Néa Ellinikí Radiofonía, Ínternet kai Tileórasi

Néa Ellinikí Radiofonía, Ínternet kai Tileórasi (Νέα Ελληνική Ραδιοφωνία, Ίντερνετ και Τηλεόραση, en galego Nova Radio, Internet e Televisión Grega), tamén coñecida polas súas siglas

Logotipo do grupo coorporativo da radiotelevisión pública grega.

NERIT (ΝΕΡΙΤ), é a corporación nacional de radiodifusión pública da Grecia, sucesora da Ellinikí Radiofonía Tileórasi (ERT), que pechou o 12 de xuño de 2013, é fundada polo goberno grego coa lei 4173 do 26 xuño 2013.

Presidente Antonis Samarás.

As canles do grupo comezaron a funcionar o 4 de maio de 2014, ás seis da tarde (hora grega). A súa sede central é a mesma que a da ERT, pero precisouse de 800 traballadores, un terzo dos traballadores do grupo anterior.

A empresa constituíuse pouco despois de que o goberno grego de Antonis Samarás anunciara o peche da Ellinikí Radiofonía Tileórasi (ERT), unha empresa de radiodifusión pública existente dende 1938. A medida supuxo o despido do seus 2 656 empregados e o peche de tódolos seus servizos, entre os que estaban cinco canles de televisión (ERT1,NET, ET3, ERT HD e ERT World) e sete emisoras de radio, para aforrar 300 millóns de euros.

Logotipo do terceiro canle público da extinta ERT.
Logotipo do canle de Alta Definición que tiña o grupo ERT.

Na actualidade o ente xestiona as dúas canles de televisión e as dúas emisoras de radio. Dende o 22 xaneiro 2014 forma parte como membro efectivo na Unión Europea de Radiodifusión.

Á espera dunha organización empresarial definitiva, NERIT opera nunha rede de televisión, de carácter xeneralista: DT - Dimosia Tileorasi (AT - Δημόσια Τηλεόραση, a televisión pública), que é transmitida en dúas canles (SDTV e HDTV).

NERIT, o 1 de xaneiro de 2014, comeza a aplicar unha taxa de licenza de televisión, cunha retención dunha porcentaxe monetaria en tódalas facturas de enerxía eléctrica emitidas. Este método de financiamento foi causa de protestas en Grecia dende que todas as facturas de enerxía eléctrica emitidas en Grecia inclúen a dita da taxa, independentemente de se tratar de particulares ou entidades públicas (por exemplo, oficinas municipais).

Servizos

editar

Canles de Radio:

  • NERIT Radio 1 (Proto prógramma): Emisora xeneralista, con espazos de noticias.
  • NERIT Radio 3 (Tríto prógramma): Emisora informativa e cultural.

Canles de Televisión:

  • NERIT 1: Canle de televisión, cunha programación xeneralista e de espazos de servizo público. A súa oferta é semellante á antiga NET.
  • NERIT Sports: Entrou ó ar o 15 de maio de 2014.
  • NERIT HD: Canle en Alta Definición. En Grecia atópase na TDT na frecuencia 52 dixital, como tamén nas plataformas de pago gregas de satélite NOVA TV e OTE TV.

Este ente tamén encárgase do canal do parlamento Vouli Tileorasi.

Dirección

editar

NERIT A.E é organizada por dous órganos levadas a cabo polo goberno.

Consello de vixilancia: Theodoros Fortsakis (presidente), Anna Damianidou, Andreas Zoulas, Tatiana Karapanagioti, Loukas Karytinos, Simos Simopoulos, Christos Chomenidis.

Consello Directivo: Georgios Prokopakis (presidente e Administrador Delegado), Ekaterini Evagelakou, Theodoros Karounos, Nikolaos Xanthoulis, Konstantinos Polyzogopoulos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar