Medalla de Honra

decoración militar máis alta outorgada polos EUA

A Medalla de Honra (en inglés: Medal of Honor) é a máxima condecoración entregada nas Forzas Armadas dos Estados Unidos. É coloquialmente coñecida, aínda que de xeito errado, como a Medalla de Honra do Congreso (Congressional Medal of Honor) xa que é entregada polo Presidente quen a presenta "en nome do Congreso dos Estados Unidos"."[3][4] O criterio para a súa entrega é "valentía e intrepidez con risco da propia vida, alén da chamada do deber, estando en combate contra un inimigo dos Estados Unidos".

Medalla de Honra

Entréganse tres versións distintas da Medalla de Honra. Na fotografía pódense ver as versións do Exército (esquerda), a Armada, os Marines e os Gardacostas (centro) e a Forza Aérea (dereita).
Outorgada polos Estados Unidos de América
Tipo Orde de colar de grado único
Elixibilidade Só persoal militar
Outorgada por "Valentía e intrepidez con risco da propia vida, máis aló da chamada do deber, estando en combate contra un inimigo dos Estados Unidos"
Estado Entrégase
Estadísticas
Primeira outorgada 25 de marzo de 1863 (Guerra civil estadounidense)
Última outorgada 23 de outubro de 2017.[1]
Outorgadas totais 3.517[2]
Póstumas 621[2]
Premiados 3.498[2]
Precedencia
Seguinte maior -
Seguinte menor Cruz por Servizo Distinguido,
Cruz da Armada,
Cruz da Forza Aérea

Todos os membros das Forzas Armadas poden ser condecorados coa Medalla, e cada unha das súas pólas conta cun deseño propio, agás o Corpo de Marines e os Gardacostas, que reciben a mesma versión que a Armada. A Medalla adoita ser entregada persoalmente polo Presidente dos Estados Unidos de América ó condecorado ou, no caso de que se outorgue a título póstumo, a unha persoa que a recolle no seu nome. Xa que é unha medalla de alto nivel, recibe protección especial das leis estadounidenses.[5]

A Medalla de Honra é unha das dúas condecoracións de colar outorgadas polas Forzas Armadas dos Estados Unidos, e é a única que se entrega ós membros das mesmas. O grao de Comandante da Lexión do Mérito autorízase para dignatarios non estadounidenses, usualmente equivalentes a xefes militares do gabinete dos Estados Unidos. O persoal do exército pode ser condecorado co grao de Lexionario da Lexión do Mérito, que é unha medalla tradicional suspendida.[6]

Anverso do dólar de prata conmemorativo da Medalla de Honra (2011).

En 2011, a Casa da Moeda dos Estados Unidos emitiu, co gallo do 150 aniversario desta condecoración, o coñecido como dólar de prata conmemorativo da Medalla de Honra.[7][8]

  1. "Trump awards Capt. Gary Rose the Medal of Honor for heroic actions in Vietnam War". CBS. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Medal of Honor". Mohhsus.com. Medal of Honor Historical Society of the United States. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  3. Boatner, Military Customs and Traditions. and Johnson, The Oxford Companion to American History.
  4. The Congressional Medal of Honor Society is so named because that is the name it was given in an act of Congress signed into law by President Eisenhower o 5 de agosto de 1958 as Title 36, Chapter 33 of the U.S. Code. (véxase "The Congressional Medal of Honor Society's History". Official Site. Congressional Medal of Honor Society. Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2008. Consultado o 1 de outubro de 2006. .) The law authorizing the society has since been transferred to Title 36, Chapter 405 of the U.S. Code.
  5. Office of the Law Revision Counsel. "18USC704(b)". US Code Collection. Cornell Law School. Consultado o 20 de xullo de 2006. 
  6. "Legion of Merit". Awards. Institute of Heraldry. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2006. Consultado o 20 de agosto de 2006. 
  7. "Medal of Honor Commemorative $1 Silver Coin". United States Mint.
  8. "1 Dollar Medal of Honor". Numista.com