Millennium Stadium
O Millennium Stadium (en galés Stadiwm y Mileniwm) é o estadio nacional de Gales, localizado na súa capital, Cardiff. Neste recinto adoitan xogar as seleccións galesas de rugby e de fútbol mais tamén acolle outros grandes eventos coma o Rally de Gales (Wales Rally GB), etapa do Campionato Mundial WRC, o Gran Premio de Speedway de Gran Bretaña, boxeo e unha grande selección de concertos, con artistas como por exemplo Tina Turner, Madonna, The Rolling Stones ou o festival de Tsunami Relief.
Millenium Stadium | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 51°28′41″N 3°10′57″O / 51.478055555556, -3.1825 |
Localización | Cardiff, Gales |
Construción | |
Inauguración | Xuño de 1999 |
Arquitecto | HOK LOBB Partnership e WS Atkins |
Custo | 121 millóns de £ |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Capacidade | 74.500 |
Propietario | Welsh Rugby Union |
Operadora | Welsh Rugby Union |
Localía | Selección de rugby de Gales Selección de fútbol de Gales |
Web | https://www.principalitystadium.wales |
Eventos | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O estadio abriu en xuño de 1999 e o primeiro grande evento internacional que acolleu foi un partido amigábel de rugby o 26 entre as seleccións de Gales e Suráfrica. É o estadio con teito retractábel máis grande do mundo e o segundo en construírse en Europa destas características despois do Amsterdam Arena[1]. Cando se acabou de construír este era o estadio máis grande do Reino Unido con capacidade para 74.500 espectadores, máis co tempo foi superado polo Twickenham Stadium, Old Trafford e o novo Wembley Stadium. Agora mesmo é o cuarto estadio en capacidade do Seis Nacións tras Twickenham, o Stade de France e o Croke Park, o máis grande.
O dono do Millennium Stadium é a Millennium Stadium plc unha compañía subsidiaría da Federación de Rugby Galesa (WRU)[2]. O total da construción custou £121 millóns dos que a Millennium Commission achegou £46 millóns.
Notas
editar- ↑ Millenium Stadium: Background to the Project Arquivado 09 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Sobre Millennium Stadium plc". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2008. Consultado o 28 de marzo de 2009.