Mundial de Fútbol de 2014
A Copa Mundial da FIFA Brasil 2014 (oficialmente: Copa do Mundo FIFA Brasil 2014) foi a edición número vinte do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo celebrouse no Brasil do 12 de xuño ao 13 de xullo, despois de que o presidente da FIFA, Joseph Blatter, estabelecera o criterio de rotación continental. Esta edición foi a primeira que se xogou en Suramérica desde o Mundial da Arxentina 1978.
En 2004, a FIFA elixiu a Suramérica como sede da Copa Mundial de 2014. Pese ao entusiasmo inicial dalgúns países, só Brasil e Colombia presentaron as súas candidaturas oficiais antes do peche do prazo, o 18 de decembro de 2006. Algúns meses despois, Colombia retirou a súa candidatura, deixando como único postulante a Brasil. O 30 de outubro de 2007 a FIFA designou de xeito oficial a Brasil como o país que albergaría a Copa do Mundo de Fútbol de 2014. Alemaña proclamouse campioa do mundo por cuarta vez na súa historia, nunha disputada final contra Arxentina na que gañou 0-1 cun gol de Mario Götze a sete minutos do final da segunda parte da prórroga.
Elección da sede
editarO 7 de marzo de 2003, a FIFA anunciou que a Copa do Mundo de Fútbol de 2014 tería lugar en América do Sur por primeira vez desde que a Arxentina acollera o Mundial de 1978, mantendo así a súa tradicional política de rotar o dereito a albergar o Mundial entre as diferentes confederacións continentais. Uns meses despois, o 3 de xuño de 2003, a Confederación Suramericana de Fútbol, a CONMEBOL, anunciou que a Arxentina, o Brasil e Colombia se postulaban como candidatos para albergaren a cita mundialista.[1] A propia CONMEBOL votaría o 17 de marzo de 2004 de forma unánime ao Brasil coma a súa única candidata. A formalización das candidaturas non sucedería até máis de dous anos despois, cando en decembro de 2006 o Brasil anuncia formalmente a súa candidatura e seguindo o seu exemplo Colombia tan só uns días máis tarde. Finalmente, a candidatura arxentina nunca se chegaría a materializar. Aínda que orixinalmente o daquelas presidente da FIFA Joseph Blatter apoiara a candidatura, o 28 de febreiro de 2007, declarara que o desexo de Colombia de organizar a evento era un xesto para desviar a atención sobre os problemas do país.[2] Finalmente, o 11 de abril do mesmo ano, Colombia confirmaría a súa renuncia a ser sede do torneo, deixando o Brasil como o único candidato.[3]
Dous días despois, o 13 de abril, Blatter após visitar o Maracanã no Río de Xaneiro, o Morumbi en São Paulo, o Mineirão en Belo Horizonte, e o Beira-Rio en Porto Alegre, declara que os estadios non cumprían todos os requisitos precisos para albergaren a Copa. A pesar de todo, tanto Blatter como o presidente Lula da Silva saíron optimistas da reunión que mantiveron ao respecto. O 31 de maio pecharía o prazo dado pola FIFA e pola Confederação Brasileira de Futebol para que as cidades interesadas en acolleren encontros da copa fixesen as súas respectivas candidaturas. Vinte e unha cidades de dezanove Estados distintos, mais o Distrito Federal, entregarían á comisión organizadora a documentación precisa de acordo co Caderno de Encargos da FIFA. O 31 de xullo os documentos, nos cales aparecían as dezaoito cidades seleccionadas (incluída a candidatura conxunta de Recife e Olinda), serían confiados pola federación á FIFA en Zürich, Suíza. A finais do mes de agosto unha comisión formada por inspectores da FIFA estivo nas cidades de São Paulo, Río de Xaneiro, Belo Horizonte, Brasilia e Porto Alegre, para visitar persoalmente os estadios e infraestruturas destas cidades candidatas. Alén das visitas, os inspectores da FIFA asistiron ás presentacións dos proxectos das demais cidades candidatas. Finalmente, o día 30 de outubro de 2007 a FIFA ratificou o Brasil como país-sede da Copa do Mundo de 2014, sendo o único país que se presentou á votación final.[4][5] Así, o Brasil organizará o seu segundo campionato do mundo de fútbol despois do Mundial de 1950. A escolla das cidades-sede ficaría para finais de 2008.[6]
Organización
editarSedes
editarDezaoito cidades, todas capitais de Estado, presentáronse como candidatas para albergaren partidos da Copa do Mundo: Belém, Belo Horizonte, Brasilia, Campo Grande, Cuiabá, Curitiba, Florianópolis, Fortaleza, Goiânia, Maceió, Manaus, Natal, Porto Alegre, Recife, Río Branco, Río de Xaneiro, Salvador e São Paulo.[7] De primeiras, a FIFA propuxo reducir o número de sedes a entre oito ou dez e que ningunha cidade albergase máis de dous estadios, porén, dada a dimensión continental do país, a organización cedeu aos pedidos de Ricardo Teixeira, presidente da Confederação Brasileira de Futebol, e concedeu permiso para que se utilizasen finalmente doce sedes.[8]
As doce sedes finais foron anunciadas o 31 de maio de 2009, cos descartes de Belém, Campo Grande, Florianópolis, Goiânia e Rio Branco;[9] mentres que Maceió xa retirara a súa candidatura en xaneiro. As doce seleccionadas abranguen todas as rexións do Brasil, de xeito que están mellor distribuídas por toda a xeografía, ao contrario do que aconteceu no mundial de 1950 cando os partidos se concentraran nas rexións Sur e Sueste.[10] Con todo, como resultado, os equipos terán que realizar longas viaxes dunha distancia significativa. Seis destas sedes albergaron tamén antes da cita mundialista a Copa das Confederacións 2013: Belo Horizonte, Brasilia, Fortaleza, Recife, Río de Xaneiro e Salvador. Cómpre sinalar que unha das sedes, Recife, albergará os partidos nunha cidade da súa rexión metropolitana, São Lourenço da Mata.
