Metro
O metro é a unidade fundamental de lonxitude, pertencente ó Sistema Internacional de Unidades. O seu símbolo é m. Definiuse inicialmente como a 10 000 000 parte do cuadrante do meridiano terrestre, mais actualmente, o metro defínese como a lonxitude do traxecto percorrido pola luz no baleiro durante un intervalo de tempo de 1/299 792 458 de segundo (Unidade de Base ratificada pola 17ª CXPM - 1983).
Etimoloxía
editarAs raíces da etimoloxía do vocábulo metro poden trazarse ata o verbo grego μετρέω (transliterado metreo, "medir, contar ou comparar") e o substantivo μέτρον (metron, "medida"), que se empregaban para medidas físicas, para a métrica e por extensión para a moderación ou evitar o extremismo (como en "ter unha resposta medida"). O rango de usos tamén se atopaba no latín metior, mensura e noutras linguas.
O lema ΜΕΤΡΩ ΧΡΩ (metro khro) aparece no selo da Oficina Internacional de Pesos e Medidas (BIPM), que era unha expresión do estadista e filósofo grego Pitaco de Mitilene e se traduce como "Emprega medida!", chamando tanto pola medida como pola moderación. A palabra metro chegou a partir do francés mètre.
Múltiplos e submúltiplos
editarPoden empregarse os prefixos do Sistema Internacional de Unidades (SI) para denotar múltiplos e submúltiplos do metro como se mostra na táboa:
1 metro equivale a | |
---|---|
10−24 yottámetros | 101 decímetros |
10−21 zettámetros | 102 centímetros |
10−18 exámetros | 103 milímetros |
10−15 petámetros | 106 micrómetros |
10−12 terámetros | 109 nanómetros |
10−9 xigámetros | 1010 ångströms |
10−6 megámetros | 1012 picómetros |
10−4 miriámetros | 1015 femtómetros |
10−3 quilómetros | 1018 attómetros |
10−2 hectómetros | 1021 zeptómetros |
10−1 decámetros | 1024 yoctómetros |
Algunhas destas unidades empréganse máis raramente. Así, as distancias longas adoitan expresarse en quilómetros, unidades astronómicas (149,6 Gm), anos luz (10 Pm) ou parsecs (31 Pm), máis que en Mm, Gm, Tm, Pm, Em, Zm ou Ym; "30 cm", "30 m" e "300 m" son máis comúns que "3 dm", "3 dam" e "3 hm", respectivamente.
Poden empregarse os vocábulos micron[1] e millimicron no canto de micrómetro (μm) e nanómetro (nm), mais esta práctica está desaconsellada.[2] A palabra micra está oficialmente rexeitada.[3]
Equivalencias noutras unidades
editarUnidade do SI expresada en unidades non do SI |
Unidade non do SI expresada en unidades do SI | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 metro | ≈ | 1,0936 | iarda | 1 iarda | ≡ | 0,9144 | metros | |
1 metro | ≈ | 39,370 | polgadas | 1 polgada | ≡ | 0,0254 | metro | |
1 centímetro | ≈ | 0,39370 | polgadas | 1 polgada | ≡ | 2,54 | centímetros | |
1 metro | ≡ | 1×1010 | ångström | 1 ångström | ≡ | 1×10−10 | metros | |
1 milla terrestre | ≡ | 1609,344 | metros | |||||
1 milla náutica | ≡ | 1852 | metros | |||||
1 pé | ≡ | 0,3048 | metros |
Na táboa, "polgada" e "iarda" refírense a "polgada internacional" e "iarda internacional".[4] O símbolo "≈" significa "aproximadamente igual a"; o símbolo "≡" significa "igual por definición" ou "exactamente igual a".
Historia da definición do metro
editarPrimeiras medicións
editarDurante toda a historia leváronse a cabo intentos de unificación das distintas medidas co obxecto de simplificar os intercambios, facilitar o comercio e o cobro xusto dos impostos. En 1671 Jean Picard mediu a lonxitude dun péndulo cun período de dous segundos no Observatorio de París. Atopou un valor de 440,5 liñas da toesa de Châtelet, que acababa de ser renovada. Propuxo unha toesa universal (en francés, Toise universelle) que era o dobre da lonxitude do péndulo.[5][6] Porén, descubriuse axiña que a lonxitude dese péndulo varía co lugar: o astrónomo francés Jean Richer medira unha diferenza do 0,3% de lonxitude entre Cayenne (na Güiana Francesa) e en París.[7][8][9]
Jean Richer e Giovanni Domenico Cassini mediron a paralaxe de Marte entre París e Cayenne cando Marte estaba máis próximo á Terra en 1672. Chegaron a un valor para a paralaxe solar de 9,5 segundos de arco, equivalente a unha distancia Terra-Sol duns 22 000 raios terrestres. Foron tamén os primeiros astrónomos en ter acceso a un valor preciso e fiable para o raio da Terra, que fora medido polo seu colega Jean Picard en 1669 como 3 269 000 toesas. As observacións xeodésicas de Picard limitáronse á determinación da magnitude da Terra considerada como unha esfera, mais o descubrimento feito por Jean Richer volveu a atención dos matemáticos cara á súa desviación dunha forma esférica.[10][11][12]
Desde Eratóstenes, os xeógrafos utilizaron a medición dos arcos meridianos para avaliar o tamaño do globo terráqueo. Desde finais do século XVII, a xeodesia preocupouse de medir a Terra, para determinar non só o seu tamaño, senón tamén a súa forma. De feito, primeiro tomada como esfera, a Terra foi entón considerada como un esferoide de revolución. No século XVIII, a xeodesia estaba no centro dos debates entre cartesianos e newtonianos en Francia, porque era o medio para demostrar empiricamente a teoría da gravitación universal. Ademais da súa importancia para o mapeo, a determinación da figura da Terra era entón un problema de suma importancia en astronomía, xa que o raio da Terra era a unidade á que se referían todas as distancias celestes.[13][14]
Meridiano terrestre
editarNa Revolución Francesa, xunto con outros desafíos considerados necesarios para os novos tempos, nomeáronse comisións de científicos para uniformar os pesos e as medidas, entre os que estaba a lonxitude. A tarefa foi ardua e complexa. Considerouse empregar como padrón a lonxitudo do péndulo nun segundo a unha latitude de 45°, pero acabou descartándose por non ser un modelo completamente obxectivo.[15] O 7 de outubro de 1790 esa comisión aconsellou a adopción dun sistema decimal e o 19 de marzo de 1791 aconsellou a adopción do termo mètre ("medida"), unha unidade básica de lonxitude, que definiron como igual a unha dezmilionésima parte do cuadrante de meridiano, a distancia entre o polo norte e o ecuador ao longo do meridiano de París.[16][17][18][19] Se este valor se expresase de xeito análogo a como se define a milla náutica, corresponderíase coa lonxitude de meridiano terrestre que forma un arco de 1/10 de segundo de grao centesimal. En 1793, a Convención Nacional adoptou a proposta.[20]
A Academia de Ciencias Francesa encargou unha expedición dirixida por Jean Baptiste Joseph Delambre e Pierre Méchain, de 1792 a 1799, que intentou medir con precisión, mediante un sistema de triangulación, a distancia entre unha espadana en Dunkerque e o castelo de Montjuïc de Barcelona[21] na lonxitude do Panteón de París.[22] Esta porción do meridiano de París ía servir de base para a lonxitude do meridiano que conectaba o polo norte co ecuador. De 1801 a 1812 Francia adoptou esta definición do metro como a súa unidade oficial de lonxitude baseándose nos resultados desta expedición combinados cos da Misión Xeodésica ao Perú.[23]
