Monte Castrove

monte na provincia de Pontevedra

O Monte Castrove é un monte galego situado na comarca de Pontevedra, que serve de límite administrativo entre os concellos de Barro, Meis, Pontevedra e Poio. Ten unha elevación de 613 metros sobre o nivel do mar dominando o interior da ría de Pontevedra.

Modelo:Xeografía físicaMonte Castrove
Imaxe
Vista da ría de Pontevedra dende o monte Castrove con Combarro, a illa de Tambo e Marín ao fondo.
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaPoio, España, Pontevedra, España, Barro, España e Meis, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°28′57″N 8°42′09″O / 42.482372, -8.702597
Características
Altitude613 m Editar o valor en Wikidata

No seu cumio están instaladas antenas de comunicacións. As súas abas están ocupadas por masas forestais de repoboación de eucalipto. Nas súas ladeiras existe un campo de golf, así como o bosque de sequoias de Poio e restos de petróglifos.[1]

  1. "Un roteiro polos petróglifos do monte Castrove". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-04-04. Consultado o 2024-05-31.