O investimento total reportado para os proxectos de construción e remodelación dos estadios acadou os 3,47 mil millóns de dólares estadounidenses.[11] Cinco estadios foron construídos desde cero especificamente para a Copa do Mundo, mentres que o Estádio Nacional Mané Garrincha da capital Brasilia foi demolido e reconstruído, e os restantes seis foron amplamente renovados.[12] O Estádio do Maracanã no Río de Xaneiro, que aínda ostenta o récord de espectadores para un partido da Copa do Mundo (o Maracanaço con 199 854), é o estadio máis grande desde cita. A Confederação Brasileira tiña a intención orixinalmente de que o partido inaugural se disputase no Estádio do Morumbi de São Paulo, pero foi rexeitado da candidatura en 2010 despois de non poder dispoñer de garantías financeiras para as melloras requiridas.[13] O comité organizador da Copa en São Paulo estudou entón a construción dun novo estadio en Pirituba, na zona noroeste da cidade, mais esta opción foi descartada debido ao tempo insuficiente, así foi que o comité organizador xuntamente coa Prefeitura e o Goberno de São Paulo decidiron que o estadio sede en São Paulo sería o novo estadio do Corinthians en Itaquera, o Arena de São Paulo ou Arena Corinthians.
O primeiro dos novos estadios en estar finalizado foi o Castelão en Fortaleza, inaugurado o 16 de decembro de 2012 e operativo xa desde xaneiro do ano seguinte.[14] De acordo con Joe Leahy do Financial Times, as obras do Castelão, "poderían sentar precedente para outras obras públicas deportivas", xa que o proxecto "entrou dentro de orzamento e foi máis barato por asento" que o estadio de Maracanã en Río.[15][16] Pouco tempo despois, o 21 de decembro de 2012, inaugurouse o Estádio Mineirão de Belo Horizonte. O 5 de abril foi a vez da reinauguración da Arena Fonte Nova de Salvador, seguida pola do Maracanã do Río de Xaneiro o 27 de abril e polo Estádio Nacional Mané Garrincha, en Brasilia, o 18 de maio. Finalmente, o 20 de maio, foi inaugurada a Arena Pernambuco, en São Lourenço da Mata, Recife. Nas cerimonias de reapertura dos estadios estiveron presentes diversas autoridades gobernamentais, entre elas a Presidenta Dilma Rousseff.
Estadios
editarRío de Xaneiro, RJ | Brasilia, DF | São Paulo, SP | Fortaleza, CE |
---|---|---|---|
Estádio do Maracanã | Estádio Nacional | Arena de São Paulo | Estádio Castelão |
Capacidade: 76 935 (remodelado) |
Capacidade: 70 042 (remodelado) |
Capacidade: 68 000 (estadio novo) |
Capacidade: 64 846 (remodelado) |
Belo Horizonte, MG | Porto Alegre, RS | ||
Estádio Mineirão | Estádio Beira-Rio | ||
Capacidade: 62 547 (remodelado) |
Capacidade: 51 300 (remodelado) | ||
Salvador, BA | Recife, PE | ||
Arena Fonte Nova | Arena Pernambuco | ||
Capacidade: 56 000 (remodelado) |
Capacidade: 46 154 (estadio novo) | ||
Cuiabá, MT | Manaus, AM | Natal, RN | Curitiba, PR |
Arena Pantanal | Arena da Amazônia | Arena das Dunas | Arena da Baixada |
Capacidade: 42 968 (estadio novo) |
Capacidade: 42 374 (estadio novo) |
Capacidade: 42 086 (estadio novo) |
Capacidade: 43 981 (remodelado) |
Campamentos base
editarO 31 de xaneiro de 2014 a FIFA e o Comité Organizador anunciaron a localización dos campamentos base e lugares de adestramento das 32 seleccións participantes.[17]
Imaxe
editarLogotipo
editarO logotipo oficial da Copa do Mundo do Brasil 2014, creado pola axencia brasileira África, recibe o nome de "Inspiração". O proxecto está baseado nunha fotografía icónica de tres mans vitoriosas xuntas levantando o Trofeo que acredita ao campión do evento. Ademais da noción humanitaria das mans en interligazón, a representación das mans xunto co uso simbólico do verde e amarelo da bandeira do Brasil, simbolizan tamén ao pobo brasileiro dando calorosas benvidas ao mundo. O logotipo foi presentado nunha cerimonia realizada en Xohanesburgo, Suráfrica, o 8 de xullo de 2010.[18]
A Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA) e o Comité Organizador Local (COL) Brasil 2014 convidaron a vinte e cinco axencias brasileiras a presentaren proxectos para o emblema oficial do torneo, a tarefa de escoller o vencedor foi delegada a un grupo de xuíces composto polo presidente da Confederação Brasileira de Futebol, Ricardo Teixeira, o secretario xeral da FIFA, Jérôme Valcke, a supermodelo Gisele Bündchen, o arquitecto Oscar Niemeyer, o novelista Paulo Coelho, a cantante Ivete Sangalo e o deseñador Hans Donner. Antes de desvelar o logotipo, os grupos de música brasileiros Barbatuques e Bossacucanova, así como a cantante gañadora dun Grammy Vanessa da Mata ofreceron un espectáculo presentado por Fernanda Lima e Rodrigo Hilbert.[18]
A comunidade brasileira de deseñadores reaccionou con duras críticas á identidade visual escollida.[19] Segundo Alexandre Wollner, un dos precursores do deseño moderno brasileiro e un dos maiores profesionais da área no país,[20] o deseño semella unha man cubrindo o rostro de vergoña, sinalou ademais que o proceso de escolla por un xurado que excluía deseñadores gráficos profesionais, non fora correcto.[21]
Balón
