Museo de Historia Natural de Londres
O Museo de Historia Natural (Natural History Museum) de South Kensington, en Londres, é un dos tres grandes museos localizados na rúa Exhibition Road, en Kensington (os outros dous son o Science Museum e o Victoria and Albert Museum). O museo posúe unha variada colección con máis de 70 millóns de espécimes e obxectos en exposición. As cinco coleccións máis importantes son as correspondentes ás áreas de: botánica, entomoloxía, mineraloxía, paleontoloxía e zooloxía.
Museo de Historia Natural de Londres | |
---|---|
Coordenadas | 51°29′46″N 0°10′34″O / 51.496111111111, -0.17611111111111 |
País | Reino Unido |
Cidade | Kensington e Chelsea |
Director | Doug Gurr, Michael Dixon, Neil Chalmers, Ronald Henderson Hedley, Gordon Frank Claringbull, Terence Morrison-Scott, Gavin De Beer, Norman Boyd Kinnear, Clive Forster-Cooper, Charles Tate Regan, S. F. Harmer, Lazarus Fletcher, Ray Lankester e William Henry Flower |
Inauguración | 1881 |
Visitantes | 41105.106 [1] |
Na rede | |
http://www.nhm.ac.uk | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Descrición
editarO museo é coñecido polo seu gran salón central onde se mostran esqueletos de diferentes dinosauros, en particular, un enorme diplodoco que domina a entrada do edificio ademais dun mastodonte atopado na Lagoa de Tagua Tagua da Rexión de O'Higgins de Chile.
Foi construído entre 1873 e 1880 para albergar a crecente colección de esqueletos, plantas e fósiles que constituían unha sección do Museo Británico. Legalmente o museo de historia natural permaneceu como parte do Museo Británico ata 1963. En 1986 absorbeu o próximo Museo Xeolóxico adquirindo o nome oficial de Natural History Museum.
Notas
editar- ↑ "En 2009". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2010. Consultado o 31 de outubro de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo de Historia Natural de Londres |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Natural History Museum (en inglés).
- JoinLondon.co.uk (en varias linguas).