Metal cristián
O metal cristián, tamén denominado nalgúns medios white metal,[1] é unha forma do heavy metal definida habitualmente polo mensaxe das letras dos temas musicais e a afiliación declarada dos membros dos grupos musicais ao cristianismo. A produción desta música adoita facerse e distribuirse a través de estacións de radio e selos discográficos considerados dentro do momemento cristián.[2]
Metal cristián | |
---|---|
Orixe musical | Rock cristián, heavy metal, hard rock |
Orixe cultural | Finais dos anos 1970 nos Estados Unidos de América |
Instrumentos típicos | Guitarra eléctrica, baixo, batería, voz |
Xéneros de fusión | |
Unblack metal | |
Os grupos de metal cristián atópanse dentro de tódolos subxéneros do heavy metal, tendo a característica común entre eles a temática das letras. As temáticas cristiás e relixiosas adoitan mesturarse coas temáticas habituais de cada un dos xéneros nos que se encadran os grupos. Algúns estudos argumentan que a subcultura do metal cristián fornece aos seus membros unha forma alternativa de profesar a súa relixión, ofrecéndolles unha alternativa diferente ao heavy metal máis tradicional con mensaxes máis escuros ou negativos.[2]
O metal cristián xurdiu a finais dos anos 1970 como forma de evanxelización da escena musical do heavy metal,[3] con grupos pioneiros como os estadounidenses Resurrection Band e Petra e os suecos Jerusalem. Nos anos 1980 o grupo estadounidense Stryper acadou un éxito considerable, seguidos dos tamén estadounidenses Tourniquet e os australianos Mortification nos anos 1990. O grupo de rap metal P.O.D. e os grupos de metalcore Underoath, Demon Hunter, As I Lay Dying e Norma Jean atraeron a atención dos medios principais cara este movemento na primeira década do século XXI, acadando posicións notables na lista Billboard 200.[4][5]
Notas
editar- ↑ Thompson, John J. (2000). Raised by Wolves: the Story of Christian Rock & Roll. Ottawa, Ontario: ECW Press. pp. 153–154. ISBN 1-55022-421-2.
- ↑ 2,0 2,1 Moberg, Marcus (3 de novembro de 2008). Turn or Burn? The Peculiar Case of Christian Metal Music (PDF). Heavy Fundamentalisms: Music, Metal & Politics. Salzburgo: Inter-Disciplinary.Net. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de novembro de 2015.
- ↑ Moberg, Marcus (2011). "The ‘Double Controversy’ of Christian Metal". Popular Music History: 87. ISSN 1740-7133. doi:10.1558/pomh.v6i1/2.85.
- ↑ "Satellite: Awards". Allmusic. Consultado o 14 de xuño de 2012.
- ↑ Beaujour, Tom. "UNDEROATH, AS I LAY DYING, NORMA JEAN, AND DEMON HUNTER". Revolver. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2015.