editarO "Brazuca" é o balón oficial para o mundial. A pelota, fabricada por Adidas, foi presentada o martes 3 de decembro de 2013, dous días antes que tivese lugar o sorteo de equipos para os grupos, aínda que habitualmente adoitase presentarse o mesmo día. A presentación tivo lugar na cidade do Río de Xaneiro, no Parque Lage, acompañada con efectos de luz en 3D. O seu nome foi escollido o 2 de setembro de 2012, após unha votación na que participaron máis dun millón de seareiros do país anfitrión. Entre os nomes máis votados destacaron o "Brazuca" (77,8%), finalmente vencedor, o "Bossa Nova" (14,6%) e o "Carnavalesca" (7,6%). De acordo coa FIFA, "Brazuca é un termo informal, utilizado polos brasileiros para describir o orgullo nacional polo estilo de vida do país. Simboliza emoción, orgullo e boa vontade con todos, de forma semellante á abordaxe local ao fútbol".[22]
O Brazuca, antes da súa presentación ao mundo, tivo que superar esixentes probas durante máis de dous anos e medio, das que formaron parte máis de 600 dos mellores xogadores de fútbol de todo o mundo, así como 30 equipos de máis de dez países pertencentes a tres continentes distintos, para garantir a súa adaptabilidade a calquera terreo de xogo. Debido a isto é o balón que máis probas debeu superar na historia da compañía xermana. Os equipos de fútbol que participaron nas devanditas probas son entre outros, o AC Milan, o Bayern München, o Palmeiras ou o Fluminense. Algúns dos xogadores involucrados durante o proceso foron estrelas de fútbol como Lionel Messi, Bastian Schweinsteiger ou Zinedine Zidane.[23]
Cartel
editarO cartel oficial do mundial é a principal marca visual do evento. O deseño retrata dúas pernas de xogadores disputando unha bóla, que xuntas forman a parte inferior do contorno do mapa do Brasil, no cal se le a inscrición "2014 Copa do Mundo da Fifa Brasil". Unha vista máis detallada da mesma figura revela símbolos da fauna, flora e cultura de cada rexión do país, como o piso do paseo de Copacabana, a capoeira, a danza do frevo, as baianas, o chimarrão e un balón de fútbol.[24]
Escollido entre diversos concorrentes, o póster foi creado pola deseñadora da axencia Crama, Karen Haidinger. A presentación foi realizada polos embaixadores da Copa do Mundo: Marta, Ronaldo, Bebeto, Carlos Alberto e Amarildo, coa ausencia do ex-técnico e xogador Zagallo, o día 30 de xaneiro de 2013.[25] O símbolo foi elixido por unha comisión xulgadora formada polo secretario xeral da Federación Internacional de Fútbol (FIFA), Jérôme Valcke, pola Ministra da Cultura Marta Suplicy, polo presidente da Confederação Brasileira de Futebol e do Comitê Organizador Local (COL), José Maria Marin, polo artista plástico Romero Britto, e polos ex xogadores Ronaldo e Bebeto, integrantes do consello do COL.[25]
Mascota
editar- Artigo principal: Fuleco.
"Fuleco" é a mascota oficial do torneo. É un tatú da especie Tolypeutes tricinctus (tatú-bóla brasileiro), cuxo nome une as palabras Fútbol (Ful) e Ecoloxía (Eco). A mascota foi elixida pola FIFA en marzo de 2012 tras vencer a outras candidatas como a arara, un paxaro colorido; o Saci Pererê, unha coñecida personaxe do folclore brasileiro que representa un mozo indíxena cunha soa perna; e o xaguar, un félido oriúndo de América. Fuleco foi presentado ao público como mascota oficialmente o 16 de novembro de 2012.[26] A idea de propoñer como candidato este animal xurdiu da ONG cearense Associação Caatinga.[27] A campaña gañou repercusión nas redes sociais e, o 29 de febreiro de 2012, entregóuselle un expediente aos representantes do Ministerio de Deporte. O tatú-bóla-da-caatinga é unha espécie endémica do Brasil e, de acordo coa Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (IUCN), encóntrase ameazada de extinción, con estado de conservación vulnerábel.
A identidade visual da mascota componse dun tatú de cor amarela, coa carapa azul, vestindo un calzón verde e unha camiseta branca na cal está escrito "Brasil 2014". Para decidir o nome, abriuse unha votación pública. "Amijubi" (palabra formada pola fusión de amizade e xúbilo), "Fuleco" (xunción de fútbol e ecoloxía) e "Zuzeco" (mestura de azul e ecoloxía) foron os nomes postulantes. Finalmente, co 48% dos 1,7 millóns de votos por Internet no Brasil e no mundo, "Fuleco" foi escollido como nome oficial da mascota e anunciado o 25 de novembro de 2012. Zuzeco obtivo o 31% e Amijubi o 21% dos votos.[27]
Segundo a organización Fuleco é un tatú amigábel e moi sociábel. Apoia a conservación do medio ambiente coa súa filosofía ecoloxista, fomentando ademais a cultura do deporte. Está sempre a brinca, xa que lle gusta fecharse na súa propia carapa confundindo os seus amigos cun balón. Usualmente fai a "viravolta do tatú" cando mete gol. É curioso e gústalle explorar. Tamén lle gusta escoitar música, sobre todo brasileira, usar as redes sociais e seguir a filosofía do xogo limpo en calquera lugar; ver películas animadas; ler cómics e xogar videoxogos na súa computadora. A súa dieta consiste en verduras, froitas, froitos secos e sementes, incluíndo a anacardio, coñecido no Brasil como cajueiro.[28]
Clasificación
editarO sorteo para a clasificación para o Mundial realizouse en Río de Xaneiro o 30 de xullo de 2011.[29] Como país organizador, Brasil clasificouse automaticamente para o Mundial. As fases de clasificación comezaron o 15 de xuño de 2011, e remataron o 20 de novembro de 2013, e participaron 203 das 208 seleccións da FIFA.
24 dos 32 clasificados estiveron presentes no anterior Mundial, mentres que a única selección debutante é a de Bosnia e Hercegovina, que participa por primeira vez como país independente. A rexión de Oceanía quedou sen ningún representante por primeira vez dende o ano 2002.
