Mondoñedo
Mondoñedo (do latín mindunietum, medieval) é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.991 habitantes, cunha densidade de poboación de 28 hab./km². O seu xentilicio é «mindoniense».
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital de | |||||
Capital | Mondoñedo | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.439 (2023) (24,11 hab./km²) | ||||
Xentilicio | mindoniense | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 142,66 km² | ||||
Altitude | 141 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Manuel Ángel Otero Legide (2020–) | ||||
Eleccións municipais en Mondoñedo | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27740 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27030 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | concellomondonedo.es |
Mondoñedo ten sé episcopal compartida con Ferrol. O bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol reside alternativamente nunha e noutra cidade.
Xeografía
editarO concello de Mondoñedo atópase na metade norte da provincia de Lugo, e ten unha superficie de 142,7 km². Fai fronteira polo norte cos concellos de Alfoz e Foz, polo sur, coa Pastoriza e Riotorto, polo leste, con Lourenzá e polo oeste, con Abadín. A poboación de Mondoñedo distribúese ao longo das 15 parroquias que forman o concello.
É a capital da comarca da Mariña Central, malia ser a terceira cidade en poboación, despois de Foz e Burela.
Entre o seu patrimonio natural destaca a cova do Rei Cintolo, situada no lugar de Supena (parroquia de Argomoso), e que cos seus 7.500 metros de lonxitude constitúe a maior cova de Galicia[1], e os saltos naturais da Fervenza, formada polo río Tronceda afluente do Masma e o Salto do Coro, formado polo rego de Argomoso, afluente do río Valiñadares.
Alfoz | Foz | Lourenzá |
Alfoz e Abadín | Lourenzá | |
Abadín | A Pastoriza | Riotorto |
Demografía
editarA evolución demográfica do concello presenta unha perda demográfica dende principios do século XX. Dende a década de 1900 ata a década dos 40 os censos decenais mostraban unha progresiva mingua da poboación mindoniense, ata o momento en que ten lugar unha certa recuperación vencellada á finalización da guerra civil (1936-1939), empezando de novo a diminución da poboación ata a década dos 70, a partir da cal produciuse un estancamento da poboación ata o día de hoxe. A consecuencia desta diminución da poboación é debido ao crecemento vexetativo de signo negativo e a emigración (1950-1970).
Porén, nos últimos anos, o aumento da taxa de natalidade e a crecente chegada de inmigrantes á cidade auguran, cando menos, unha estabilización da situación. En Mondoñedo, actualmente, o índice de natalidade vai en aumento. Se ata finais do século XX o índice descendía co paso dos anos, a partir do 2001 comezou unha importante tendencia ascendente. Chegouse, nun único lustro, a case duplicar os valores de natalidade obtidos no ano 2000.
Outro factor importante á hora de falar de tendencias demográficas é a inmigración. Nos últimos anos medrou considerablemente o número de persoas chegadas ao concello dende fóra de España. Os inmigrantes, en boa parte africanos e americanos, veñen traballar maioritariamente no sector da construción. Se no ano 1996 só residían 11 estranxeiros en Mondoñedo, situación que se mantivo ata 1999, os datos do último censo confirman un considerable incremento. En 2006 xa había 136 estranxeiros na cidade, dos cales 36 chegaran de África e 55 de América.
Censo total (habitantes) | 3.991 (2014) |
Menores de 15 anos | 351 (8,79 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.249 (56,35 %) |
Maiores de 65 anos | 1.391 (34,85 %) |
Evolución da poboación de Mondoñedo Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
10.590 | 8.673 | 8.533 | 6.946 | 4.904 | 4.508 | 4.299 | 4.183 | 4.074 | 3.991 | 3.876 | 3.820 | 3.722 | 3.639 | 3.568 | ||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
editarO val no que se atopa o concello conserva numerosos restos arqueolóxicos como dolmens, castros, coma o de Zoñán e petróglifos, os cales amosan que xa existían asentamentos na vila dende o neolítico.