No século XIX, a xeodesia viviu unha revolución cos avances nas matemáticas, así como o progreso dos instrumentos e métodos de observación. A aplicación do método de mínimos cadrados ás medidas do arco dos meridianos demostrou a importancia do método científico na xeodesia. Por outra banda, a invención do telégrafo permitiu medir arcos paralelos e a mellora do péndulo reversible deu lugar ao estudo do campo gravitatorio da Terra. Unha determinación máis precisa da forma da Terra apareceu despois da medición do Arco Xeodésico de Struve (1816–1855) e deu outro valor para a definición deste estándar de lonxitude. Isto non invalidou o metro, senón que resaltou que os progresos científicos permitirían unha mellor medición do tamaño e forma da Terra.[24][25][26][27]
En 1832, Carl Friedrich Gauss estudou o campo magnético terrestre e propuxo engadir o segundo ás unidades básicas do metro e o quilogramo na forma do sistema CGS (centímetro, gramo, segundo). En 1836 fundou a Magnetischer Verein, primeira asociación científica internacional, en colaboración con Alexander von Humboldt e Wilhelm Edouard Weber. A xeofísica precedeu á física e contribuíu ao desenvolvemento dos seus métodos. Tratábase principalmente dunha filosofía natural que tiña como obxecto o estudo de fenómenos naturais como o campo magnético terrestre, os raios e a gravidade. A coordinación da observación dos fenómenos xeofísicos en diferentes puntos do globo foi de enorme importancia e estivo na orixe da creación das primeiras asociacións científicas internacionais. A fundación do Magnetischer Verein foi seguida da Medida do Arco de Europa Central (en alemán: Mitteleuropaïsche Gradmessung) por iniciativa de Johann Jacob Baeyer en 1863, e pola da Organización Meteorolóxica Internacional cuxo segundo presidente, o meteorólogo e físico suízo, Heinrich von Wild representou a Rusia no Comité Internacional de Pesos e Medidas (CIPM).[28][29][30][31][32]
Barra de platino e iridio
editarFerdinand Rudolph Hassler foi elixido membro da American Philosophical Society o 17 de abril de 1807. Levara aos Estados Unidos unha gran colección de libros científicos e numerosos instrumentos e estándares científicos, entre eles un metro estándar fabricado en París en 1799. Un longo curso de formación especial en Suíza, Francia e Alemaña convertérano nun dos máis destacados especialistas en xeodesia práctica no seu país a principios do século XIX. En 1816 foi nomeado primeiro superintendente do Survey of the Coast. A parte creativa de Hassler viuse no deseño de novos instrumentos de levantamento. O máis orixinal foi un aparello que implicaba unha idea elaborada por el en Suíza e perfeccionada en América. No canto de poñer diferentes barras en contacto durante o proceso de medición da liña de base, utilizaba catro barras de ferro de dous metros fixadas xuntas que sumaban oito metros de lonxitude e o contacto óptico. Xa en febreiro-marzo de 1817, Ferdinand Rudolph Hassler estandarizou as barras do seu dispositivo que realmente estaban calibradas co metro. Esta última converteuse na unidade de lonxitude da xeodesia nos Estados Unidos.[33][34][35][36]
O uso do metro por Ferdinand Rudolph Hassler na investigación costeira contribuíu á introdución da Metric Act of 1866 que permitía o uso do metro nos Estados Unidos e probablemente tamén tivo un papel na elección do metro como unidade científica internacional de lonxitude e na proposta da European Arc Measurement para "establecer unha oficina internacional europea de pesos e medidas".[37][38]
En 1867, na segunda conferencia xeral da Asociación Internacional de Xeodesia celebrada en Berlín, discutiuse a cuestión dunha unidade de lonxitude estándar internacional para combinar as medidas feitas en diferentes países para determinar o tamaño e a forma da Terra.[39][40][41] A conferencia recomendou a adopción do metro en substitución da toesa e a creación dunha comisión internacional do metro, segundo a proposta de Johann Jacob Baeyer, Adolphe Hirsch e Carlos Ibáñez e Ibáñez de Ibero que idearan dous estándares xeodésicos calibrados no metro para trazar o mapa de España.[42][39][41][43] A trazabilidade da medida entre o toesa e o metro asegurouse mediante a comparación do estándar español co estándar ideado por Borda e Lavoisier para o levantamento do arco do meridiano que conecta Dunkerque con Barcelona.[44][43][45]