Lista de participantes
editar
|
|
|
Grupos
editarGrupo para o sorteo 1 | Grupo para o sorteo 2 | Grupo para o sorteo 3 | Grupo para o sorteo 4 |
---|---|---|---|
Brasil |
Alxeria |
Australia |
Bosnia e Hercegovina |
Grupo A | Grupo B | Grupo C | Grupo D |
---|---|---|---|
Brasil | España | Colombia | Uruguai |
Croacia | Países Baixos | Grecia | Costa Rica |
México | Chile | Costa do Marfil | Inglaterra |
Camerún | Australia | Xapón | Italia |
Grupo E | Grupo F | Grupo G | Grupo H |
---|---|---|---|
Suíza | Arxentina | Alemaña | Bélxica |
Ecuador | Bosnia e Hercegovina | Portugal | Alxeria |
Francia | Irán | Ghana | Rusia |
Honduras | Nixeria | Estados Unidos | Corea do Sur |
Calendario
editarOs horarios corresponden á hora de Brasilia (UTC-3). Para máis información sobre cada encontro (aliñacións, trocos, sancións...) prema no resultado.
Primeira fase
editarGrupo A
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Grupo A.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brasil | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 2 | 5 |
México | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 1 | 3 |
Croacia | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 6 | 6 | 0 |
Camerún | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 9 | -8 |
Brasil | 3 - 1 | Croacia | 12 de xuño de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo Asistencia: 62 103 Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón) |
Neymar 29' 71' (pen.) Oscar 90 1' |
Informe |
Marcelo 11' (p.m.) | |
México | 1 - 0 | Camerún | 13 de xuño de 2014, 13:00 – Arena das Dunas, Natal Asistencia: 39 216 Árbitro: Wilmar Roldán (Colombia) |
Peralta 61' | Informe |
||
Brasil | 0 - 0 | México | 17 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza Asistencia: 60 342 Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía) |
Informe |
|||
Camerún | 0 - 4 | Croacia | 18 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus Asistencia: 39 982 Árbitro: Pedro Proença (Portugal) |
Informe |
Olić 11' Perišić 48' Mandžukić 61' 73' | ||
Camerún | 1 - 4 | Brasil | 23 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio Nacional, Brasilia Asistencia: 69 112 Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia) |
Matip 26' | Informe |
Neymar 17' 35' Fred 49' Fernandinho 84' | |
Croacia | 1 - 3 | México | 23 de xuño de 2014, 17:00 – Arena Pernambuco, Recife Asistencia: 41 212 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Perišić 87' | Informe |
Márquez 72' Guardado 75' Hernández 82' | |
Grupo B
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Grupo B.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Países Baixos | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 10 | 3 | 7 |
Chile | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 5 | 3 | 2 |
España | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 7 | -3 |
Australia | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 3 | 9 | -6 |
España | 1 - 5 | Países Baixos | 13 de xuño de 2014, 16:00 – Arena Fonte Nova, Salvador Asistencia: 48 173 Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia) |
Alonso 27' (pen.) | Informe |
Van Persie 44' 72' Robben 53' 80' De Vrij 64' | |
Chile | 3 - 1 | Australia | 13 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá Asistencia: 40 275 Árbitro: Noumandiez Doué (Costa do Marfil) |
Sánchez 12' Valdívia 14' Beausejour 90 2' |
Informe |
Cahill 35' | |
Australia | 2 - 3 | Países Baixos | 18 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre Asistencia: 42 877 Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria) |
Cahill 21' Jedinak 54' (pen.) |
Informe |
Robben 20' Van Persie 58' Depay 68' | |
España | 0 - 2 | Chile | 18 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 74 101 Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos) |
Informe |
Vargas 20' Aránguiz 43' | ||
Australia | 0 - 3 | España | 23 de xuño de 2014, 13:00 – Arena da Baixada, Curitiba Asistencia: 39 375 Árbitro: Nawaf Shukralla (Bahrain) |
Informe |
Villa 36' Torres 69' Mata 82' | ||
Países Baixos | 2 - 0 | Chile | 23 de xuño de 2014, 13:00 – Arena de São Paulo, São Paulo Asistencia: 62 996 Árbitro: Bakary Gassama (Gambia) |
Fer 77' Memphis 90 2' |
Informe |
||
Grupo C
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Grupo C.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colombia | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 9 | 2 | 7 |
Grecia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 4 | -2 |
Costa do Marfil | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 5 | -1 |
Xapón | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 6 | -4 |
Colombia | 3 - 0 | Grecia | 14 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte Asistencia: 57 174 Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos) |
Armero 5' Gutiérrez 58' Rodríguez 90 3' |
Informe |
||
Costa do Marfil | 2 - 1 | Xapón | 14 de xuño de 2014, 22:00 – Arena Pernambuco, Recife Asistencia: 40 267 Árbitro: Enrique Osses (Chile) |
Bony 64' Gervinho 66' |
Informe |
Honda 16' | |
Colombia | 2 - 1 | Costa do Marfil | 19 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia Asistencia: 68 748 Árbitro: Howard Webb (Inglaterra) |
Rodríguez 64' Quintero 70' |
Informe |
Gervinho 73' | |
Xapón | 0 - 0 | Grecia | 19 de xuño de 2014, 19:00 – Arena das Dunas, Natal Asistencia: 40 267 Árbitro: Enrique Osses (Chile) |
Informe |
|||
Xapón | 1 - 4 | Colombia | 24 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá Asistencia: 40 340 Árbitro: Pedro Proença (Portugal) |
Okazaki 45 1' | Informe |
Cuadrado 17' (pen.) Martínez 55' 82' Rodríguez 90' | |
Grecia | 2 - 1 | Costa do Marfil | 24 de xuño de 2014, 19:00 – Estádio Castelão, Fortaleza Asistencia: 59 095 Árbitro: Carlos Vera (Ecuador) |
Samaris 42' Samaras 90 3' (pen.) |
Informe |
Bony 74' | |
Grupo D
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Grupo D.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Costa Rica | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 4 | 1 | 3 |
Uruguai | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 4 | 0 |
Italia | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 2 | 3 | -1 |
