Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
O mosteiro cisterciense do Divino Salvador de Santa María de Ferreira de Pantón, situado na parroquia de Ferreira de Pantón, no concello de Pantón, é actualmente o único mosteiro feminino da orde do Císter en Galicia.[1]
Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón | |
---|---|
Vista do conxunto. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Localización | Ferreira de Pantón (Pantón) |
Coordenadas | 42°30′30″N 7°37′11″O / 42.50833333, -7.61972222 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Lugo |
Arquitectura | |
Construción | século XI (igrexa), século XVI (claustro), século XVIII (mosteiro) |
Estilo | románico (igrexa), renacentista (claustro), barroco (mosteiro) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarParece que foi un mosteiro dúplice desde os primeiros tempos até o século XII. En 1175, [2]despois dunha fase de decadencia, a condesa Fronilda de Lemos restaura a vida monástica, o mosteiro rehabilítase e intégrase na orde do Císter baixo dirección dos monxes de Meira. A xurisdición destes prolongarase até 1600, cando o cenobio se integra na Congregación de Castela.
Foi declarado Monumento Histórico-Artístico de carácter nacional en 1975.[2] Como Ben de Interese Cultural (BIC.000.328) foi incluído en 2018 na declaración de Ben de Interese Cultural da paisaxe cultural da Ribeira Sacra.[3] É o único mosteiro da Ribeira Sacra que mantén a unha comunidade relixiosa.[4]
Descrición
editarAccédese ao conxunto a través dun arco de entrada do século XVIII. A fachada é de tipo renacentista. Posúe un torreón á dereita, rematado nun mirado con balaustrada de pedra. O seu único claustro -o regular- atópase ao oeste da igrexa, pegado á fachada da mesma.
A hospedaría, con galería e columnata de pedra a modo de pazo, forma ángulo co edificio. No espazo oposto está a Casa das Donas, onde se aloxaban as damas da nobreza que tomaban os hábitos.
No interior do mosteiro, destaca a parte baixa do claustro renacentista: arcos de medio punto sobre capiteis xónicos e bases toscanas sosteñen unha cornixa saínte sobre a que debía descansar un segundo claustro que non chegou a construírse.
A igrexa
editarA igrexa do mosteiro é o maior valor artístico do conxunto pola súa ornamentación profusa e diversa, sobre todo na súa ábsida. Considérase que a súa construción foi anterior á incorporación do mosteiro á orde do Císter.
Consta dunha soa nave rectangular. A ábsida ten forma semicircular precedida de tramo recto. Neste tramo, cuberto con bóveda de canón, están os sepulcros de Diego e seu fillo, Lope Sánchez de Lemos.[5][2] O tramo curvo, con bóveda de cuarto de esfera, ten tres ventás enmarcadas por arcos de medio punto, ao dereito e invertidos. Tamén na ábsida son admirábeis os motivos vexetais, animais e antropomorfos dos capiteis e dos canzorros.
Galería de imaxes
editarNotas
- ↑ "Nuestro Monasterio - monasteriodeferreira.net". www.monasteriodeferreira.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2021. Consultado o 2021-02-24.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "DECRETO 2495/1975, de 23 de agosto, por el que se declara monumento histórico artístico de carácter nacional el Monasterio Cisterciense de Ferreira de Pantón (Lugo)." (PDF). Boletín Oficial del Estado (23 de outubro de 1975) 254: 22296. 23 de agosto de 1975. A22296-22296.
- ↑ "DECRETO 166/2018, do 27 de decembro, polo que se declara ben de interese cultural a paisaxe cultural da Ribeira Sacra." (PDF). Diario Oficial de Galicia (31 de decembro de 2018) (248): 54800. 7 de decembro de 2018.
- ↑ "Ribeira Sacra. Mosteiro de San Salvador de Ferreira". Ribeira Sacra. Consultado o 2021-12-27.
- ↑ La Voz de Galicia (2004). Monasterios de Galicia. [A Coruña]: La Voz de Galicia. ISBN 84-933775-5-4. OCLC 865297077.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón |
Bibliografía
editar- Yáñez Neira, Daniel (2005). "Fronilde". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Monasterios de Galicia. [A Coruña]: La Voz de Galicia. 2004. ISBN 84-933775-5-4. OCLC 865297077.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do mosteiro. Arquivado 04 de marzo de 2021 en Wayback Machine.
- turismo.gal Xunta de Galicia.
- Mosteiro Cisterciense de Ferreira na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.