Megapodíidos
Megapodíidos Megapodiidae Talégalos, megápodos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Talégalo australiano (Alectura lathami), macho | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos Megapodíidos (Megapodiidae) é unha familia de aves da orde dos galiformes, que comprende vinte e dous especies repartidas en sete xéneros, coñecidas vulgarmente como talégalos (cultismo derivado do xénero Talegalla),[1] e tamén como megápodos (outro cultismo).
Características
editarSon galiformes de tamaño de mediano a grande (de 27 a 60 cm, e de 0,9 a 8 kg de peso), de aparencia semellamte á dos pavos, coa cabeza pequena e as patas longas (ao que alude o seu nome). A súa plumaxe é de cor negra ou apardazada A súa plumaxe é de cor negra, gris ou apardazada; algungas especies teñen a cabza espida de plumas, e presentan cristas ou carúnculas de cores rechamantes, vermellas ou amarelas.[2]
Hábitat e distribución
editarHabitan en selvas tropicais húmidas primarias e secundarias, zonas de matogueiras xerófitas monzónicas e na vexetación propia das praias, na rexión Indo-Pacifica, desde as illas Nicobar ao noroeste, até Australia e as illas Tonga, Marianas e Palau no suroeste, a través de Malaisia, Indonesia, Filipinas e Nova Guinea.[2]
Costumes e alimentación
editarEvitan voaren e pasan a maior parte do tempo no solo, alimentándose de semente, insectos, froitos, raíces, cangrexos e caracois.[2]
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia foi descrita en 1831 polo naturalista francés René Primevère Lesson,[3] na súa obra Traité d'ornithologie, ou, Tableau méthodique des ordres, sous-ordres, familles, tribus, genres, sous-genres et races d'oiseaux : ouvrage entièrement neuf, formant le catalogue le plus complet des espèces réunies dans les collections publiques de la France (Texto completo).
Etimoloxía
editarO nome científico da famiia, Megapodiidae, está formado pola unión dos elementoe do latín científico Magapodi- e -ǐdae. O primeiro esta tirado do xenitivo do nome do xénero tipo da familia, Megapodius, e o segundo é a desinencia coa que se forman os nomes das familias de animais.
Para a etimoloxía de Megapodius, véxase Megapodius.
Xéneros
editarNa actualidade, na famiia recoñécense os sete xéneros seguintes:[4]
Familia Megapodiidae Lesson, 1831
- Aepypodius Oustalet, 1880 - 2 especies
- Alectura Latham, 1824 - 1 especie
- Eulipoa Ogilvie-Grant, 1893 - 1 especie
- Leipoa Gould, 1840 - 1 especie
- Macrocephalon S. Muller, 1846 - 1 especie
- Megapodius Gaimard, 1823 - 13 especies
- Talegalla Lesson, 1828 - 3 especies
Filoxenia
editarAs relacións filoxenéticas dos xéneros son, de acordo con Harris el al. (2014), as que mostra o seguinte cladograma:[5]
Notas
editar- ↑ del Hoyo et al. 1994.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 VV. AA. (1986): Natura. Enciclopedia de los animales. Volume IV Aves. Barcelona: Ediciones Orbis, S. A. ISBN 84-7634-433-5, p. 138.
- ↑ Wikispecies.
- ↑ Megapodiidae no ITIS.
- ↑ Harris R. B.; Birks S. M. & Leach A. D. (2014): "Incubator birds: biogeographical origins and evolution of underground nesting in megapodes (Galliformes: Megapodiidae) J. Biogeogr. 41: 2045-2056.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Megapodíidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Megapodíidos |
Bibliografía
editar- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A. and Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona: Lynx Edicions / Cambridge, UK: BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
- del Hoyo, J.; Elliott, A. & Sargatal, J. (1994): Handbook of the Birds of the World. Volume 2: New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-415-6.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Megapodiidae megapodes na ADW.
- Megapodes Megapodiidae na EOL.
- Gill, F. & Donsker, D. eds., (2019): Megapodes. Family Megapodiidae. IOC World Bird List (versión 9.1).