Nancy J. Currie-Gregg
Nancy Jane Currie-Gregg, nada en Wilmington (Delaware) o 29 de decembro de 1958, é unha astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-57, STS-88, STS-109 e STS-70. Pasou un total de 41,65 días no espazo.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de decembro de 1958 (65 anos) Wilmington, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade do Sur de California USC Viterbi School of Engineering Universidade de Houston Universidade Estatal de Ohio Troy High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira, astronauta |
Empregador | Universidade Estadual da Carolina do Norte (pt) |
Carreira militar | |
Rango militar | coronel (pt) |
Tempo no espazo | 41 días, 15 horas e 32 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
Traxectoria
editarCurrie é graduada en bioloxía pola Universidade do Estado de Ohio en 1980, con máster en Enxeñería da Seguridade pola Universidade do Sur de California en 1985 e doutoramento en enxeñería industrial pola Universidade de Houston en 1997.[1]
Foi asignada ao Centro Espacial Johnson da NASA en setembro de 1987 como enxeñeira de simulación de voo. Foi seleccionado como astronauta en 1990, completando o seu adestramento en 1991. Participou nas misións STS-57, STS-88, STS-109 e STS-70, pasando un total de 41,65 días no espazo[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2019). "Currie, Nancy Jane Sherlock" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2019.
- ↑ NASA, ed. (xaneiro de 2016). "NANCY JANE CURRIE-GREGG, PH.D. (COLONEL, U.S. ARMY, RET.) PRINCIPAL ENGINEER, NASA ENGINEERING AND SAFETY CENTER JOHNSON SPACE CENTER" (PDF) (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2019.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nancy J. Currie-Gregg |