Times, ed. "Gujarat looks at marketing human development now". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2013. Consultado o 15 de agosto 2013.
- ↑ "Election Commission Official Notice to Mr.Narendra Modi" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de decembro de 2012. Consultado o 17 de setembro 2011.
- ↑ Jaffrelot, Christophe (2013). "Gujarat Elections: The Sub-Text of Modi’s ‘Hattrick’—High Tech Populism and the ‘Neo-middle Class’". Studies in Indian Politics 1 (1). pp. 79–95. doi:10.1177/2321023013482789.
- ↑ Vicky Nanjappa (24 de xullo de 2010). "What CBI chargesheet against Amit Shah says". Consultado o 1 de agosto de 2010.
- ↑ "For Maya Kodnani, riots memories turn her smile into gloom". DNA India. 21 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de xuño de 2012.
- ↑ "Maya Kodnani led mob to carry out Naroda riot: Gujarat govt to HC". Economic times of India. 21 de febreiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2012.
- ↑ NDTV.com, ed. (14 de maio de 2013). "Narendra Modi government now rethinks death penalty for ex-aide Maya Kodnani". Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ "Modi government does U-turn on death penalty for Kodnani, Bajrangi". The Hindu. 14 de maio de 2013. Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ "Modi gets cold feet on death for Kodnani". Hindustan Times. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2015. Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ Kaushik, Himanshu (17 de setembro de 2011). TNN, ed. "Narendra Modi begins 'sadbhavna' fast among chants of Allahu akbar, shlokas". The Times of India (Ahmedabad). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2013. Consultado o 12 de abril de 2013.
- ↑ "‘I am starting a Sadbhavana Mission’: Modi’s open letter calls for harmony". Firstpost. 17 de setembro de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2013.
- ↑ deshgujarat.com (ed.). "CM thanks people of Gujarat for giving huge support to Sadbhavna Mission". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 18 de febreiro de 2012.
- ↑ Manas, Dasgupta (21 de setembro de 2011). "Muslims unimpressed by Modi's fast". The Hindu. Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ "Narendra Modi takes Sadbhavna Mission to Godhra". Indian Express. 20 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ "Narendra Modi refuses to put on 'skull cap' offered by Muslim cleric — Times Of India". Times of India. 19 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 18 de setembro de 2013.
- ↑ Shah, Jumana (15 de xuño de 2011). DNA, ed. "Is Justice RA Mehta likely to be appointed Gujarat lok ayukta?". Ahmedabad. Consultado o 12 de abril de 2013.
- ↑ "Gujarat Lokayukta controversy hots up". The Hindu (Chennai, India). 2 de setembro de 2011. Consultado o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ Manas, Dasgupta (25 de setembro de 2011). "Beniwal helping Congress run parallel government in Gujarat, says Modi". The Hindu (Chennai, India). Consultado o 19 de xaneiro de 2012.
- ↑ Chaturvedi, Amit (8 de abril de 2013). NDTV, ed. "Narendra Modi slams Gujarat Governor Kamla Beniwal over women's reservation". Nova Delhi. Consultado o 12 de abril de 2013.
- ↑ NDTV, ed. (20 de decembro de 2012). "Big win for Narendra Modi, defeats Shweta Bhatt by huge margin". Press Trust of India.
- ↑ Parvis, Ghassem-fachandi (2012). Princeton University Press, ed. Pogrom in Gujarat: Hindu Nationalism and Anti-Muslim Violence in India. p. 198. ISBN 9780691151779.
- ↑ BJP sweeps Gujarat bypolls, RJD trumps JD(U) in Bihar. The Hindu, 5 de xuño de 2013.
- ↑ "Narendra Modi set appointed as Chairman of BJP's Central Election Campaign Committee". The Economic Times. 9 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2013. Consultado o 9de xuño de 2013.
- ↑ BJP (ed.). "Parliamentary Board". Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2013. Consultado o 21de maio de 2013.
- ↑ 81,0 81,1 "Advani grabs lifeline, meekly withdraws resignation". The Times of India. 12 de xuño de 2013. Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ "BJP announces Modi as prime ministerial candidate". The Hindu. 13 de setembro de 2013.
- ↑ "It’s official: Modi picked for Varanasi, Jaitley for Amritsar - The Times of India". The Times of India. 16 de marzo de 2014. Consultado o 4 de abril de 2014.
- ↑ news.biharprabha.com (ed.). "Narendra Modi to also contest from Vadodara in Lok Sabha Election". Consultado o 19 de marzo de 2014.
- ↑ Kunwar, D.S. (27 de abril 2013). "Sadhus want Narendra Modi declared NDA's PM candidate". The Times of India. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2014. Consultado o 25 de xullo de 2013.
- ↑ "Academic brawl: Bhagwati-Panagariya pitch for Modi while Amartya Sen backs Nitish". The Economic Times. 18 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2013. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ Amartya, Sen (22 de xullo de 2013). "I don't want Narendra Modi as my PM: Amartya Sen". The Indian Express.
- ↑ Office of President of India, ed. (20 de maio 2014). "President appoints Narendra Modi as Prime Minister, Oath taking ceremony on May 26". Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2014. Consultado o 26 de maio 2014.
- ↑ Press Trust of India, ed. (20 de maio de 2014). "Narendra Modi appointed PM, swearing-in on May 26". Indian Express. Consultado o 26 de maio de 2014.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: India |