Montana Jones
Montana Jones (モンタナ・ジョーンズ Montana Jōnzu?) é un anime italo-xaponés que foi emitido no Xapón a través da canle NHK dende o 2 de abril de 1994 ata o 8 de abril de 1995.[1] Studio Junio (Xapón) e REVER (Italia) crearon xuntos os 52 episodios da serie. Montana Jones ten un deseño semellante ó de Sherlock Hound, resultado da colaboración de Rever e TMS Entertainment dez anos antes, en 1984. Os caracteres antropomórficos en Montana Jones son felinos, no canto dos cans empregados en Sherlock Hound. En Galicia emitiuse no espazo infantil-xuvenil Xabarín Club.
Montana Jones | |
---|---|
モンタナ・ジョーンズ (Montana Jōnzu) | |
Anime Montana Jones | |
Dirixido por | Tetsuo Imazawa |
Estudio | Studio Junio |
Canle televisiva | NHK |
Primeira emisión | 2 de abril de 1994 |
Última emisión | 8 de abril do 1995 |
Núm. de capítulos | 52 |
A historia ten lugar na década de 1930 e trata das aventuras de Montana Jones, que viaxa na busca de tesouros xunto co seu curmán Alfred Jones e a fermosa xornalista Melissa Sone. Nas súas viaxes visitan lugares e cidades reais como as Pirámides de Gizeh, o Taj Mahal, Istambul ou a Illa de Pascua. Frecuentemente enfróntanse con Lord Zero, un rico e excéntrico ladrón. O anime está claramente inspirado nos filmes de Indiana Jones.
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Montana Jones na IMDb (en inglés).