Inglaterra | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 2 | 4 | -2 |
Uruguai | 1 - 3 | Costa Rica | 14 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza Asistencia: 58 679 Árbitro: Felix Brych (Alemaña) |
Cavani 24' (pen.) | Informe |
Campbell 54' Duarte 57' Ureña 84' | |
Inglaterra | 1 - 2 | Italia | 14 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus Asistencia: 39.800 Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos) |
Sturridge 37' | Informe |
Marchisio 35' Balotelli 50' | |
Uruguai | 2 - 1 | Inglaterra | 19 de xuño de 2014, 16:00 – Arena de São Paulo, São Paulo Asistencia: 62 575 Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España) |
Suárez 39' 85' | Informe |
Rooney 75' | |
Italia | 0 - 1 | Costa Rica | 20 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Pernambuco, Recife Asistencia: 40 285 Árbitro: Enrique Osses (Chile) |
Informe |
Ruiz 44' | ||
Italia | 0 - 1 | Uruguai | 24 de xuño de 2014, 13:00 – Arena das Dunas, Natal Asistencia: 39 706 Árbitro: Marco Rodríguez (México) |
Informe |
Godín 81' | ||
Costa Rica | 0 - 0 | Inglaterra | 24 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte Asistencia: 57 823 Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria) |
Informe |
|||
Grupo E
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Grupo E.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Francia | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 8 | 2 | 6 |
Suíza | 6 | 3 | 2 | 0 | 1 | 7 | 6 | 1 |
Ecuador | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 0 |
Honduras | 0 | 3 | 0 | 0 | 3 | 1 | 8 | -7 |
Suíza | 2 - 1 | Ecuador | 15 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia Asistencia: 68 351 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Mehmedi 48' Seferović 90 3' |
Informe |
Valencia 22' | |
Francia | 3 - 0 | Honduras | 15 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre Asistencia: 43 012 Árbitro: Sandro Ricci (Brasil) |
Benzema 45' (pen.) 72' Valladares 48' (p.m.) |
Informe |
||
Suíza | 2 - 5 | Francia | 20 de xuño de 2014, 16:00 – Arena Fonte Nova, Salvador Asistencia: 51 003 Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos) |
Džemaili 81' Xhaka 87' |
Informe |
Giroud 17' Matuidi 18' Valbuena 40' Benzema 67' Sissoko 73' | |
Honduras | 1 - 2 | Ecuador | 20 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Baixada, Curitiba Asistencia: 39. 224 Árbitro: Ben Williams (Australia) |
Costly 31' | Informe |
E. Valencia 34' 65' | |
Honduras | 0 - 3 | Suíza | 25 de xuño de 2014, 17:00 – Arena da Amazônia, Manaus Asistencia: 40 322 Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina) |
Informe |
Shaqiri 6' 31' 71' | ||
Ecuador | 0 - 0 | Francia | 25 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 73 749 Árbitro: Noumandiez Doué (Costa do Marfil) |
Informe |
|||
Grupo F
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Grupo F.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arxentina | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 6 | 3 | 3 |
Nixeria | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 0 |
Bosnia e Hercegovina | 3 | 3 | 1 | 0 | 2 | 4 | 4 | 0 |
Irán | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 1 | 4 | -3 |
Arxentina | 2 - 1 | Bosnia e Hercegovina | 15 de xuño de 2014, 19:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 74 738 Árbitro: Joel Aguilar (O Salvador) |
Kolašinac 3' (p.m.) Messi 65' |
Informe |
Ibišević 84' | |
Irán | 0 - 0 | Nixeria | 16 de xuño de 2014, 16:00 – Arena da Baixada, Curitiba Asistencia: 39 081 Árbitro: Carlos Vera (Ecuador) |
Informe |
|||
Arxentina | 1 - 0 | Irán | 21 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte Asistencia: 57 698 Árbitro: Milorad Mažić (Serbia) |
Messi 90 1' | Informe |
||
Nixeria | 1 - 0 | Bosnia e Hercegovina | 21 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá Asistencia: 40 499 Árbitro: Peter O'Leary (Nova Zelandia) |
Odemwingie 29' | Informe |
||
Nixeria | 2 - 3 | Arxentina | 25 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre Asistencia: 43 285 Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia) |
Musa 4' 47' | Informe |
Messi 3' 45 1' Rojo 50' | |
Bosnia e Hercegovina | 3 - 1 | Irán | 25 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Fonte Nova, Salvador Asistencia: 48 011 Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España) |
Džeko 23' Pjanić 59' Vršajević 83' |
Informe |
Ghoochannejhad 82' | |
Grupo G
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Grupo G.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alemaña | 7 | 3 | 2 | 1 | 0 | 7 | 2 | 5 |
Estados Unidos | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 4 | 0 |
Portugal | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 4 | 7 | -3 |
Ghana | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 4 | 6 | -2 |
Alemaña | 4 - 0 | Portugal | 16 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Fonte Nova, Salvador Asistencia: 51 081 Árbitro: Milorad Mažić (Serbia) |
Müller 12' 45 1' 78' Hummels 32' |
Informe |
||
Ghana | 1 - 2 | Estados Unidos | 16 de xuño de 2014, 19:00 – Arena das Dunas, Natal Asistencia: 39. 760 Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia) |
Ayew 82' | Informe |
Dempsey 1' Brooks 86' | |
Alemaña | 2 - 2 | Ghana | 21 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Castelão, Fortaleza Asistencia: 59 621 Árbitro: Sandro Ricci (Brasil) |
Götze 51' Klose 71' |
Informe |
A. Ayew 54' Gyan 63' | |
Estados Unidos | 2 - 2 | Portugal | 22 de xuño de 2014, 19:00 – Arena da Amazônia, Manaus Asistencia: 40 123 Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina) |
Jones 64' Dempsey 81' |
Informe |
Nani 5' Varela 90 5' | |
Estados Unidos | 0 - 1 | Alemaña | 26 de xuño de 2014, 13:00 – Arena Pernambuco, Recife Asistencia: 41 876 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Informe |
Müller 55' | ||
Portugal | 2 - 1 | Ghana | 26 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia Asistencia: 67 540 Árbitro: Nawaf Shukralla (Bahrain) |
Boye 31' (p.m.) Ronaldo 80' |
Informe |
Gyan 57' | |
Grupo H
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Grupo H.
