Momento angular

produto vectorial da cantidade de movemento polo vector de posición

O momento angular, tamén chamado cantidade de movemento angular, (L = Iω), equivale ao produto vectorial da cantidade de movemento polo vector de posición.

A súa conservación implica a non existencia de momentos de forzas externos ó sistema, o que se dá por exemplo, en campos centrais como o gravitatorio arredor do Sol, orixe dunha das leis de Kepler.

Ecuación

editar
 
Relación entre a forza (F), torque (τ), e vectores momento (p e L) nun sistema en rotación.

A forma máis común de se determinar a cantidade de movemento angular ( ) dun corpo é a través do produto de seu momento de inercia ( ) e a súa velocidade angular ( )

 

Tamén pode ser determinada a través do raio ( ) do movemento angular e da cantidade de movemento linear ( ) do corpo.

 

ou en cantidades escalares

 

O momento angular é excepcionalmente útil na resolución de sistemas rotacionais, sexan eles formados por corpos ríxidos ou por sistemas de partículas. Na verdade é útil en todos os casos en que é constante no intervalo estudado, pois pódese demostrar que o o torque resultante sobre un sistema é igual á taxa de variación temporal, a derivada no tempo, do momento angular. Conclúese que sempre que o torque total for cero o momento angular manterase constante. Esa situación é mais común do que parece, pois usualmente, nos sistemas illados, as forzas que actúan internamente entre os corpos xeran torques que se anulan, pois tales forzas son usualmente centrais (a súa liña de acción pasa polo centro xeométrico do corpo) o que fai con que os pares acción-reacción anulen os torques.

Ese "ataque" é tan importante que con el é posíbel demostrar as leis de Johannes Kepler, se usado en conxunto coa Lei da gravitación universal. Esa demostración foi feita polo propio Isaac Newton, feito que deu un "lastro" aínda maior a hipótese de Newton da forza gravitacional ser proporcional ao inverso do cadrado da distancia.

Véxase tamén

editar

 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.