Miami Vice
Miami Vice é o nome dunha serie dramática de televisión da compañía NBC, que saíu ó aire a comezos da década de 1980.
Miami Vice | |
---|---|
O actor Don Johnson é un dos protagonistas da serie. | |
Formato | crime, drama |
Creado por | Anthony Yerkovich |
Dirixido por | Varios |
Intérpretes | Don Johnson Philip Michael Thomas Michael Talbott Olivia Brown Saundra Santiago Edward James Olmos John Diehl |
Tema de apertura | Miami Vice Theme |
Tema de peche | Miami Vice Theme |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | inglés |
Episodios | 111 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Michael Mann Dick Wolf (Co-executivo: T4) Robert Ward (Co-ejecutivo: T5) Richard Brams (Co-executivo: T5) |
Localización(s) | Miami, Florida |
Duración | 48 minutos |
Distribuidor | NBCUniversal Television Distribution |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NBC, USA Network |
Na rede | |
http://www.nbc.com/classic-tv/miami-vice | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
A serie trataba sobre dous axentes de policía de Miami traballando como detectives encubertos en casos de tráfico de drogas, violencia nas rúas, e mesmo casos reais de crimes cometidos en South Beach, Miami.
A serie foi creada por Anthony Yerkovich, producida por Michael Mann' (Manhunter, O Dilema), e escrita por Joel Surnow (Wise Guy, 24), para a canle NBC, que a retransmitiu desde 1984 a 1989.
En 2006 apareceu a versión cinematográfica desta serie (Miami Vice), dirixida polo que fora o seu produtor nos oitenta, Michael Mann, e protagonizada polos actores Colin Farrell e Jamie Foxx, como a parella de detectives, e Gong Li e o actor lugués Luís Tosar como os traficantes ós que intentan apresar.
Retransmisións
editar- En Latinoamérica pódese ver a través da VH1, canle temática de MTV Networks
- En España retransmítese en castelán pola canle TVE 50 años