Na década de 1870 e á luz da precisión moderna, celebráronse unha serie de conferencias internacionais para deseñar novos estándares métricos. A Convención do Metro (Convention du Mètre) de 1875 obrigaba a establecer unha Oficina Internacional de Pesos e Medidas (BIPM) permanente que se situaría en Sèvres, Francia. Esta nova organización debía construír e conservar un prototipo de barra de medición, distribuír prototipos métricos nacionais e manter comparacións entre eles e os estándares de medida non métricos. A organización distribuíu tales barras o 28 de setembro de 1889 na primeira Conferencia Xeral de Pesos e Medidas, establecendo o "metro portotipo internacional" como a distancia entre dúas liñas nunha barra estándar composta por unha aliaxe de 90% de platino e un 10% de iridio, medido no punto de fusión do xeo. O novo padrón foi depositado en cofres situados nos subterráneos do pavillón de Breteuil en Sèvres, Oficina de Pesos e Medidas, nos arredores de París.[21]
A comparación dos novos prototipos do metro entre si e co metro do Comité implicou o desenvolvemento de equipos de medida especiais e a definición dunha escala de temperatura reproducible. O traballo de termometría do BIPM levou ao descubrimento de aliaxes especiais de ferro-níquel, en particular o invar, polo que o seu director, o físico suízo Charles-Edouard Guillaume, recibiu o Premio Nobel de Física en 1920.[46]
Lonxitude de onda
editarEn 1873, James Clerk Maxwell suxeriu que a luz emitida por un elemento podía usarse como estándar tanto para o metro como para o segundo. Estas dúas cantidades poderían usarse para definir a unidade de masa.[47]
En 1893, o metro estándar foi medido por primeira vez cun interferómetro por Albert A. Michelson, o inventor do dispositivo e defensor do uso dalgunha lonxitude de onda particular como estándar de lonxitude. En 1925, a interferometría estaba en uso regular no BIPM. Non obstante, o prototipo internacional mantívose como estándar ata 1960, cando a XI Conferencia de Pesos e Medidas adoptou unha nova definición de metro en 1960:
1. 650. 763,73 veces a lonxitude de onda no baleiro da radiación laranxa do átomo de cripton-86.[48]
A precisión era cincuenta veces superior á do padrón de 1889.[21]
Velocidade da luz
editarA definición dada na XVII Conferencia Xeral da Oficina Internacional de Pesas e Medidas, vixente dende 1983, é a seguinte:[21]
Un metro é a distancia que percorre a luz no baleiro durante un intervalo de 1/299 792 458 de segundo.[49]
A precisión desta definición é trinta veces superior á do prototipo de 1960[21] e fixou a velocidade da luz no baleiro como exactamente 299 792 458 m/s.[49]
Liña de tempo
editarA liña do tempo amósanos como foi mudando a definición do metro en distintas épocas:
|
Unidades derivadas
editarO metro dá orixe a diversas unidades compostas ou derivadas, como:
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micron.
- ↑ Taylor & Thompson 2003, p. 11.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para micra.
- ↑ Astin & Karo 1959
- ↑ texte, Picard, Jean (1620–1682). Auteur du (1671). Mesure de la terre [par l'abbé Picard]. Gallica (en inglés). pp. 3–4. Consultado o 2018-09-13.
- ↑ Bigourdan, Guillaume (1901). Le système métrique des poids et mesures ; son établissement et sa propagation graduelle, avec l'histoire des opérations qui ont servi à déterminer le mètre et le kilogramme. University of Ottawa. Paris : Gauthier-Villars. pp. 6–8.
- ↑ Poynting, John Henry; Thomson, Joseph John (1907). A Textbook of Physics (en inglés). C. Griffin. pp. 20.
- ↑ Picard, Jean (1620–1682) Auteur du texte (1671). Mesure de la terre [par l'abbé Picard] (en inglés). pp. 3–5.
- ↑ Bond, Peter, (1948- ...). (2014). L'exploration du système solaire. Dupont-Bloch, Nicolas. ([Édition française revue et corrigée] ed.). Louvain-la-Neuve: De Boeck. pp. 5–6. ISBN 9782804184964. OCLC 894499177.
- ↑ Clarke & Helmert 1911, p. 802.
- ↑ "Première détermination de la distance de la Terre au Soleil | Les 350 ans de l'Observatoire de Paris". 350ans.obspm.fr. Consultado o 2019-05-14.
- ↑ Buffet, Loriane. "Cassini, l'Astronome du roi et le satellite – Exposition virtuelle". expositions.obspm.fr (en francés). Consultado o 2019-05-14.