A primeira mención a Mondoñedo é de 1112: a raíña Urraca trasladou a sé episcopal de San Martiño de Mondoñedo (da que herda o nome) a Vilamaior do Val de Brea (ou Vilamaior de Brea), ou Valibria (ou Vallibria), a actual Mondoñedo [2]. En 1156 Afonso VII concedeulle a categoría de cidade. A sé episcopal trasladouse a Ribadeo entre 1182 e 1230 para fomentar o poboamento desta vila.
A vila é onde se celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa (1569).[3]
O episodio máis soado da historia antiga de Mondoñedo foi a decapitación do mariscal Pardo de Cela. Acusado de traizón e apresado no seu castelo da Frouseira, a súa muller obtivo o perdón da raíña Isabel a Católica, pero os inimigos do Mariscal detiveron os portadores do indulto real na ponte do Pasatempo o tempo preciso para que fose executado.
O seu casco vello foi declarado Conxunto Histórico-Artístico en 1985, nel destacan a praza da catedral, monumento nacional construído no século XIII e cara onde conflúen todas as rúas da vila. En Mondoñedo destacan outros edificios coma o Santuario dos Remedios, construído a mediados do século XVIII, o Hospital de San Paulo, construído na mesma época, o Convento da Concepción, o Mosteiro dos Picos e o Seminario Conciliar. A paisaxe arquitectónica da vila caracterízase polos tellados de lousa das casas que rematan nuns picos de pedra típicos chamados "ameas" para protexerse contra o vento. A vila de Mondoñedo é un dos puntos polos que pasa o Camiño de Santiago, sendo lugar de descanso para os peregrinos. Aparece vencellada historicamente coa diocese de Britonia-moi posibelmente abranguendo terras entre a serra do Xistral e a foz do río Navia- e coa chegada de poboación bretoa procedente da illa do mesmo nome no século V. Entre estes sobrancea a figura do bispo Mailoc.
Foi capital da provincia de Mondoñedo, unha das sete provincias galegas históricas até 1833.
Cultura
editarToponimia
editarO topónimo Mondoñedo procede probablemente do termo preindoeuropeo *mund (que significa 'monte'), mais a forma celta onna ('fonte' o 'río', como en Oñate, Santoña o Garona) co engadido do sufixo de reforzo -etu, o que se correspondería coa abundancia de ríos e fontes na zona.[4]
Patrimonio
editarPatrimonio histórico e artístico
editar- A catedral de Mondoñedo é Monumento Nacional. Foi construída polo bispo Martiño entre 1230 e 1248 e conserva a porta románica primitiva. Conta cun rosetón oxival do século XIII; as xanelas barrocas, as torres e o frontón son do século XVIII, mandados facer polo bispo Muñoz e Salcedo. No interior, a cabeceira é de estilo románico e vaise tornado en oxival conforme avanzan as naves. Por baixo dos dous órganos do século XVIII hai pinturas murais do século XIV; unhas representan a Degolación dos Inocentes e as outras cenas da vida de San Pedro. O museo catedralicio contén pezas arqueolóxicas da catedral e das parroquias veciñas, tallas, pinturas, gravados, retablos e outros obxectos litúrxicos.
- Hospital de San Paulo, construído tamén na mesma época. Por riba da porta destacan o escudo de Mondoñedo e o propio de Sarmiento. Disque Sarmiento tiña a "doenza da pedra" polas moitas construcións que fomentou e que quixo abrir unha canle polo Masma para traer a auga do mar até Mondoñedo.
- Mosteiro dos Picos:
- A Alameda, situada entre o Santuario dos Remedios e os Hospital de San Paulo, foi plantada en 1863 polo rexedor Luís de Luaces, que celebrou a primeira Festa da Árbore de Europa. Hai un monólito conmemorativo.
- Mosteiro de Alcántara, do século XVIII, abandonado na actualidade.
- Convento da Concepción, de comezos do século XVIII, construído para acoller as monxas concepcionistas que habitaban no pazo de Couto do Outeiro, sen se ateren aos canons do Concilio de Trento.
