Nairobi
Nairobi é a capital e a maior cidade de Kenya. O nome deriva da frase en lingua masai Enkare Nairobi, que significa 'lugar de augas frías', en referencia ao río Nairobi, que discorre pola cidade. Segundo o censo de 2019, tiña unha poboación de 4 397 073 habitantes,[1] mentres que a área metropolitana contaba cunha poboación estimada en 2022 de 10,8 millóns de persoas.[2] A cidade recibe o sobrenome de Cidade Verde baixo o Sol.[3]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Kenya | ||||
Condado (pt) | Nairobi (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.545.000 (2016) (7.966,95 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua masai lingua inglesa Lingua suahili | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 696 km² | ||||
Altitude | 1.661 m | ||||
Creación | 1899 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 020 | ||||
ISO 3166-2 | KE-110 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Parintins (pt) Pingxiang (pt) Río de Xaneiro Colônia Tovar (pt) Kunming Denver (1975–) Raleigh (2022–) | ||||
Sitio web | nairobi.go.ke | ||||
Nairobi foi fundada en 1899 polas autoridades coloniais da África Oriental Británica, como un depósito ferroviario no ferrocarril Uganda - Kenya.[4] A cidade creceu rapidamente para substituír a Mombasa como capital de Kenya en 1907.[5] Despois da independencia en 1963, Nairobi converteuse na capital da República de Kenya.[6] Durante o período colonial de Kenya, a cidade converteuse nun centro para a industria do café, o té e o sisal.[7][8] A cidade atópase na parte central sur de Kenya, a unha altitude de 1.795 metros.
Nairobi é a sede dos edificios do Parlamento de Kenya e acolle miles de empresas kenyanas e máis de 1000 grandes empresas e organizacións internacionais, incluíndo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e a Oficina das Nacións Unidas en Nairobi (UNON). Nairobi é un importante centro de negocios e cultura. A Bolsa de Valores de Nairobi (NSE) é unha das maiores de África e a segunda bolsa máis antiga do continente. É a cuarta bolsa máis grande de África en termos de volume de negociación, capaz de realizar 10 millóns de intercambios ao día. Tamén contén o Parque Nacional de Nairobi. Nairobi uniuse á Rede Mundial de Cidades da Aprendizaxe da UNESCO en 2010.
Historia breve
editarNairobi foi fundada en 1899 arredor dun depósito de aprovisionamento da Uganda Railway (Ferrocarrís de Uganda) no camiño de ferro que se estaba a construír entre Mombasa, na costa, e Uganda. A comezos do século XX foi reedificada por enteiro logo dunha epidemia de peste e o incendio do asentamento orixinario. Desde entón seguiu a medrar, ata se converter na capital da África Oriental británica en 1905. Máis tarde, en 1963, pasou a ser tamén a capital de Kenya ao acadar esta a independencia.
A escolla de Nairobi como capital derivou de que a súa altitude, por enriba dos 1.500 metros, facía o lugar menos vulnerable á malaria. A capitalidade converteuse nun dos factores do crecemento; o segundo foi o turismo, pois a cidade era o centro desde onde se organizaban expedicións de cacería.
En 1919, Nairobi converteuse nun concello. Entre 1920 e 1950, o número de moradores brancos na cidade pasou de 9.000 a 80.000. Porén aumentaron tamén os roces entre os novos asentados e os antigos poboadores. Nairobi acadou o status de cidade en 1954.
Xeografía
editarNairobi está situada entre as cidades de Kampala e Mombasa. Como Nairobi está adxacente ao bordo oriental do Val do Rift, ocasionalmente ocorren pequenos terremotos e tremores. Os outeiros de Ngong, situados ao oeste da cidade, son a característica xeográfica máis destacada da área de Nairobi. O monte Kenya está situado ao norte de Nairobi e o monte Kilimanjaro está cara ao sueste.
O río Nairobi e os seus afluentes cruzan o condado de Nairobi e únense ao río Athi no extremo oriental do condado.
A gañadora do Premio Nobel da Paz Wangari Maathai loitou ferozmente para salvar o bosque de Karura, no norte de Nairobi, que estaba baixo a ameaza de ser substituído por vivendas e outras infraestruturas.[9]
Os barrios occidentais de Nairobi esténdense desde o Hospital Nacional Kenyatta no sur ata a sede da ONU no suburbio de Gigiri, no norte, a unha distancia duns 20 quilómetros. A cidade articúlase arredor da Praza da Cidade, que está situada no Distrito Central de Negocios. Os edificios do Parlamento de Kenya, a Catedral da Sagrada Familia, o Concello de Nairobi, os Xulgados de Nairobi e o Centro de Conferencias Kenyatta rodean a praza.
Clima
editarSegundo a Clasificación climática de Köppen, Nairobi ten un clima subtropical das terras altas (Cwb). A 1.795 metros sobre o nivel do mar, as noites poden ser frescas, especialmente na tempada de xuño/xullo, cando a temperatura pode baixar ata os 5 °C. Os meses entre decembro e marzo son os máis solleiros e cálidos do ano e as temperaturas medias son de vinte graos Celsius durante o día. A temperatura máxima media para este período é de 28 °C.[10]
Hai épocas de chuvia, pero as precipitacións poden ser moderadas. A parte máis anubrada do ano é xusto despois da primeira estación de chuvias, cando ata setembro o ceo adoita estar cuberto e con chuvieiras. Como Nairobi está situado preto do ecuador, as diferenzas entre as estacións son mínimas. As estacións denomínanse estación húmida e estación seca. O momento do amencer e do solpor varía pouco ao longo do ano polo mesmo motivo.[11]
Datos climáticos para Datos climáticos de Nairobi (Dagoretti) entre 1961–1990, 1955–1982 e 1984–presente | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 34,8 | 33,5 | 32,9 | 29,0 | 26,8 | 28,1 | 32,7 | 32,5 | 30,0 | 32,0 | 37,9 | 35,6 | 32,7 |
Media máxima en °C | 25,5 | 26,7 | 27,7 | 25,8 | 23,5 | 22,5 | 22,0 | 22,7 | 25,0 | 25,7 | 24,0 | 24,5 | 24,5 |
Media diaria en °C | 19,7 | 20,2 | 21,0 | 19,5 | 17,8 | 16,3 | 15,6 | 15,9 | 17,3 | 18,5 | 18,4 | 18,1 | 17,8 |
Media mínima en °C | 12,7 | 12,7 | 13,8 | 14,0 | 12,1 | 10,0 | 9,2 | 9,1 | 9,7 | 11,3 | 12,7 | 11,7 | 11,1 |
Temperatura mínima en °C | 3,3 | 2,2 | 6,7 | 7,8 | 7,9 | 4,4 | 1,1 | 2,9 | 3,9 | 5,5 | 6,7 | 6,2 | 1,1 |
Precipitación media mm | 58,3 | 49,8 | 92,2 | 242,3 | 189,5 | 38,6 | 17,6 | 24,0 | 31,2 | 60,8 | 149,6 | 107,6 | 1 061,5 |
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) | 4 | 4 | 8 | 15 | 13 | 5 | 3 | 4 | 4 | 7 | 14 | 9 | 90 |
Humidade relativa media (%) | 60 | 56 | 62 | 71 | 73 | 73 | 73 | 71 | 64 | 63 | 71 | 66 | 67 |
Media de horas de sol mensuais | 288,3 | 266,0 | 267,0 | 204,0 | 189,1 | 159,0 | 130,2 | 127,1 | 180,0 | 226,3 | 198,0 | 257,3 | 2 492,3 |
Media de horas de sol diarias | 9,3 | 9,3 | 8,6 | 6,8 | 6,1 | 5,3 | 4,2 | 4,1 | 6,0 | 7,3 | 6,6 | 8,3 | 6,8 |
Fonte #1: NOAA[12] | |||||||||||||
Fonte #2: Deutscher Wetterdienst (de 1955 a 1982 e humidade, 1961–1990),[13] Meteo Climat (de 1984 até a actualidade)[14] |
Datos climáticos para Nairobi (Aeroporto Internacional Jomo Kenyatta) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 32,2 | 32,8 | 32,1 | 32,2 | 31,1 | 28,9 | 29,4 | 32,2 | 31,1 | 33,0 | 32,2 | 32,2 | 33,0 |
Media máxima en °C | 26,0 | 27,0 | 27,8 | 26,0 | 25,1 | 23,7 | 22,6 | 23,0 | 25,4 | 27,0 | 24,9 | 25,7 | 25,3 |
Media diaria en °C | 19,8 | 20,2 | 20,9 | 20,2 | 19,0 | 17,7 | 16,7 | 17,5 | 18,6 | 20,6 | 19,3 | 19,5 | 19,2 |
Media mínima en °C | 13,3 | 13,3 | 13,9 | 14,4 | 13,0 | 12,3 | 11,4 | 11,5 | 12,0 | 14,0 | 14,0 | 13,8 | 13,1 |
Temperatura mínima en °C | 4,7 | 7,2 | 7,2 | 9,8 | 6,3 | 6,1 | 4,6 | 4,4 | 4,2 | 5,4 | 7,8 | 7,9 | 4,2 |
Precipitación media mm | 42,1 | 48,3 | 68,8 | 157,2 | 114,3 | 26,5 | 11,5 | 13,6 | 24,8 | 43,3 | 120,9 | 79,8 | 745,1 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 4,9 | 3,7 | 6,5 | 13,0 | 11,1 | 6,2 | 5,2 | 5,0 | 5,1 | 6,8 | 13,6 | 9,0 | 89,7 |
Humidade relativa media (%) | 69 | 63 | 66 | 77 | 79 | 76 | 74 | 71 | 67 | 67 | 77 | 76 | 72 |
Media de horas de sol mensuais | 282,1 | 265,6 | 263,5 | 204,0 | 179,8 | 159,0 | 124,0 | 124,0 | 168,0 | 213,9 | 204,0 | 254,2 | 2 442,1 |
Media de horas de sol diarias | 9,1 | 9,4 | 8,5 | 6,8 | 5,8 | 5,3 | 4,0 | 4,0 | 5,6 | 6,9 | 6,8 | 8,2 | 6,7 |
Fonte: Deutscher Wetterdienst[15] |
Divisións administrativas
editarA cidade de Nairobi goza da condición de condado administrativo completo.
A provincia de Nairobi difire en varios aspectos doutras rexións de Kenya. A comarca é totalmente urbana. Ten só un concello, o de Nairobi. A provincia homónima non se dividiu en "distritos" até o ano 2007, cando se crearon 3. En 2010, xunto coa nova constitución, Nairobi pasou a chamarse condado e consolidouse como cidade-condado.
O condado de Nairobi ten 17 circunscricións. O nome da circunscrición pode diferir do nome da división, de xeito que a circunscrición de Starehe é igual á División Central, a de Lang'ata á división de Kibera e a de Kamukunji á División de Pumwani en termos de límites.
Circunscricións
editarNairobi divídese en 17 circunscricións e 85 barrios,[16] que reciben maioritariamente o seu nome de zonas residenciais. A división de Kibera, por exemplo, inclúe o barrio de Kibera (o meirande de Kenya) así como o barrios de Karen e Langata.
Circunscrición | Barrios |
---|---|
Dagoretti Norte | Kilimani · Kawangware · Gatina · Kileleshwa · Kabiro |
Dagoretti Sur | Mutu-ini · Ng'ando · Riruta · Uthiru/Ruthimitu · Waithaka |
Lang'ata | Karen · Nairobi Oeste · Mugumo-ini · South C · Nyayo Highrise · Otiende · |
Kibra | Laini Saba · Lindi · Makina · Woodley/ Campo de Golf Kenyatta · Sarang'ombe |
Kasarani | Clay City · Mwiki · Kasarani · Njiru · Ruai · Kamulu |
Roysambu | Roysambu · Garden Estate · Ridgeways · Githurai · Kahawa Oeste · Zimmermann · Kahawa |
Ruaraka | Babadogo · Utalii · Mathare Norte · Lucky Summer · Korogocho |
Embakasi Central | Kayole Norte · Kayole Norte Central · Kayole Sur · Komarock · Matopeni/ Spring Valley |
Embakasi Leste | Upper Savanna · Lower Savanna · Embakasi · Utawala · Mihang'o |
Embakasi Norte | Kariobangi Norte · Dandora Area I · Dandora Area II · Dandora Area III · Dandora Area IV |
Embakasi Sur | Imara Daima · Kwa Njenga · Kwa Reuben · Pipeline · Kware |
Embakasi Oeste | Umoja I · Umoja II · Mowlem · Kariobangi Sur |
Kamukunji | Pumwani · Eastleigh Norte · Eastleigh Sur · Airbase · California |
Makadara | Maringo/ Hamza · Viwandani · Harambee · Makongeni · Mbotela · Bahati |
Mathare | Hospital · Mabatini · Huruma · Ngei · Mlango Kubwa · Kiamaiko |
Starehe | Nairobi Central · Ngara · Pangani · Ziwani/ Kariokor · Landimawe · Nairobi Sur |
Westlands | Kitisuru · Parklands/Highridge · Karura · Kangemi · Mountain View · |
Evolución demográfica
editarNairobi ten unha das maiores taxas de crecemento de todas as cidades de África. Dende a súa fundación en 1899, creceu ata converterse na segunda cidade máis grande da rexión dos Grandes Lagos Africanos, a pesar de ser unha das cidades máis novas da rexión. A taxa de crecemento de Nairobi é do 4,1% ao ano.[17] Estímase que a poboación de Nairobi chegará aos 5 millóns en 2025.[18]
Dado este alto crecemento da poboación, debido tanto á migración urbana como ás altas taxas de natalidade, a economía aínda non se puxo ao día. O desemprego estímase nun 40% dentro da cidade, principalmente nas zonas de alta densidade e baixos ingresos da cidade.[19]
Cidades irmandadas
editarNairobi está irmandada coas seguintes cidades:[20]
Galería
editar-
Estatua de Jomo Kenyatta.
