Morbid Angel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |
Morbid Angel é un grupo de death metal procedente de Florida, Estados Unidos. É considerada como banda pioneira dentro do estilo xunto a bandas como Death, Vader, Deicide, Obituary, Possessed e Cannibal Corpse. Foi formada en 1983.
Morbid Angel | |
---|---|
Orixe | Tampa, Florida, |
Período | 1984 - actualidade |
Xénero(s) | death metal |
Selo(s) discográfico(s) | Combat, Earache, Giant, Candlelight, Roadrunner, New Renaissance, Season of Mist |
Membros | Trey Azagthoth Pete Sandoval David Vincent Destructhor |
Antigos membros | Mike Browning Wayne Hartsell Dallas Ward Richard Brunelle Kenny Bamber Sterling Von Scarborough Steve Tucker Erik Rutan Jared Anderson Tony Norman John Ortega Michael Manson |
Na rede | |
http://www.morbidangel.com/ | |
Membros
editar- Trey Azagthoth - Guitarra, sintetizador, teclados, coros (1983 - presente)
- Pete Sandoval - Batería, percusións (1988 - presente)
- David Vincent - vocais, baixo (1986 - 1996, 2004 - presente)
- Destructhor - Guitarra rítmica (2008- presente)
Historia
editarTrey Azagthoth xunto a Mike Browning e David Vincent comezan un grupo musical chamado Morbid Angel co disco Abominations of Desolation, pero este non sería sacado ata varios anos máis tarde, polo que o seu primeiro disco oficial é Altars of Madness, editado en 1989, que coas súas guitarras a voz de Vincent fixérono un son novo e rechamante dentro do estilo.
Logo virían traballos como Blessed are the Sick en 1991 e Covenant en 1993. Morbid Angel foi a primeira banda de death metal que asinaba cunha discográfica importante ao facer Covenant.
Domination converteuse na súa obra capital e nun dos discos alicerces dun xénero que xa empezaba a esgotarse, expandiendo e fundamentando todo aquilo que antes realizaran.
Formulas Fatal to the Flesh supuxo o regreso a un son menos técnico e máis primitivo e brutal, seguido por Gateways to Annihilation, integrando novos tipos de voces e guitarras. Aínda que a formación tivo varios cambios ao pasar os anos, o son de Morbid Angel non presentou gran variación.
Como dato curioso, o nome dos seus discos están ordenados por orde alfabético segundo a data de creación, ademais no disco Formulas Fatal to the Flesh ten tres letras F que significa 666 xa que a letra F é a sexta no abecedario.
Discografía
editarÁlbums
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Altars of Madness | 1989 | Earache Records |
Blessed are the Sick | 1991 | Earache Records |
Covenant | 1993 | Giant Records |
Domination | 1995 | Giant Records |
Formulas Fatal to the Flesh | 1998 | Earache Records |
Gateways to Annihilation | 2000 | Earache Records |
Heretic | 2003 | Earache Records |
llud Divinum Insanus | 2011 | Season of Mist |
Kingdoms Disdained | 2017 | Silver Lining Music |