Equipo | Pts | PX | PG | PE | PP | GF | GC | Dif |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bélxica | 9 | 3 | 3 | 0 | 0 | 4 | 1 | 3 |
Alxeria | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 6 | 5 | 1 |
Rusia | 2 | 3 | 0 | 2 | 1 | 2 | 3 | -1 |
Corea do Sur | 1 | 3 | 0 | 1 | 2 | 3 | 6 | -3 |
Bélxica | 2 - 1 | Alxeria | 17 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte Asistencia: 56 800 Árbitro: Marco Rodríguez (México) |
Fellaini 70' Mertens 80' |
Informe |
Feghouli 24' (pen.) | |
Rusia | 1 - 1 | Corea do Sur | 17 de xuño de 2014, 19:00 – Arena Pantanal, Cuiabá Asistencia: 37 603 Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina) |
Kerzhakov 74' | Informe |
Lee Keun-ho 68' | |
Bélxica | 1 - 0 | Rusia | 22 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 73 819 Árbitro: Felix Brych (Alemaña) |
Origi 88' | Informe |
||
Corea do Sur | 2 - 4 | Alxeria | 22 de xuño de 2014, 16:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre Asistencia: 42 732 Árbitro: Wilmar Roldán (Colombia) |
Son Heung-min 50' Koo Ja-cheol 72' |
Informe |
Slimani 26' Halliche 28' Djabou 38' Brahimi 62' | |
Corea do Sur | 0 - 1 | Bélxica | 26 de xuño de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo Asistencia: 61 397 Árbitro: Ben Williams (Australia) |
Informe |
Vertonghen 78' | ||
Alxeria | 1 - 1 | Rusia | 26 de xuño de 2014, 17:00 – Arena da Baixada, Curitiba Asistencia: 39 311 Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía) |
Slimani 60' | Informe |
Kokorin 6' | |
Segunda fase
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Fase final.
Oitavos de final | Cuartos de final | Semifinais | Final | |||||||||||
Belo Horizonte, 28 de xuño | ||||||||||||||
Brasil (pen.) | 1 (3) | |||||||||||||
Fortaleza, 4 de xullo | ||||||||||||||
Chile | 1 (2) | |||||||||||||
Brasil | 2 | |||||||||||||
Río de Xaneiro, 28 de xuño | ||||||||||||||
Colombia | 1 | |||||||||||||
Colombia | 2 | |||||||||||||
Belo Horizonte, 8 de xullo | ||||||||||||||
Uruguai | 0 | |||||||||||||
Brasil | 1 | |||||||||||||
Brasilia, 30 de xuño | ||||||||||||||
Alemaña | 7 | |||||||||||||
Francia | 2 | |||||||||||||
Río de Xaneiro, 4 de xullo | ||||||||||||||
Nixeria | 0 | |||||||||||||
Francia | 0 | |||||||||||||
Porto Alegre, 30 de xuño | ||||||||||||||
Alemaña | 1 | |||||||||||||
Alemaña (pro.) | 2 | |||||||||||||
Río de Xaneiro, 13 de xullo | ||||||||||||||
Alxeria | 1 | |||||||||||||
Alemaña (pro.) | 1 | |||||||||||||
Fortaleza, 29 de xuño | ||||||||||||||
Arxentina | 0 | |||||||||||||
Países Baixos | 2 | |||||||||||||
Salvador, 5 de xullo | ||||||||||||||
México | 1 | |||||||||||||
Países Baixos (pen.) | 0 (4) | |||||||||||||
Recife, 29 de xuño | ||||||||||||||
Costa Rica | 0 (3) | |||||||||||||
Costa Rica (pen.) | 1 (5) | |||||||||||||
São Paulo, 9 de xullo | ||||||||||||||
Grecia | 1 (3) | |||||||||||||
Países Baixos | 0 (2) | |||||||||||||
São Paulo, 1 de xullo | ||||||||||||||
Arxentina (pen.) | 0 (4) | Terceiro posto | ||||||||||||
Arxentina (pro.) | 1 | |||||||||||||
Brasilia, 5 de xullo | Brasilia, 12 de xullo | |||||||||||||
Suíza | 0 | |||||||||||||
Arxentina | 1 | Brasil | 0 | |||||||||||
Salvador, 1 de xullo | ||||||||||||||
Bélxica | 0 | Países Baixos | 3 | |||||||||||
Bélxica (pro.) | 2 | |||||||||||||
Estados Unidos | 1 | |||||||||||||
Oitavos de final
editarBrasil | 1 - 1 (Penaltis 3 - 2) |
Chile | 28 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte Asistencia: 57 174 Árbitro: Howard Webb (Estados Unidos) |
David Luiz 18' David Luiz Willian Marcelo Hulk Neymar |
Informe |
Sánchez 32' Pinilla Sánchez Aránguiz Díaz Jara | |
Colombia | 2 - 0 | Uruguai | 28 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 73 804 Árbitro: Björn Kuipers (Países Baixos) |
Rodríguez 28' 50' | Informe |
||
Países Baixos | 2 - 1 | México | 29 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Castelão, Fortaleza Asistencia: 58 817 Árbitro: Pedro Proença (Portugal) |
Sneijder 88' Huntelaar 90 4' (pen.) |
Informe |
Dos Santos 48' | |
Costa Rica | 1 - 1 (Penaltis 5 - 3) |
Grecia | 29 de xuño de 2014, 17:00 – Arena Pernambuco, Recife Asistencia: 41 242 Árbitro: Ben Williams (Australia) |
Ruiz 52' Borges Ruiz González Campbell Umaña |
Informe |
Papastathopoulos 90 1' Mitroglou Christodoulopoulos Holebas Gekas | |
Francia | 2 - 0 | Nixeria | 30 de xuño de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia Asistencia: 67 882 Árbitro: Mark Geiger (Estados Unidos) |
Pogba 79' Yobo 90 2' (p.m.) |
Informe |
||
Alemaña | 2 - 1 (Prórroga 0 - 0) |
Alxeria | 30 de xuño de 2014, 17:00 – Estádio Beira-Rio, Porto Alegre Asistencia: 43 063 Árbitro: Sandro Ricci (Brasil) |
Schürrle 92' Özil 120 2' |
Informe |
Djabou 120 4' | |
Arxentina | 1 - 0 (Prórroga 0 - 0) |
Suíza | 1 de xullo de 2014, 13:00 – Arena de São Paulo, São Paulo Asistencia: 63 255 Árbitro: Jonas Eriksson (Suecia) |
Di María 118' | Informe |
||
Bélxica | 2 - 1 (Prórroga 0 - 0) |
Estados Unidos | 1 de xullo de 2014, 17:00 – Arena Fonte Nova, Salvador Asistencia: 51 227 Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria) |
De Bruyne 93' Lukaku 105' |
Informe |
Green 107' | |
Cuartos de final
editarFrancia | 0 - 1 | Alemaña | 4 de xullo de 2014, 13:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 74 240 Árbitro: Néstor Pitana (Arxentina) |
Informe |
Hummels 13' | ||
Brasil | 2 - 1 | Colombia | 4 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Castelão, Fortaleza Asistencia: 60 342 Árbitro: Carlos Velasco Carballo (España) |
Thiago Silva 7' David Luiz 69' |
Informe |
Rodríguez 80' (pen.) | |
Arxentina | 1 - 0 | Bélxica | 5 de xullo de 2014, 13:00 – Estádio Nacional, Brasilia Asistencia: 68 551 Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia) |
Higuaín 8' | Informe |
||
Países Baixos | 0 - 0 (Penaltis 4 - 3) |
Costa Rica | 5 de xullo de 2014, 17:00 – Arena Fonte Nova, Salvador Asistencia: 51 179 Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán) |
Van Persie Robben Sneijder Kuyt |
Informe |
Borges Ruiz González Bolaños Umaña | |
Semifinais
editarBrasil | 1 - 7 | Alemaña | 8 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Mineirão, Belo Horizonte Asistencia: 58 141 Árbitro: Marco Rodríguez (México) |
Oscar 90' | Informe |
Müller 11' Klose 23' Toni Kroos 24' 26' Khedira 29' Schürrle 69' 79' | |
Países Baixos | 0 - 0 (Penaltis 2 - 4) |
Arxentina | 9 de xullo de 2014, 17:00 – Arena de São Paulo, São Paulo Asistencia: 63 267 Árbitro: Cüneyt Çakır (Turquía) |
Vlaar Robben Sneijder Kuyt |
Informe |
Messi Garay Agüero Rodríguez | |
Terceiro posto
editarBrasil | 0 - 3 | Países Baixos | 12 de xullo de 2014, 17:00 – Estádio Nacional, Brasilia Asistencia: 68 034 Árbitro: Djamel Haimoudi (Alxeria) |
Informe |
Van Persie 3' (pen.) Blind 17' Wijnaldum 90 1' | ||
Final
editar- Artigo principal: Mundial de Fútbol Brasil 2014 - Final.
Alemaña | 1 - 0 (Prórroga 0 - 0) |
Arxentina | 13 de xullo de 2014, 16:00 – Estádio do Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 74 738 Árbitro: Nicola Rizzoli (Italia) |
Götze 113' | Informe |
||
Premios e recoñecementos
editarBota de Ouro
editarPara a designación do gañador da bota de ouro, tomáronse en conta en primeira instancia os goles (GF), seguido polas asistencias de goles realizadas (AST) e finalmente a menor cantidade de minutos xogados (MIN).[30]
Xogador | Selección | GF | AST | MIN |
---|---|---|---|---|
James Rodríguez | Colombia | 6 | 2 | 399' |
Thomas Müller | Alemaña | 5 | 3 | 682' |
Neymar | Brasil | 4 | 1 | 457' |
Lionel Messi | Arxentina | 4 | 1 | 693' |
Robin van Persie | Países Baixos | 4 | 0 | 548' |
Karim Benzema | Francia | 3 | 2 | 450' |
André Schürrle | Alemaña | 3 | 1 | 244' |
Arjen Robben | Países Baixos | 3 | 2 | 690' |
Enner Valencia | Ecuador | 3 | 0 | 270' |
Xherdan Shaqiri | Suíza | 3 | 0 | 387' |
Outros premios
editar- Premio ao Xogo limpo: Colombia
- Premio Luva de Ouro ao mellor porteiro: Manuel Neuer
- Premio ao Mellor xogador do partido final: Mario Götze
- Premio ao Mellor xogador menor de vinte e un anos: Paul Pogba
Controversias
editarOs preparativos para o mundial estiveron empanados por atrasos nas obras[32][33][34][35][36] e protestas de varios sectores da sociedade brasileira, cuestionando o goberno e a FIFA por investir moito en grandes eventos deportivos (como o mundial e os Xogos Olímpicos de 2016) e esixindo melloras en varios sectores sociais, como saúde e educación.[37][38][39] A FIFA deféndese argumentando que:
A FIFA dedica 2 000 millóns de dólares a cubrir os custos operativos do Mundial. Este diñeiro non provén das arcas públicas, senón dos dereitos de televisión e de comercialización. O legado resultante dos investimentos do país anfitrión (estradas, aeroportos e sistemas de telecomunicacións, entre outros) seguirá vixente tralo certame. Segundo a Fundación Instituto de Investigacións Económicas brasileira, o Mundial xerará uns ingresos de 27 700 millóns de dólares para Brasil.(...)
O presuposto brasileiro de educación non foi afectado polo crédito do Banco de Desenvolvemento para a construción dos estadios. Co fin de deixar a Brasil un legado que perdure, a FIFA creou o Fondo do Legado da Copa Mundial, no marco do cal se destinaron 20 millóns de dólares para a posta en marcha dos primeiros proxectos. O obxectivo é construír infraestruturas futbolísticas, fomentar o fútbol base e o feminino e levar a cabo iniciativas para educar os nenos en materia de saúde a través deste deporte. Desde que Brasil se adxudicou a organización da cita mundialista en 2007, o goberno do país anfitrión investiu máis de 340 000 millóns de dólares en educación e saúde.[40]
Notas
editar- ↑ People's Daily, ed. (19 de xaneiro de 2003). "Argentina, Brazil and Colombia want 2014 World Cup" (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2011.