-
Nairobi ao amencer.
-
Auditorio KICC.
-
Casa do Estado.
-
Casa do concello de Nairobi.
-
Entrada do Parlamento.
-
Nairobi ao solpor.
-
Edificio NSSF.
-
Torres do aniversario.
Notas
editar- ↑ "2019 Kenya Population and Housing Census Volume I: Population by County and Sub-County". Kenya Central Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ Omwenga, Mairura (19 de setembro de 2010). Nairobi Emerging Metropolitan Region Development Planning and Management Opportunities and Challenges (PDF). Nairobi. pp. 1–5.
- ↑ "Not to be Missed: Nairobi 'Green City in the Sun'". Pulse Africa. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007.
- ↑ Roger S. Greenway, Timothy M. Monsma, Cities: missions' new frontier, (Baker Book House: 1989), p.163.
- ↑ "History of Mombasa". mombasa.go.ke. 28 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2019.
- ↑ "Nairobi History". britannica.com. Consultado o 18 de febreiro de 2020.
- ↑ "Production". East Africa Sisal. Consultado o 24 de maio de 2020.
- ↑ Rashid, Mahbub (16 de xuño de 2016). The Geometry of Urban Layouts: A Global Comparative Study (en inglés). Springer. ISBN 978-3-319-30750-3.
- ↑ "Karura: Are We Missing the Trees for the Forest?". nationmedia.com. 2 de novembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007.
- ↑ "Travel and Visa Information". unhabitat.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 20 de xuño de 2007.
- ↑ Gaisma. "Nairobi, Kenya – Sunrise, sunset, dawn and dusk times, table". gaisma.com. Consultado o 22 June 2007.
- ↑ "WMO Climate Normals for DAGORETTI 1961–1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ "Klimatafel von Nairobi-Dagoretti (Obs.) / Kenia" (PDF). Deutscher Wetterdienst. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ "Station Nairobi". Meteo Climat. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ "Klimatafel von Nairobi-Kenyatta (Int.Flugh.) / Kenia" (PDF). Deutscher Wetterdienst. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ [1] Arquivado 2013-03-19 en Wayback Machine.
- ↑ "The World Factbook". Cia.gov. Consultado o 28 de marzo de 2011.
- ↑ Oronje, Rose (27 de xullo de 2005). "Build cities to contain population explosion". The Standard. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007.
- ↑ Oyugi, Maurice Onyango; K’Akumu, Owiti A. (2007). "Land use management challenges for the city of Nairobi". Urban Forum 18 (1). pp. 94–113. ISSN 1015-3802. doi:10.1007/BF02681232.
- ↑ "Official Report: Second County Assembly – Third Session" (PDF). nairobiassembly.go.ke. 20 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2023. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "Ethiopia: Addis' sister cities, historical ties". Tuck Magazine. 11 de decembro de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Across globe, building bridges". lowellsun.com. The Sun. 2012-06-03. Consultado o 2021-08-03.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Declara cidades – irmas, São Luis e Nairobi. (de autoria da vereadora Rose Sales, projeto de lei nº 214/2011) – publicada (15.12.2016)". camara.slz.br. 4 de marzo de 2017. Consultado o 3 de agosto de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nairobi |