Movemento feminista en Galicia
O movemento feminista en Galicia forma parte dun movemento global de índole política, cultural, económica e social co obxecto de procurar a igualdade de dereitos entre homes e mulleres a escala mundial, se ben pon o foco no ámbito galego. A tese máis estendida sitúa a súa nacenza como movemento organizado, o feminismo, no periódico histórico que, no ámbito estatal, se denomina transición[1] dentro da segunda onda do feminismo.
Traxectoria
editarO inicio do movemento organizado de mulleres en Galicia está moi ligado ao antifranquismo, a Asociación Galega da Muller fundouse en 1975[2] nun contexto mundial no que a ONU declarara o ano internacional da muller[2][3] e no que no ámbito estatal en decembro en Madrid se planificaran as primeiras xornadas de liberación da muller.[2]
Anterior a AGM estaba o MDM e dunha fractura de AGM organizouse a FIGA.[2]
En 1986 xurdiu MNG, inicialmente de mulleres do BNG, con dúas frontes: a antipatriarcal e a nacionalista.[2]
Entre as revistas importantes do movemento feminista en Galicia encádranse Andaina e a Festa da Palabra Silenciada e entre as activistas na historia do feminismo galego sitúanse Nanina Santos, do equipo de redacción de Andaina, María Xosé Queizán, impulsora de Festa da Palabra Silenciada, Luísa Ocampo, de Mulheres Nacionalistas Galegas e Lupe Ces, impulsora nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres.[2]
Notas
editar- ↑ Amaia Mauleón (18 de marzo de 2010). "Feminismo en tierra gallega". Faro de Vigo. Consultado o 13 de marzo de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Historia do movemento feminista galego. Debate feminista na Casa das Mulleres Xohana Torres". tm.santiagodecompostela.gal. 2018-04-18. Consultado o 2020-09-02.
- ↑ "Conferencias mundiales sobre la mujer". ONU Mujeres (en castelán). Consultado o 2020-09-02.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Adán, Carme (2003). Feminismo e coñecemento : Da experiencia das mulleres ao cíborg. Espiral Maior. ISBN 9788495625625.
- Bar Cendón, Mónica (2010). Feministas galegas: Claves dunha revolución en marcha. Xerais. ISBN 8499140793.
- Costales, Mariám; Pérez Pais, Carmen (2013). Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia. Comisión de Igualdade do CCG. ISBN 978-84-92923-45-8.
- López Silva, Inma (2019). Chámame señora pero trátame como un señor. Galaxia.
- #Nãomekahlo. Feminismo além das redes. Através. 2019. ISBN 978-84-16545-27-8.
- Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo. López Silva, Inma (coord.). Galaxia. 2019. ISBN 978-84-9151-273-8.
- Oliveira Malvar, Chis; Traba, Amanda (2019). ám@me. Galaxia. ISBN 978-84-9151-263-9.
- Queizán, María Xosé (1977). A muller en Galicia. Ediciós do Castro.
- Queizán, María Xosé (1980). Recuperemos as mans. Edicións do Cerne.
- Queizán, María Xosé (1995). Escrita da certeza. Por un feminismo optimista. Espiral Maior. ISBN 9788488137494.
- Queizán, María Xosé (2017). Rosalía de Castro e o poder sexual. Xerais. ISBN 978-84-9121-253-9.
- Couceiro Castro, Miriam (2021). A Galiza feminista. Tebras e alboradas. Galaxia. p. 116. ISBN 978-84-9151-625-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Publicacións históricas do feminismo galego
- Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do CCG
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|