O metacarpo é unha formación ósea do membro superior humano, pertencente á man. É un conxunto de cinco ósos que forman o esqueleto da palma da man, un por cada dedo. Os cinco posúen tres porcións, unha base, que é o elemento máis superior; un corpo; e unha cabeza, situada na parte máis inferior do óso.

Metacarpo
Os cinco ósos metacarpianos
Latín ossa metacarpalia
Gray's pág.228

Articulacións co carpo

editar

Cada metacarpiano artéllase por encima cos ósos do carpo, constituíndo as articulacións carpometacarpianas:

Articulacións coas falanxes

editar

Cada metacarpiano artéllase cunha falanxe correspondente, formando as articulacións metacarpofalánxicas:

  • O primeiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do polgar.
  • O segundo metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do segundo dedo ou dedo índice.
  • O terceiro metacarpiano artéllase coa falanxe proximal do terceiro dedo ou dedo medio.
  • O cuarto metacarpiano artéllase co cuarto dedo ou dedo anular.
  • O quinto metacarpiano artéllase co quinto dedo ou maimiño.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior (en castelán)