- Santuario dos Remedios, construído a mediados do século XVIII polo bispo Antonio Alejandro Sarmiento Sotomayor en estilo barroco.
- Pazo do rexedor Luaces, número 6 da praza da Pena de Francia, de estilo gótico isabelino.
- Consistorio Vello, construído no século XVI. Ten un escudo de Carlos V na fachada, un eneixado de ferro forxado e unha forneliña a San Roque, por un antigo voto do concello. Actualmente é a biblioteca municipal.
- Pazo Episcopal, incendiado en 1832 e moi restaurado logo.
- Fonte Vella de Álvaro Cunqueiro, construída en 1548 polo bispo Diogo de Soto. Ten os escudos de Carlos V e do propio bispo.
- Capela de San Roque, do século XV.
- Ponte do Pasatempo, nos Muíños de Arriba, onde tivo lugar a dramática escena do final da vida de Pardo de Cela. Cruza o río Valiñadares, no que houbo noutrora moitos muíños. Ten un único arco de medio punto de 7 m. de luz construído en xisto e cantería coa calzada alombada e grosos muros.
- Seminario de Santa Catarina, do século XVIII, cunha balconada de ferro, os escudos dos fundadores, e a imaxe de Santa Catarina.
- Casa do Concello, pazo do século XVIII. Ten un escudo da cidade na fachada. Foi cuartel.
- Cuartel da Garda Civil, antigo pazo do século XVIII, con escudos.
- Cemiterio vello, cos restos de Pascual Veiga, Cunqueiro ou Leiras Pulpeiro.
- Museo de Cunqueiro. Inaugurado no 2019.[5]
Mondoñedo na literatura popular
editarGalería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Mondoñedo.
-
Museo do Mago Merlín
-
edificio
-
Tumba de Álvaro Cunqueiro no Cemiterio Vello de Mondoñedo
-
Tumba de Manuel Leiras Pulpeiro no Cemiterio Vello (Hoxe parque) de Mondoñedo
-
Igrexa de Santiago
-
Detalle da fachada do Hospital de San Paulo
-
Fonte da zapata
-
Casa do concello
-
Casa do concello, vista dende a pza. do Concello
-
Casa museo de Álvaro Cunqueiro
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mondoñedo |
Lugares de Mondoñedo
editarPara unha lista completa de todos os lugares do concello de Mondoñedo vexa: Lugares de Mondoñedo.
Parroquias
editarNotas
editar- ↑ http://www.mondonedo.net/content/view/35/52/lang,gl/ Arquivado 08 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Cova do Rei Cintolo
- ↑ Concello de Foz. "Catedral de San Martiño". Consultado o 14 de outubro de 2014.
San Martiño foi sede episcopal dende o ano 870 ata o 1112. Chegaron a pasar por esta sede 15 bispos, entre eles San Rosendo e D. Gonzalo, último bispo da diocese, que non se debe confundir co San Gonzalo, Bispo Santo, da lenda das naves. Á morte do bispo Gonzalo, no ano 1112, a raíña Urraca traslada a sede a Vallibria ou Vilamaior de Brea, actual Mondoñedo.
- ↑ "Una fiesta centenaria, la del árbol, cumple hoy 450 años en Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-02-02. Consultado o 2019-02-02.
- ↑ *VV.AA. (2000). Real Academia de la Historia, ed. "Boletín de la Real Academia de la Historia. TOMO CXCVII. NÚMERO I.": 37.
- ↑ "Un día para la historia de Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-03-02. Consultado o 2019-03-03.
- ↑ San Lucas celébrase o 18 de outubro, e en Mondoñedo celébranse unhas afamadas festas, chamadas as San Lucas.
- ↑ Oirán é parroquia de Mondoñedo; A Frouseira, unha montaña entre os concellos de Foz e Alfoz; e o río Ouro nace e desemboca no concello de Foz. O Valadouro é concello ó norte da provincia de Lugo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mondoñedo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- O portal de Mondoñedo Arquivado 22 de outubro de 2009 en Wayback Machine.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |