Miguel García Martín

futbolista español

Miguel García Martín, coñecido como Miché, nado en Salamanca o 19 de maio de 1935 e finado na mesma cidade o 22 de marzo de 2014, foi un futbolista español. Xogaba de defensa.

Modelo:BiografíaMiguel García Martín
Biografía
Nacemento19 de maio de 1935
Salamanca, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de marzo de 2014 (78 anos)
País de nacionalidadeEspaña
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 1967 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Real Madrid CF
  Deportivo da Coruña
  Real Valladolid

Traxectoria

editar

Iniciouse na tempada 1958–59 no Real Madrid, club que co conseguiu unha Liga española, dúas Copas de Europa e unha Copa Intercontinental. Na tempada 1961–62 xogou no CA Osasuna, cedido polo Real Madrid despois dos traspasos de Ignacio Zoco e Félix Ruiz.

Na tempada 1962–63 chegou cedido ao Deportivo da Coruña, dentro da operación pola cal o Deportivo traspasou a Amancio ao Real Madrid, a cambio de 12 millóns de pesetas e as cesións de Antonio Ruiz, Betancort e o propio Miché.[1][2] Co Deportivo acabou descendendo a Segunda División ese ano. Na tempada 1963–64 foi contratado polo Real Valladolid, descendendo novamente a final da tempada. Na campaña 1964–65 foi xogador do Hércules CF, con quen sumou un novo descenso a Segunda División.

Faleceu en marzo de 2014, aos 78 anos.[3]

Palmarés

editar
Real Madrid
  1. Relaño, Alfredo (9 de novembro de 2014). "Amancio convierte a Puskas en suplente". El País (en castelán). Consultado o 28 de outubro de 2020. 
  2. "El otro Cebrián que devolvió al Dépor a Primera dos veces". Economía Digital (en castelán). 12 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2020. 
  3. "Fallece a los 78 años el exrojillo 'Miche'". Diario de Navarra. 24 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar