Matrimonio entre persoas do mesmo sexo

matrimonio entre dúas persoas independentemente do seu xénero
(Redirección desde «Matrimonio homosexual»)

O matrimonio entre persoas do mesmo sexo, tamén chamado matrimonio igualitario, matrimonio homosexual ou matrimonio gai, é o recoñecemento social, cultural e xurídico que regula a relación e convivencia de dúas persoas do mesmo sexo, con iguais requisitos e efectos que os existentes para os matrimonios entre persoas heterosexuais.

Celebración en España con motivo da aprobación do matrimonio homosexual.

Recoñecemento

editar
 
Taxa de nupcialidade de matrimonios homosexuais en España no 2008.      0,127 - 0,060      0,060 - 0,040      0,040 - 0,020      0,020 - 0,013

O matrimonio entre persoas do mesmo sexo -nos países en que se aprobou ata o de agora- estableceuse legalmente mediante a extensión da institución xa existente do matrimonio civil a aquelas parellas formadas por persoas do mesmo sexo. Polo xeral mantense a natureza, os requisitos e os efectos que o ordenamento xurídico viña recoñecendo previamente ós matrimonios.

Polo momento o matrimonio entre persoas do mesmo sexo foi equiparado ó heterosexual con igualdade plena ou parcial de dereitos en 14 países en todo o mundo: os Países Baixos en primeiro lugar (no ano 2001), Bélxica (2003), España (2005), Canadá (2005), Suráfrica (2006), Noruega (2009), Suecia (2009), Portugal (2010), Islandia (2010), Arxentina (2010), Dinamarca (2012), o Uruguai (2013), Nova Zelandia (2013), Francia (2013) e Luxemburgo (2015). Existe o mesmo recoñecemento nalgúns territorios ou divisións administrativas dos Estados Unidos, o Brasil, México e o Reino Unido.

Xunto á institución do matrimonio, e como alternativa ou, en ocasións, superpoñéndose á regulación do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, existen institucións civís adicionais, moi diferentes entre cada país e comunidade, con denominacións distintas como "parellas de feito", "unións civís" ou "concubinatos" (entre outras denominacións), cada unha dunha natureza, requisitos e efectos ad hoc, segundo a realidade social, histórica, sociolóxica, xurídica e política do lugar. Estas institucións son consideradas polos movementos LGTB coma institucións apartheid e en moitos casos son criticadas por fomentaren a discriminación.

Por outra banda, o matrimonio relixioso é rexeitado por unha maioría de confesións relixiosas. Nos últimos tempos unicamente unhas poucas relixións decidiron adoptar algún tipo de medidas que signifiquen normalizar a situación das persoas ou das parellas homosexuais dentro do conxunto de fieis.

Historia

editar

Tense constancia da existencia de prácticas homosexuais desde os mesmos albores da humanidade, en todas as épocas e as civilizacións, con diferentes graos de recoñecemento ou de aceptación social.

En Europa

editar
  • Grecia antiga

A pederastia na Grecia antiga era unha práctica que se usaba no seo da aristocrática. Consistía nunha relación de tipo pedagóxico entre un adolescente e un home adulto. Dentro dela tiñan cabida os vínculos afectivos e sexuais, que eran socialmente aceptados. A expresión formal da relación pederasta variaba considerablemente dunha zona a outra. En calquera caso, as relacións amorosas entre un home e un mociño víanse como cousa normal e estaban reguladas legalmente[1].

  • Roma antiga

Como norma xeral na Roma antiga admítese o matrimonio entre home e muller. Porén, sábese dalgúns homes de posición social relevante que contraeron matrimonio con outros homes. Tal é o caso dos emperadores Adriano, Nerón ou Heliogábalo.

  • Europa medieval
 
Serxio e Baco uníronse en adelphopoiesis.
Artigo principal: Adelphopoiesis.

Na Europa medieval practicábase o rito da Adelphopoiesis, que tiña a súa orixe na igrexa grega (equivalente á Bratotvorenia nas igrexas eslavas)[2]. Tratábase dunha cerimonia de creación dun nexo de parentesco artificial, como se fai co apadriñamento ou coa filiación adoptiva. A nova relación é de tipo fraternal, normalmente entre homes, e con frecuencia era empregada para formalizar unha relación amorosa homosexual.[3] Os detractores do matrimonio homosexual negan este carácter da adelphopoiesis e preséntana como un rito simbólico de expresión dunha profunda amizade[4].

  • Balcáns.
Artigo principal: Virxe xuramentada.

Unha virxe xuramentada é un rol social presente nas sociedades patriarcais dos Balcáns nos que debido a determinadas razóns algunhas mulleres optan por levar unha vida de home vivindo como tal e adoptan unha postura inflexible de castidade.

En América

editar
  • Norteamérica.
 
Folla de Piñeiro, xefe berdache da tribo dos grow.
Artigo principal: Dous espíritos.

Os pobos amerindios do norte contemplaban a constitución de matrimonios nos que un dos homes adoptaba o rol feminino. Considerábase que este tiña ao mesmo tempo unha alma feminina e unha masculina.

  • Estados Unidos.

No século XIX e principios do XX, nos Estados Unidos, existiu o que se chamou Matrimonio de Boston[5]. Consistía na cohabitación de dúas mulleres independentes de todo home. Tratábase dunha relación amorosa, moitas veces de natureza platónica, sen necesidade de relacións carnais. O mesmo fenómeno ou variantes existiron en toda Europa na mesma época, sen denominación específica[6].

En África

editar

Os matrimonios entre mulleres téñense documentado en máis de trinta pobos africanos. Entre eles están o yoruba e o ibo na África occidental; o nuer no Sudán; o lovedu, o zulú e o sotho na África do sur; e o kikuyu e o nandi na África oriental. O casamento ten a súa cerimonia e a súa dote, e a parella é admitida no seo da nova familia. A parella mantén a estrutura xerárquica do matrimonio heterosexual, que se estende á definición de cada unha delas como pai ou nai dos eventuais fillos. A paternidade resólvese coa axuda de homes amigos ou parentes da parella, que inseminan á muller que vai xestar o neno. Os matrimonios entre homes foron documentados en áreas moito menos extensas. Distínguense en que poden disolverse de mutuo acordo.

En Oceanía

editar
Artigo principal: Fa'afafine.

Os Fa'afafine son un terceiro sexo na cultura de Samoa. Son bioloxicamente homes que durante a súa nenez foron elixidos para asumiren roles femininos polas súas familias. Esta práctica é aceptada pola sociedade samoana.

Artigo principal: Fakaleiti.

Os Fakaleiti (tamén chamados leiti, fakafefine ou lady) son homes tonganos que se comportan de xeito efeminado, ao contrario co resto dos homes da illa, que tenden a comportarse dunha maneira moi masculina.

En Asia

editar

Na China, especialmente en Fujian e durante a dinastía Ming, estaban reguladas as unións matrimoniais entre homes e entre mulleres. As unións eran socialmente aceptadas e reguladas, con atención ao dote, ao divorcio e á compra de mulleres para a reprodución. A unión duraba varios anos, despois dos cales o máis vello axudaba ao máis novo a formar unha familia heterosexual.

Estados que admiten o matrimonio civil

editar
 
Situación legal das parellas compostas por persoas do mesmo sexo no mundo      Matrimonio      Unións civís      Rexistro cohabitacional      Sen recoñecemento

A extensión xurídica do matrimonio forma parte dunha tendencia xeral de recoñecemento da homosexualidade na sociedade occidental moderna. Actualmente os seguintes estados conceden aos seus cidadáns o dereito a estableceren unha relación matrimonial legalmente válida entre persoas do mesmo sexo:

En Europa

editar

As relacións homosexuais despenalizáronse en 1811. Foi o primeiro país do mundo en aprobar o matrimonio entre persoas do mesmo sexo no ano 2001. A pesar de que mantivo vetada a adopción internacional ata o 2005, hoxe está permitida. Os territorios das Antillas Holandesas e Aruba, obrigados a recoñecer os matrimonios contraídos na metrópole, néganse a celebralos.[7]

O 1 de xuño do 2003 recoñeceu os casamentos entre persoas do mesmo sexo. En principio esta equiparación estivo reservada a parellas das que polo menos un dos seus membros fose belga e a aquelas constituídas en países que tamén recoñecesen este tipo de matrimonios. Unha reforma legal en outubro do 2004 pasou a permitir o casamento de parellas sen importar a súa composición, só co requisito de que un dos esposos teña un tempo de residencia no país de polo menos tres meses.

A modificación do Código Civil necesaria para facer posible o matrimonio entre persoas do mesmo sexo entrou en vigor tras a aprobación da lei 13/2005 o 2 de xullo do 2005[8]. O principal partido da oposición presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional contra algúns dos puntos modificados pola lei, entre os cales se atopa a denominación do matrimonio e a adopción por parte de parellas homosexuais casadas. A sentenza pronunciouse o 6 de novembro de 2012, rexeitando o recurso co voto de 8 maxistrados a favor fronte a 3 en contra[9].

Durante o ano 2007 celebráronse en España 3.250 matrimonios homosexuais, case un 29% menos que no ano 2006. Deles, celebráronse 77 en Galicia, 52 entre homes e 25 entre mulleres, o que representa unha das taxas máis baixas de España[10]. Aínda así, estímase que arredor de 18.000 parellas do mesmo sexo casaron en España entre o ano 2005 e o 2009, das cales un 64,8% estaban formadas por homes e un 35,2% por mulleres[11]. No ano 2009 en España celebráronse 175.952 casamentos, e deles 172.540 foron entre persoas de distinto sexo (21.482 menos que no 2008), mentres que 3.412 (o 1’94%) foron entre persoas do mesmo sexo (218 máis que no 2008). Destes últimos, 2.212 foron matrimonios entre homes, mentres que 1.200 foron matrimonios entre mulleres[12]. Desde a aprobación da lei e ata o 2012 celebráronse en España 22.124 matrimonios homosexuais[13].

 
Situación legal das parellas compostas por persoas do mesmo sexo en Europa:      Matrimonio      Unións civís      Rexistro cohabitacional      Sen unións civís      Matrimonio prohibido constitucionalmente

O 1 de abril do 2009 o Parlamento sueco aprobou por 261 votos a favor, 22 en contra e 16 abstencións a reforma da lexislación en materia de matrimonio. A devandita reforma entrou en vigor o 1 de maio do 2009. Suecia xa recoñecía ás parellas do mesmo sexo os mesmos dereitos que ás parellas casadas, incluída a adopción, pero baixo unha figura xurídica distinta[14].

Dende xaneiro do 2009 é posible contraer matrimonio en Noruega para as parellas do mesmo sexo[15]. Antes diso había unha lei de unións civís dende 1993, que non permitía acceder á adopción ás parellas do mesmo sexo nin á inseminación artificial ás parellas de mulleres. Mantense a prohibición de doar sangue para as persoas homosexuais.

A modificación do Código Civil que fai posible o casamento entre persoas do mesmo sexo entrou en vigor o 31 de maio do 2010[16]. Previamente o Tribunal constitucional de Portugal resolveu sobre a constitucionalidade desta lei nun proceso de fiscalización da legalidade requirido polo presidente da República[17]. Esta modificación lexislativa non equipara plenamente os matrimonios heterosexuais e homosexuais, pois non contempla a posibilidade de que estes poidan adoptar nenos. Antes, no ano 2008, fora rexeitada unha proposición lexislativa neste mesmo sentido[18][19][20].

O 23 de marzo do 2010 o goberno islandés, presidido pola socialdemócrata Johanna Sigurdardóttir, primeira política lesbiana en ocupar o cargo de Primeira Ministra, presentou ante o Parlamento un proxecto de lei encamiñado a modificar a lei que regula o matrimonio para ampliar este dereito a parellas do mesmo sexo. Esta lei foi aprobada o 11 de xuño polo Parlamento por 49 votos a favor e ningún en contra, e entrou en vigor o 27 de xuño[21]. Unha das primeiras persoas en casar foi a Primeira Ministra[22].

As relacións homosexuais son legais dende 1933 e a idade de consentimento é a mesma que para as relacións heterosexuais dende 1977. No 2006 permitiuse ás lesbianas acceder á inseminación artificial e no 2009 aprobouse a igualdade coas parellas heterosexuais na adopción conxunta de menores[23]. O Parlamento de Dinamarca aprobou por 85 votos a 24 a modificación da lexislación en materia de matrimonio, que quedou redactada de forma totalmente neutra con respecto ó xénero dos contraentes. A nova lei entrou en vigor o 15 de xuño do 2012. A reforma legal permite á Igrexa Luterana Evanxélica de Dinamarca celebrar casamentos entre persoas do mesmo sexo[24].