- ↑ Clarke & Helmert 1911, p. 801.
- ↑ Badinter, Élisabeth (2018). Les passions intellectuelles. Normandie roto impr.). Paris: Robert Laffont. ISBN 978-2-221-20345-3. OCLC 1061216207.
- ↑ Estrada, H. Ruiz, J. Triana, J. El origen del metro y la confianza en la matemática Arquivado 17 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine., 2011, ISSN 0120-6788, págs. 89-101.
- ↑ Tipler, Paul A.; Mosca, Gene (2004). Physics for Scientists and Engineers (5th ed.). W.H. Freeman. p. 3. ISBN 0716783398.
- ↑ Agnoli, Paolo (2004). Il senso della misura: la codifica della realtà tra filosofia, scienza ed esistenza umana (en italiano). Armando Editore. pp. 93–94,101. ISBN 9788883585326. Consultado o 13 de outubro de 2015.
- ↑ Rapport sur le choix d'une unité de mesure, lu à l'Académie des sciences, le 19 mars 1791 (en francés). Gallica.bnf.fr. 15 de outubro de 2007. Consultado o 25 de marzo de 2013.
- ↑ Paolo Agnoli and Giulio D’Agostini,'Why does the meter beat the second?,' decembro de 2004 pp.1–29.
- ↑ Oxford English Dictionary, Clarendon Press 2nd ed.1989, vol.IX p.697 col.3.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Denis Guedj, El metro del mundo, Anagrama, Barcelona, 2000, ISBN 84-339-7018-6, págs. 330-331
- ↑ Ramani, Madhvi. "How France created the metric system". www.bbc.com (en inglés). Consultado o 2019-05-21.
- ↑ Levallois, Jean-Jacques (1986). "La Vie des sciences". Gallica (en francés). pp. 288–290, 269, 276–277, 283. Consultado o 2019-05-13.
- ↑ Clarke & Helmert 1911, pp. 803–804.
- ↑ Ibáñez e Ibáñez de Ibero, Carlos (1881). Discursos leidos ante la Real Academia de Ciencias Exactas Fisicas y Naturales en la recepcion pública de Don Joaquin Barraquer y Rovira (PDF). Madrid: Imprenta de la Viuda e Hijo de D.E. Aguado. pp. 70–78.
- ↑ "Nomination of the Struve geodetic arc for inscription on the World Heritage List" (PDF). Consultado o 2019-05-13.
- ↑ Hirsch, Adolphe (1861). "Expériences chronoscopiques sur la vitesse des différentes sensations et de la transmission nerveuse". E-Periodica (en francés). doi:10.5169/seals-87978. Consultado o 2021-04-18.
- ↑ Débarbat, Suzanne; Quinn, Terry (2019-01-01). "Les origines du système métrique en France et la Convention du mètre de 1875, qui a ouvert la voie au Système international d'unités et à sa révision de 2018". Comptes Rendus Physique (en inglés) 20 (1–2): 6–21. ISSN 1631-0705. doi:10.1016/j.crhy.2018.12.002.
- ↑ Géophysique in Encyclopedia Universalis. Encyclopedia Universalis. 1996. pp. Vol 10, p. 370. ISBN 978-2-85229-290-1. OCLC 36747385.
- ↑ "History of IMO". World Meteorological Organization (en inglés). 2015-12-08. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. Consultado o 2021-03-16.
- ↑ "Wild, Heinrich". hls-dhs-dss.ch (en alemán). Consultado o 2021-03-16.
- ↑ "Heinrich VON WILD (1833-1902) in COMlTÉ INTERNATIONAL DES POIDS ET MESURES. PROCÈS-VERBAUX DES SÉANCES. DEUXIÈME SÉRIE. TOME II. SESSION DE 1903." (PDF). BIPM. 1903. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2021. Consultado o 10 de xuño de 2021.
- ↑ Poupard, James (1825). Transactions of the American Philosophical Society 2. Philadelphia: Abraham Small. pp. 234–240, 252–253, 274, 278.
- ↑ Cajori, Florian (1921). "Swiss Geodesy and the United States Coast Survey". The Scientific Monthly 13 (2): 117–129. ISSN 0096-3771.