- ↑ Associated Press (28 de febreiro de 2007). El Universal, ed. "Blatter descarta a Colombia para el mundial 2014" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2014. Consultado o 3 de abril de 2014.
- ↑ Axencia EFE (11 de abril de 2007). ESPN, ed. "No puede competir con Brasil" (en castelán). Consultado o 3 de abril de 2014.
- ↑ "Brazil confirms bid – Colombia withdraws". Fifa.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2013. Consultado o 9 de outubro de 2011.
- ↑ Folha Online, ed. (30 de outubro de 2007). "FIFA oficializa Brasil como sede da Copa do Mundo-2014". Consultado o 3 de abril de 2014.
- ↑ Folha Online, ed. (30 de outubro de 2007). "Brasil vê agora disputa interna para a definição das subsedes da Copa". Consultado o 3 de abril de 2014.
- ↑ "FIFA's Inspection Report" (PDF) (en inglés). 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2014. Consultado o 4 de abril de 2014.
- ↑ BBC News, ed. (31 de maio de 2009). "Host cities – World Cup" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2014.
- ↑ FIFA, ed. (12 de marzo de 2009). "Host Cities for Brazil 2014 to be announced in May" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2014. Consultado o 4 de abril de 2014.
- ↑ Monteiro, Marcelo (31 de maio de 2005). Globo Esporte, ed. "Sedes da Copa de 1950 voltam a ter a honra no Mundial de 2014". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2010. Consultado o 4 de abril de 2014.
- ↑ "Price tag rises for Brazil's World Cup stadiums". Goal.com. 28 November 2013.
- ↑ "2014 Fifa World Cup: Where are the 12 host stadiums in Brazil?" (en inglés). BBC. 3 de decembro 2013. Consultado o 4 de abril de 2014.
- ↑ APP (17 de xuño de 2010). SBS, ed. "Sao Paulo dropped for 2014" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2010. Consultado o 4 de abril de 2014.
- ↑ NewVision, ed. (28 de xaneiro de 2013). "Brazil's first 2014 World Cup stadium holds matches" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 5 de abril de 2014.
- ↑ SportsBusinessDaily, ed. (3 de maio de 2013). "Brazil's Fortaleza Becomes First World Cup City To Deliver Finished Stadium" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2014.
- ↑ Financial Times, ed. (2 de maio de 2013). "Fortaleza first city to strike World Cup goal for Brazil" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2014.
- ↑ FIFA.com, ed. (2014). "Sedes de treinamento das seleções" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 5 de abril de 2014.
- ↑ 18,0 18,1 FIFA.com, ed. (8 de xullo de 2010). "Journey to Brazil 2014 begins" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- ↑ Associação dos Designers Gráficos Brasil (ed.). "Copa do Mundo 2014: uma oportunidade desperdiçada?". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- ↑ Portal 2014, ed. (02 de xuño de 2010). "Designers gráficos criticam o logo da Copa 2014". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2010. Consultado o 8 de xuño de 2014.
- ↑ Sousa, Dayanne (9 de xullo de 2010). Terra Magazine, ed. "Designer critica logo da Copa 2014: "É uma porcaria"". Consultado o 8 de xuño de 2014.
- ↑ FIFA.com, ed. (2 de setembro de 2012). ""adidas Brazuca" – nome da Bola Oficial escolhido por torcedores brasileiros". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de xuño de 2014.
- ↑ Gorst, Paul (29 de maio de 2014). Mirror, ed. "Watch advert for Adidas Brazuca World Cup match ball before it goes on sale on Sunday". Consultado o 11 de xuño de 2014.
- ↑ Baltar, Marcelo; Costa, Felippe; Iannacca, Márcio (30 de xaneiro de 2013). "Fifa divulga pôster oficial da Copa com referências à cultura brasileira". Globov Esporte. Consultado o 12 de xaneiro de 2014.
- ↑ 25,0 25,1 "Embaixadores da Copa do Mundo da FIFA apresentam cartaz oficial". FIFA.com. 30 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ Estadão, ed. (11 de setembro de 2012). "Fifa registra tatu-bola como mascote da Copa de 2014 e fará anúncio domingo". Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ 27,0 27,1 Globo Esporte, ed. (25 de novembro de 2012). "Mascote oficial da Copa do Mundo de 2014, tatu-bola já tem nome: Fuleco". Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ FIFA.com, ed. (2012). "Fuleco". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2014. Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ "Rio draw pits Spain against France". FIFA.com. 30 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2013.
- ↑ "Resultados da Bota de Ouro". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 14 de xullo de 2014.
- ↑ "Vídeo mostra prisão de manifestantes que se escondiam em hotel no centro". 26 de xaneiro de 2014. Consultado o 23 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Se agudiza preocupación en Brasil por retraso en obras a dos meses del Mundial". Santiago: La Tercera. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "Brasil 2014: preocupa retraso en estadios a 49 días de inicio del mundial". Lima: El Popular. 24 de abril de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "Retraso en los estadios limita la venta total de boletos para Brasil 2014". CNN México. 25 de abril de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "MUNDIAL 2014: Valcke vuelve a advertir sobre retrasos en los estadios". Beijing: People Daily. 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "Joseph Blatter volvió a criticar a Brasil por retrasos en entrega de estadios". Bogotá: Caracol TV. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "Ola de protestas en Brasil contra el Mundial de Fútbol". Clarín. 16 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "Fotos: Protestas contra la Copa Mundial de Fútbol 2014 recorren Brasil y el mundo". RT. 16 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "Brasil-2014: El desafío de un Mundial bajo protestas". Teletica. 1° de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
- ↑ "¿Sabías que...?" (PDF). The FIFA Weekly (31). 23 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de maio de 2014. Consultado o 29 de maio de 2014.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial da FIFA World Cup 2014 Arquivado 20 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Regulamento oficial da Copa Mundial da FIFA Brasil 2014 Arquivado 05 de maio de 2014 en Wayback Machine.