As relacións homosexuais foron despenalizadas en Francia en 1791, e en 1982 igualouse a idade de consentimento coas parellas heterosexuais. O 18 de maio do 2013 foi aprobada en Francia e promulgada polo presidente François Hollande a Lei 2013-404 que abre o matrimonio ás parellas de persoas do mesmo sexo[25]. A decisión provocou unha forte reacción de sectores contrarios ó matrimonio igualitario, que se expresou en manifestacións, protestas e actos de violencia[26][27], especialmente desde posicións conservadoras e católicas [28].

O 18 de xuño do 2014, a Cámara de Deputados de Luxemburgo aprobou, por 56 votos a favor e 4 en contra, a lei que permite o matrimonio igualitario e a adopción homoparental plena. O proceso lexislativo comezou no ano 2010 e a lei entrou en vigor o 1 de xaneiro do 2015[29].

  • En Gran Bretaña: As relacións homosexuais foron despenalizadas en Inglaterra e Gales en 1967, en Escocia en 1980 e en Irlanda do Norte en 1984. En 1988 Margaret Thatcher promoveu a Sección 28, unha lei que prohibía ás institucións públicas promover a aceptación da homosexualidade como unha realidade familiar máis.
    • Inglaterra e Gales: O Parlamento británico aprobou o 15 de xullo do 2013 a lai de matrimonio igualitario, que foi refrendada ó día seguinte pola raíña Isabel II[30]. A nova Lei ten validez unicamente en Inglaterra e Gales, polo momento Irlanda do Norte non permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. De todos modos a equiparación entre matrimonios hetero e homosexuais non é total.
    • Escocia: Unha lei aprobada polo Parlamento escocés o 16 de decembro do 2014 permitiu que se comezasen a celebrar casamentos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte. O número de votos favorables foi de 105, fronte a 18 contrarios[31].
  • Finlandia

Por 101 votos a favor, 90 en contra e 1 abstención, o Parlamento finlandés aprobou a lei de matrimonio igualitario, que entrará en vigor o 1 de marzo do 2017. O proceso tivo orixe nunha iniciativa lexislativa popular. Con anterioridade, no ano 2012, fora presentada unha proposta de matrimonio igualitario, pero non foi admitida a trámite. O arcebispo de Turku e máxima figura da Igrexa luterana finlandesa mostrouse favorable a esta iniciativa[32].

