Medellín
Medellín é unha cidade situada ó noroeste de Colombia, no centro do val de Aburrá e á beira do río Medellín. É a capital do departamento de Antioquia. Segundo o censo de 2005, tiña 2 223 078 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, conformada por outros 9 municipios, ten unha poboación de 3 312 165 habitantes, sendo a segunda aglomeración urbana de Colombia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Antioquia | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.529.403 (2018) (6.643,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 380,74 km² | ||||
Altitude | 1.495 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 22 de novembro de 1675 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | alcaldía de Medellín | ||||
• Alcalde | Federico Gutiérrez (2016–) | ||||
Órgano lexislativo | concello de Medellín Circunscrición: 0, (Escano: 20) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 050001 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Cali Miami Milán Tacuarembó (pt) Maracay Tarapoto Gold Coast (pt) Hyderabad Barcelona Bilbao Fort Lauderdale Buenos Aires Varna Rosario (2011–) Santa Fe, Arxentina (2011–) Monterrey (2014–) Río de Xaneiro (2017–) | ||||
Sitio web | medellin.gov.co | ||||
É un dos principais centros culturais de Colombia. É sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento, tanto local, nacional e internacional. Tamén destaca a súa actividade académica e científica, xa que algunhas das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade.
Toponimia
editarDebe o seu nome a que Pedro Portocarrero y Luna, presidente do consello de Indias de España, solicitou dar o nome da súa vila, Medellín (en Badaxoz), a unha localidade de nova fundación en ultramar. O 22 de novembro de 1674 a raíña rexente Mariana de Austria (en representación do seu fillo, Carlos II de España, menor de idade), outorgou a cédula real que confirmaba a fundación da Villa de Nuestra Señora de la Candelaria de Medellín. A proclamación oficial da fundación realizouna o gobernador Miguel Aguinaga y Mendiogoitia o 2 de novembro de 1675.
Ademais, a raíña outorgou o escudo de armas do Medellín estremeño ó americano, a petición do Cabido da Vila, o 24 de xuño de 1676.
Historia
editarO val de Aburrá xa era percorrido hai 10.500 anos por tribos nómades de cazadores e recolectores. Ó chegaren os conquistadores españois xa había asentada unha poboación nativa numerosa, que opuxo pouca resistencia. Eran aburraes, iamesíes, peques, ebéicos, noriscos e maníes, que posiblemente estaban alí desde o século V a.C. Tiñan grandes cultivos de millo e feixón, criaban curíes e cans mudos, tecían mantas de algodón e comercializaban sal. Coñecían a ourivaría. Baixo o dominio español foron repartidos en encomendas e desprazados das súas terras. A deserción, o maltrato, as enfermidades e o duro traballo intensivo na terra e as minas, decimaron o número de habitantes en poucos anos.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medellín |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial (en castelán)
Principais cidades de Colombia | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cidade | Departamento | Poboación | Cidade | Departamento | Poboación | |||||||
1 | Bogotá | Cundinamarca | 8 264 029 | 11 | Villavicencio | Meta | 503 414 | |||||
2 | Medellín | Antioquia | 2 522 081 | 12 | Santa Marta | Magdalena | 499 219 | |||||
3 | Cali | Valle del Cauca | 2 434 110 | 13 | Bello | Antioquia | 485 970 | |||||
4 | Barranquilla | Atlántico | 1 232 226 | 14 | Valledupar | Cesar | 423 593 | |||||
5 | Cartaxena de Indias | Bolívar | 1 006 323 | 15 | Pereira | Risaralda | 406 348 | |||||
6 | Soledad | Atlántico | 682 910 | 16 | Buenaventura | Valle del Cauca | 398 527 | |||||
7 | Cúcuta | Norte de Santander | 652 320 | 17 | Pasto | Nariño | 386 598 | |||||
8 | Soacha | Cundinamarca | 550 054 | 18 | Manizales | Caldas | 373 862 | |||||
9 | Ibagué | Tolima | 543 564 | 19 | Montería | Córdoba | 362 917 | |||||
10 | Bucaramanga | Santander | 522 439 | 20 | Neiva | Huila | 329 462 | |||||
Proxección 2019 - DANE |