Muhammad Ali

boxeador estadounidense

Muhammad Ali-Haj, nado co nome de Cassius Marcellus Clay en Louisville (Kentucky) o 17 de xaneiro de 1942 e finado en Scottsdale (Arizona) o 3 de xuño de 2016[1], foi un boxeador afroamericano. Foi un dos máis grandes boxeadores mundiais, coñecido tamén polo seu activismo político.

Modelo:BiografíaMuhammad Ali

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Cassius Marcellus Clay, Jr. Editar o valor en Wikidata
17 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Louisville, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 2016 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Scottsdale, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza respiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCave Hill Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaScottsdale
Cherry Hill (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónSanta Monica College
Central High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade - 11 de decembro de 1981 Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJhoon Goo Rhee (pt) Traducir e George Dillman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deporteboxeo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaboxeo Editar o valor en Wikidata
Clase de competiciónpeso pesado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Adestrado porAngelo Dundee Editar o valor en Wikidata
Participou en
1960Xogos Olímpicos de 1960 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeYolanda Williams (1986–2016), morte da persoa
Veronica Porche Ali (1977–1986), divorcio
Khalilah Ali (1967–1977), divorcio
Sonji Roi (1964–1966), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosRasheda Ali
 () Khalilah Ali
Maryum Ali
 () Khalilah Ali
Muhammad Ali Jr.
 () Khalilah Ali
Hana Ali
 () Veronica Porche Ali
Laila Ali
 () Veronica Porche Ali Editar o valor en Wikidata
PaisCassius Marcellus Clay Sr. Editar o valor en Wikidata  e Odessa Grady Clay Editar o valor en Wikidata
IrmánsRahman Ali Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
lighting the Olympic cauldron (en) Traducir
Clay v. United States (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webali.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000738 Allocine: 36190 Rottentomatoes: celebrity/muhammad_ali Allmovie: p915 IBDB: 35531
Twitter: MuhammadAli BNE: XX1181021 Musicbrainz: 9127d17a-8005-46a9-bf9d-b46e92f2952f Songkick: 33730 Discogs: 669210 Allmusic: mn0001451782 Olympic.org: cassius-clay WikiTree: Clay-1582 Find a Grave: 163854966 Editar o valor en Wikidata
Muhammad Ali.

Traxectoria

editar

Aos 12 anos denunciou o roubo da súa bicicleta a un policía que resultou ser adestrador de boxeo e que lle suxeriu que estaba capacitado para a práctica dese deporte, e baixo a súa tutela comezou a loitar nas categorías xuvenís. Nos Xogos Olímpicos de 1960, en Roma gaña unha medalla de ouro na categoría de pesos lixeiros e decide converterse en profesional baixo a tutela de Angelo Dundee.

Clay pronto comezou a se volver famoso polo seu estilo pouco ortodoxo, os seus resultados espectaculares e a súa constante autopromoción. Moitas veces recitaba poemas compostos por el mesmo nos que mencionaba en cal round noquearía ó seu opoñente. Polo outro lado, eran recoñecidas as súas gabanzas a si mesmo, con frases como "son o máis grande" ou "son xove, fermoso, veloz e ninguén me pode vencer".

O 29 de outubro de 1960, en Louisville, obtivo a súa primeira vitoria como profesional. Foi por puntos, nunha pelea a 6 rounds enfrontándose a Tunney Hunsaker, quen era o xefe de policía de Fayetteville, West Virginia. Entre 1960 e 1963, o xove púxil alcanzou un récord de 19-0, incluíndo 15 knockouts. Derrotou a boxeadores do talle de Tony Esperti, Jim Robinson, Donnie Fleeman, Duke Sabedong, Alonzo Johnson, George Logan, Willi Besmanoff e Lamar Clark (o cal gañara as súas 40 peleas anteriores por knockout).

Primeira época como campión

editar

Entre as vitorias máis resoantes de Clay nesta época, deben resaltarse as disputadas con Sonny Banks (o cal logrou tirar á lona a Cassius durante a pelea), Alejandro Lavorante, e Archie Moore (unha lenda do boxeo que tiña no seu haber 200 vitorias). Curiosamente, tanto Banks como Lavorante morreron no ring en combates posteriores. Cassius transformouse no contendente número un polo título que naquel entón ostentaba Sonny Liston. Liston era temido e respectado, e practicamente ninguén outorgáballe ó novo boxeador oportunidades de derrotar ó campión. Liston non só conseguira a coroa ó noquear no primeiro asalto a Floyd Patterson, senón que tamén o demoleu no desquite. Igualmente despachou pola vía rápida a Cleveland Williams, Nino Valdés e Zora Folley. Porén, Cassius conseguiu a vitoria neste combate coa súa peculiar técnica que el mesmo definira como "voo coma unha bolboreta e pico coma unha abella" a cal baseábase en moverse ó redor do rival e ir golpeándoo constantemente de forma que o rival non puidese pensar en case ningún momento do combate, un ano despois Cassius Clay (chamado xa Muhammad Ali pola súa conversión ós musulmáns negros) deu o desquite co título do mundo en xogo a Sonny Liston pero este non puído facer nada e foi derrotado no primeiro asalto cun dos KO máis bonitos da historia do boxeo, o golpe co que o noqueou foi coñecido como a man pantasma.

Ali defendería a súa coroa de campión do mundo dos pesos pesados en diversas ocasións ata que pola súa negativa a acudir á guerra do Vietnam, este foi desposuído do seu título e condenado a 5 anos de prisión. Así tamén (pese a que custe crelo) Alí admitiu que Oscar Natalio "Ringo" Bonavena foi o seu mellor opositor.

Segunda época como campión

editar

A súa primeira derrota produciuse ó tratar de reconquistar o cinto dos pesados ante Joe Frazier, derrota que foi por puntos en 15 asaltos. Non tardaría en ter outra oportunidade e lograría a lendaria vitoria de Kinshasa ante o pegador George Foreman. Renovaría o título ante Frazier nun brutal combate e logo defendeuno ante diferentes boxeadores como Norton, Hepner, Evangelista o Shavers. Sorprendentemente perdeuno ante Leon Spinks, un boxeador que viña de disputar os xogos olímpicos e levaba 8 combates profesionais. A pesar de que todo fora bonito no desquite impúxose por puntos ante o propio Spinks.

Anunciou a súa retirada do boxeo, aínda que volveu no ano 1980 para disputar o título mundial ante Larry Holmes, co que perdeu antes do límite, e un combate que perdeu a puntos contra Trevor Berbick, en 1981. Tras estes combates, poñía fin a súa carreira no boxeo profesional de forma definitiva. O seu récord ó final da súa carreira é de: 61 combates disputados con 56 vitorias (37 por KO) e 5 derrotas, considerándose así coma un dos maiores boxeadores da historia.

  1. Schuppe, Jon (3-6-2016). "Muhammad Ali, "The Greatest" of all time, dead at 74". NBC News. Consultado o 3-6-2016.