En América do Norte

editar
 
Status legal das parellas homosexuais en América do Norte.      Matrimonio      Unións civís      Recoñecemento de matrimonios homosexuais realizados noutros países ou estados no interior do país
  • En Canadá: O 29 de abril do 2005 o Parlamento canadense aprobou a lei por 158 votos a favor e 133 en contra. Nesa data a meirande parte das rexións do Canadá xa permitían os casamentos entre persoas do mesmo sexo[33].
  • En México:
    • México D.F.: O 4 de marzo do 2010 entrou en vigor a reforma do Código Civil que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo en México Distrito Federal, que fora aprobada pola Asemblea Lexislativa da capital o 21 de decembro do 2009 por 39 votos a favor, 20 en contra e 5 abstencións, nunha decisión que converteu a México DF no primeiro lugar da América Latina que recoñeceu o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. A Procuradoría Xeral da República presentou perante a Corte Suprema un recurso de inconstitucionalidade que foi desestimado.[34] A capital mexicana xa contaba dende había dous anos cunha Lei de Convivencia que equiparaba os dereitos das parellas homosexuais e heterosexuais.[35] En agosto do 2009 a Suprema Corte de Justicia de la Nación (SCJN) decidiu conceder validez en todo o país aos matrimonios celebrados na Cidade de México[36] e recoñecerlles o dereito a optar á adopción de menores.[37]
    • Estado de México: En xuño do 2013 foi concedido o amparo xudicial que autoriza a catro parellas do mesmo sexo a contraer matrimonio. Estase á espera da resolución do recurso presentado polo Rexistro Civil[38].
  • Nos Estados Unidos:
    • Massachusetts: Foi o primeiro dos estados norteamericanos que recoñeceu, no 2004, o dereito ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo. En xullo do 2009 a fiscal xeral do estado, Martha Coakley, presentou unha demanda contra o Goberno federal por manter a DOMA (Defense of Marriage Act), a lei que impide o recoñecemento federal dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo[39]. O 9 de xullo do 2010 unha sentenza resolveu dúas denuncias, unha delas presentada pola GLAD (Gay and Lesbian Advocates and Defenders) e a outra polo estado de Massachusetts, nas que declaraba inconstitucional a DOMA ao considerar que supón unha intrusión na capacidade de decisión dos estados en materia de familia[40].
    • En California no 2005 foi aprobada a reforma lexislativa necesaria para facer posible o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, por 41 votos a favor e 35 en contra. No 2008 a Corte Suprema do estado declarou inconstitucional a prohibición do matrimonio entre persoas do mesmo sexo e legalizou o matrimonio. Esta decisión foi revertida cinco meses máis tarde por referendo o 4 de novembro, a través da chamada Proposición 8 que emendou a Constitución de California co fin de que o matrimonio só sexa entre un home e unha muller. Ficaron legais os 18.000 matrimonios homosexuais que se oficializaran ata ese momento.[41] Porén, un xuíz federal declarou inconstitucional a antedita Proposición 8, nunha sentenza cuxa apelación non está aínda resolta, polo que a posibilidade de contraer matrimonio permanece en suspenso para as parellas do mesmo sexo[42][43]. Porén estanse levando adiante singulares iniciativas que buscan poñer de relevancia a relatividade moral da derrogación do matrimonio homosexual en California, como aquela que, en virtude dos mesmos principios que levaron á súa prohibición, pide agora a abolición do divorcio[44].
    • Connecticut: En outubro do 2008 a Corte Suprema de Connecticut decidiu, por 4 votos contra 3, fallar a favor de oito parellas que demandaron o estado por imposibilitarlles o acceso ao matrimonio civil. Tras a sentenza o estado emprendeu un proceso de reforma da lexislación reguladora do matrimonio, que culminou o 22 de abril do 2009 tras a súa aprobación pola Cámara de Representantes, por 100 votos a favor e 44 en contra, e polo Senado, por 28 votos a favor e 7 en contra[45].
    • Iowa: O 3 de abril do 2009 a Corte Suprema do estado de Iowa sentenciou que a lei que prohibía ás parellas do mesmo sexo contraer matrimonio era discriminatoria e contraria ao principio de igualdade. Esta decisión puña fin á demanda presentada no 2005 por seis parellas contra o estado por impedirlles casar[46].
    • Maine: O 6 de maio do 2009 a Cámara de Representantes do estado de Maine aprobou por 89 votos contra 57 a lei que permitirá o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, e que fora aprobada polo Senado do estado o 30 de abril por 21 votos a favor, 13 en contra e unha abstención[47]. O gobernador John Baldacci non exerceu o seu dereito de veto[48].
    • Vermont: O proxecto de lei que fai posible o matrimonio para parellas do mesmo sexo presentouse o 5 de febreiro do 2009. Foi vetada polo Gobernador Jim Douglas. O 7 de abril a Cámara de Representantes do estado levantou o veto. Os primeiros casamentos celebráronse o 1 de setembro.
    • Nova Hampshire: O 1 de xaneiro do 2010 entrou en vigor a lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, aprobada o mes de xuño anterior polo Senado do Estado de Nova Hampshire por 14 votos a favor e 10 en contra. A condición de non exercer o seu veto, o Gobernador, John Lynch, impuxo que as organizacións relixiosas e as igrexas quedasen exentas da obriga de celebraren ou proporcionaren asistencia a casamentos entre persoas do mesmo sexo.
    • Washington D.C.: O 3 de marzo do 2010 entrou en vigor a lei aprobada polo City Council da capital federal o 15 de decembro do 2009 por 11 votos a favor e 2 en contra[49]. O Congreso dos Estados Unidos renunciou a facer uso da súa capacidade de veto.
    • Rhode Island aprobou o matrimonio igualitario o 2 de maio do 2013. A correspondente lei entrou en vigor en agosto dese mesmo ano. Desta forma Rhode Island se converteu no último dos estados de Nova Inglaterra en permitir o acceso ó matrimonio a parellas do mesmo sexo [50].
    • O Senado de Minnesota aprobouno o 13 de maio do 2013 por 37 votos a favor e 30 en contra. En novembro do 2012 someteuse a referendo a modificación da Constitución do Estado de Minnesota para prohibir expresamente o casamento entre persoas do mesmo sexo. O resultado desta consulta foi un 51,3% dos votos en contra fronte a un 47,6% a favor[51].
    • No ano 2006 a Corte Suprema de Nova Jersey ordenaba a equiparación dos dereitos das parellas do mesmo sexo cos dos das parellas heterosexuais casadas. O Estado respondeu aprobando unha lei de unións civís que concedía igualdade de dereitos pero dentro de categorías xurídicas diferentes. Posteriormente as Cámaras de Nova Jersey aprobaron no 2012 unha ley de matrimonio igualitario, que foi vedada polo gobernador republicano Christopher Christie. Dúas organizacións de defensa de dereitos presentaron unha demanda que foi resolta pola xuíza na que ordena que a partir do 21 de outubro se lles expidan ás parellas do mesmo sexo as súas correspondentes licenzas de casamento[52]. Finalmente un tribunal do Condado de Mercer ordenou ás autoridades estatales permitir o matrimonio igualitario debido a que a normativa vixente sobre unións civís non garante que as parellas do mesmo sexo adquiran os mesmos dereitos que as heterosexuais. A sentenza establece o 21 de outubro do 2013 como data de inicio dos casamentos[53].
    • Diferentes pobos amerindios dos Estados Unidos aprobaron xa o recoñecemento do matrimonio igualitario. A derogación da sección 3 da Defense of Marriage Act, a norma que prohibía á administración federal recoñecer os matrimonios entre persoas do mesmo sexo, fai que estes, cando se celebren nas tribos nas que sexan permitidos, sexan plenamente recoñecidos pola autoridade federal. Polo de agora son cinco os pobos indíxenas que decidiron aprobar o matrimonio igualitario: no 2008 os Coquille[54] (Oregón), no 2011 os Suquamish[55] (Washington), e no 2013 os Odawa[56] (Míchigan), os Santa Ysabel (California), os Pokagon[57] (Míchigan), os Colville[58] (Washington) e os cheyennes e os arapaho[59] (Oklahoma).
    • En Arizona o 17 de outubro do 2014 un xuíz federal declarou inconstitucional a prohibición do matrimonio igualitario nese Estado[60].
    • En Wyoming o 17 de outubro do 2014 un xuíz federal estableceu medidas cautelares contra a normativa que prohibía o matrimonio igualitario nese Estado[61].
    • En Montana as leis que prohibían o matrimonio igualitario quedaron en suspenso o 19 de novembro do 2014, por aplicación dunha sentenza dun xuíz federal, que as considera contrarias á Constitución dos Estados Unidos[62].
    • En Carolina do Sur outro xuíz federal declarou inconstitucional a prohibición do matrimonio igualitario[63].
    • En Florida os primeiros casamentos comezaron a celebrarse o 6 de xaneiro do 2015, en aplicación dunha sentenza dun xuíz federal[64].
    • Unha sentenza do 23 de xaneiro do 2015 dunha xuíza federal de Alabama declarou inconstitucional a emenda 774, coñecida como "de Santidade do Matrimonio”, da Constitución deste Estado[65].
  • Varios Estados da Unión nos que non está permitido o matrimonio recoñecen, porén, total ou parcialmente, aqueles que foron celebrados en Estados nos que si é posible. Entre eles atópase Ohio[66].