- ↑ Clarke, Alexander Ross (1873). XIII. Results of the comparisons of the standards of length of England, Austria, Spain, United States, Cape of Good Hope, and of a second Russian standard, made at the Ordnance Survey Office, Southampton. With a preface and notes on the Greek and Egyptian measures of length by Sir Henry James. Philosophical Transactions 163 (Londres). p. 463. doi:10.1098/rstl.1873.0014.
- ↑ Bigourdan 1901, pp. 8, 158–159.
- ↑ "Metric Act of 1866 – US Metric Association". usma.org. Consultado o 2021-03-15.
- ↑ Bericht über die Verhandlungen der vom 30. September bis 7. October 1867 zu BERLIN abgehaltenen allgemeinen Conferenz der Europäischen Gradmessung (PDF) (en alemán). Berlín: Central-Bureau der Europäischen Gradmessung. 1868. pp. 123–134.
- ↑ 39,0 39,1 Hirsch, Adolphe (1891). "Don Carlos IBANEZ (1825–1891)" (PDF). Bureau International des Poids et Mesures. p. 8. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ "BIPM – International Metre Commission". www.bipm.org. Consultado o 26 de maio de 2017.
- ↑ 41,0 41,1 "A Note on the History of the IAG". IAG Homepage. Consultado o 26 de maio de 2017.
- ↑ Ross, Clarke Alexander; James, Henry (1873-01-01). "XIII. Results of the comparisons of the standards of length of England, Austria, Spain, United States, Cape of Good Hope, and of a second Russian standard, made at the Ordnance Survey Office, Southampton. With a preface and notes on the Greek and Egyptian measures of length by Sir Henry James". Philosophical Transactions of the Royal Society of London 163: 445–469. doi:10.1098/rstl.1873.0014.
- ↑ 43,0 43,1 Brunner, Jean (1857). "Comptes rendus hebdomadaires des séances de l'Académie des sciences / publiés... par MM. les secrétaires perpétuels". Gallica (en francés). pp. 150–153. Consultado o 2019-05-15.
- ↑ Soler, T. (1997-02-01). "A profile of General Carlos Ibáñez e Ibáñez de Ibero: first president of the International Geodetic Association". Journal of Geodesy (en inglés) 71 (3): 176–188. Bibcode:1997JGeod..71..176S. ISSN 1432-1394. doi:10.1007/s001950050086.
- ↑ Wolf, Charles (1827–1918) Auteur du texte (1882). Recherches historiques sur les étalons de poids et mesures de l'Observatoire et les appareils qui ont servi à les construire / par M. C. Wolf... (en francés). pp. C.38–39, C.2–4.
- ↑ "BIPM – la définition du mètre". www.bipm.org. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2017. Consultado o 2019-05-15.
- ↑ Maxwell, James Clerk (1873). A Treatise On Electricity and Magnetism (PDF) 1. Londres: MacMillan and Co. p. 3.
- ↑ Marion, Jerry B. (1982). Physics For Science and Engineering. CBS College Publishing. p. 3. ISBN 978-4-8337-0098-6.
- ↑ 49,0 49,1 A BIPM non fai distinción entre baleiro cuántico e espazo baleiro. Resolution 1 of the 17th CGPM (CGPM, 1984), recuperado da base de datos da BIPM (BIPM, n.d.) o 24 de agosto de 2008.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Metro |
Bibliografía
editar- Bigourdan, Guillaume (1901). Le système métrique des poids et mesures ; son établissement et sa propagation graduelle, avec l'histoire des opérations qui ont servi à déterminer le mètre et le kilogramme [The metric system of weights and measures; its establishment and gradual propagation, with the history of the operations which served to determine the meter and the kilogram]. París: Gauthier-Villars.
- Clarke, Alexander Ross; Helmert, Friedrich Robert (1911). "Earth, Figure of the". En Chisholm, Hugh (ed.). Encyclopædia Britannica. 8 (11th ed.). Cambridge University Press. pp. 801–813.
- Taylor, B.N. e Thompson, A. (2008b). Guide for the Use of the International System of Units (Special Publication 811). Gaithersburg, MD: National Institute of Standards and Technology. Consultado o 23 de agosto d e2008.