Musca vetustissima
Musca vetustissima | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
Musca vetustissima é unha especie de díptero que se atopa en Australia.[1] En Australia mesmo teñen un aceno que fan coa man para espantar esta especie de mosca, chamado "Aussie salute".[2]
Características
editarÉ unha mosca dos excrementos que está moi emparentada coa Musca sorbens de Asia e África. Os adultos séntense atraídos por animais grandes, maiormente mamíferos, para alimentarse dos seus fluídos (saliva, suor) para nutrirse, así como polas súas feces para a oviposición.[3] Un estudo mostrou que hai unha baixa taxa de supervivencia para os ovos e larvas desta especie nas feces do gando vacún debido ás infrecuentes chuvias. O estudo tamén mostrou que os parasitos e predadores causaron que haxa unha baixa taxa de supervivencia.[4] Segundo un estudo, M. vetussissima pode transmitir bacterias perigosas, como Salmonella e Shigella. A maior carga bacteriana nas moscas ocorre nas zonas de granxas, mentres que nas zonas urbanas hai a menor.[5] O número de ovaríolas nas femias probablemente ten que ver co tamaño que acade a mosca. Se as femias non obteñen proteína dietaria dabondo, a maduración dos ovos detense.[6] Esta mosca gosta de camiñar sobre as feces humanas e as do gando vacún e parece preferir as humanas.[7] A introdución en Australia de escaravellos peloteiros, que enterran a bosta das vacas, causou unha forte redución da mosca nalgunhas zonas.[8][9]
Unha preparación estándar insecticida contra esta mosca contén pequenas cantidades de trimetilamina e indol, mesturadas con grandes cantidades de sulfato amónico e carne de anchoa, para atraela.[10] Tamén se usan para capturala trampas orientadas ao vento.[11] Nun estudo unha mestura de levamisol e oxfendazol mataba as larvas nas feces das ovellas.[12]
Ciclo vital
editarAparéase en gran número nas bostas de excrementos e os ovos que pon tardan 3-4 días en incubarse.[13] As larvas atópanse en feces de grandes mamíferos (vacas, ovellas, humanos). Probablemente antes da chegada do gando en Australia a mosca utilizaba as feces do emú.[14] A especie aparéase na Australia subtropical, pero as migracións do insecto axudan a repoboar outras partes de Australia cada primavera.[3]
Notas
editar- ↑ "Musca vetustissima, the Australian bush fly". Consultado o 4 de abril de 2009.
- ↑ Roger D. Moon (2009). "Muscid flies (Muscidae)". En Gary R. Mullen, Gary Mullen & Lance Durden. Medical and Veterinary Entomology. Academic Press. pp. 268–288. ISBN 978-0-12-372500-4.
- ↑ 3,0 3,1 Richard Mullen, Gary; Mullen, Gary; Durden, Lance (2009). Medical and Veterinary Entomology. Academic Press. p. 276. ISBN 978-0-12-372500-4.
- ↑ Matthiessen, J. N. (1985). "Breeding of the bush fly, Musca vetustissima Walker, in an over-wintering area during winter and spring". Austral Ecology 10 (2): 101–104. doi:10.1111/j.1442-9993.1985.tb00870.x. Arquivado dende o orixinal o 6 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de maio de 2010.
- ↑ Vriesekoop, Frank; Shaw, Rachel (7 de marzo de 2010). "The Australian bush fly (Musca vetustissima) as a potential vector in the transmission of foodborne pathogens at outdoor eateries". Foodborne Pathog Dis 7 (3): 275–9. PMID 19895260. doi:10.1089/fpd.2009.0366.
- ↑ Vogt, W. G.; Walker, J. M. (xullo de 1987). "Potential and realised fecundity in the bush fly, Musca vetustissima under favourable and unfavourable protein-feeding regimes". Entomologia Experimentalis et Applicata 44 (2): 115–122. doi:10.1007/BF00367618.
- ↑ D. Bowman, Dwight; Georgi, Jay R (2008). Georgis' Parasitology for Veterinarians. Elsevier Health Sciences. p. 17. ISBN 978-1-4160-4412-3.
- ↑ Bornemissza, G. F. (1976). "The Australian dung beetle project 1965–1975". Australian Meat Research Committee Review 30: 1–30.
- ↑ Ward, Colin (21 de febreiro de 2011). "Dung beetle program". CSIROpedia (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2020.
- ↑ Mulla, Mir S.; Ridsdill-Smith, James T. (21 de xuño de 1985). "Chemical attractants tested against the Australian bush fly Musca vetustissima (Diptera: Muscidae)". Journal of Chemical Ecology 12 (1): 261–270. PMID 24306415. doi:10.1007/BF01045609.
- ↑ Zealand, The Royal Society of New (marzo de 1958). New Zealand Journal of Agricultural Research Mar 1958. The Royal Society of New Zealand. p. 316.
- ↑ Wardhaugh, KG; Mahon, RJ; Axelsen, A; Rowland, MW; Wanjura, W (xuño de 1993). "Effects of ivermectin residues in sheep dung on the development and survival of the bushfly, Musca vetustissima Walker and a scarabaeine dung beetle, Euoniticellus fulvus Goeze". Veterinary Parasitology 48 (1–4): 139–57. PMID 8346628. doi:10.1016/0304-4017(93)90151-C.
- ↑ DeBach, Paul; Rosen, David (1991). Biological control by natural enemies. CUP Archive. p. 348. ISBN 978-0-521-39191-7.
- ↑ Milewski, Antoni. A new perspective on our embarrassment of flies [on line]. Wildlife Australia, Vol. 53, No. 2, Inverno 2016: 21-23. [1]. ISSN: 0043-5481.