En América do Sur

editar
 
Status legal das parellas homosexuais na América Latina.      Matrimonios do mesmo sexo      Outro tipo de unións civís      Sen unións civís      Pena menor      Matrimonio prohibido constitucionalmente
  • Na Arxentina: A Cámara de Deputados arxentina aprobou o 5 de maio do 2010 un proxecto de lei presentado pola Federación Argentina de Lesbianas, Gays, Bisexuales y Transexuales (FALGBT), que permitiría o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, por 126 votos a favor, 110 en contra e 4 abstencións.[67] A súa aprobación definitiva por parte do Senado produciuse o 15 de xullo do 2010, por 33 votos a favor, 27 en contra e 3 abstencións, nunha longa sesión de 15 horas na que se decidiu a modificación do Código Civil.[68][69][70] Dende decembro do 2009, en diferentes puntos do país (case todos na capital federal) celebráronse ata o momento nove matrimonios entre persoas do mesmo sexo, todos eles por mandato xudicial, de resultas de recursos presentados polos interesados.[71][72]
  • En Uruguai: A Cámara de Representantes do Uruguai aprobou o 10 de abril a lei [73] que abre o matrimonio ás parellas do mesmo sexo. O proxecto xa recibira o prace da Cámara en decembro, pero tivo que ser votado de novo despois de que o Senado o aprobase con algunhas modificacións [74].
  • En Colombia: O 20 de setembro do 2013 casou a unha parella de homes en Bogotá e o 25 do mesmo mes unha de mulleres en Gachetá. Nos dous casos os casamentos foron resultado dunha decisión xudicial. Xa no mes de xullo dese mesmo ano unha xuíza recoñeceulle a unha parella o estado civil de casados, pero eludindo o termo "matrimonio". Pretendía deste modo aplicar o mandato da Corte Constitucional de Colombia, que nunha sentenza do ano 2011 determinou que as parellas do mesmo sexo constitúen familia e deu un prazo de dous anos ó Congreso para que lexislase o seu recoñecemento xurídico en igualdade de dereitos co matrimonio civil heterosexual. A Procuraduría Xeral da Nación anunciou que iniciará accións encamiñadas a invalidar estes casamentos[75][76][77].
  • Brasil: No ano 2011 o Tribunal Supremo do Brasil considerou legal a unión matrimonial de dúas mulleres, malia que a Constitución brasileira define o matrimonio como a unión dun home cunha muller. A partir dese momento o matrimonio igualitario comezou a ser legalizado en diferentes xurisdicións, ata estenderse a 12 dos 26 Estados e máis o Distrito Federal. No propio ano 2011 celebráronse os dous primeiros casamentos, un entre homes en São Paulo e outro entre mulleres en Brasilia. No 2013 o Conselho Nacional de Justiça decretou que os rexistros civís están obrigados a rexistrar os matrimonios entre persoas do mesmo sexo e deberán facilitar o trámite de conversión en matrimonios das unións civís que se empezaron a celebrar dende a súa aprobación no ano 2012[78].

Noutros continentes

editar

A Constitución surafricana é unha das poucas do mundo que recoñece explicitamente o dereito á non discriminación por razóns de orientación sexual. Ademais disto, o país aprobou no 2006 o matrimonio entre persoas do mesmo sexo tras un ditame unánime do Tribunal Supremo, que considerou inconstitucional a súa prohibición. Isto contrasta coa situación vivida durante a época do apartheid, durante a cal as institucións levaron a cabo campañas de "curación" da homosexualidade a través do electrochoque e a castración química. Os propios costumes ancestrais do país son intolerantes á homosexualidade, como demostra a extensión de prácticas tales como as violacións correctivas a lesbianas.[79]

  • Nova Zelandia: En abril do 2013 o parlamento neozelandés aprobou a modificación da lei de 1955 que regulaba os casamentos, cunha maioría de 77 votos a favor e 44 en contra. As unións civís eran legais xa en Nova Zelandia dende o ano 2005 [80]
  • Israel: Non celebra matrimonios entre persoas do mesmo sexo, pero recoñece aqueles que foron celebrados noutros estados.
  • En Australia:
    • O goberno do Territorio da Capital Australiana aprobou en outubro do 2013 a Marriage Equality Bill, que regulaba o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Na votación os deputados laboristas e verdes mostráronse favorables á legalización con 9 votos, mentres que os 8 votos da oposición liberal foron en contra. A devandita lei debía ter validez dentro do chamado Territorio da Capital Australiana, mais o goberno australiano, presidido por Tony Abbott, anunciou que ía recorrer a lei[81]. O Tribunal Supremo de Australia anulou a lexislación en decembro do mesmo ano, facendo nulos os casamentos celebrados até entón.

Estados nos que se atopa en tramitación o matrimonio civil

editar

Outros estados atópanse en proceso de tramitación parlamentaria ou aprobación das reformas lexislativas necesarias para recoñeceren o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Noutros casos hai resolucións xudiciais que sentan xurisprudencia ou previsiblemente desembocarán en cambios lexislativos favorables:

  • Luxemburgo: O goberno de coalición formado polo Partido Popular Social Cristián e o Partido Socialista, constituído en xuño do 2009, incluía no seu programa de goberno a modificación do Código Civil para posibilitar que as parellas do mesmo sexo puidesen contraer matrimonio[82][83]. O proxecto de lei foi aprobado polo consello de ministros do 9 de xullo do 2010[84] e o seu trámite parlamentario iniciado o 10 de agosto dese mesmo ano[85]. Inicialmente estaba previsto o recoñecemento dos matrimonios similares celebrados noutros países, permitíase a adopción simple e, no caso de matrimonios mixtos, só se permitía con cidadáns de países que contemplasen figuras análogas de matrimonio[86]. Finalmente a lei, de ser aprobada, equiparará plenamente en dereitos os matrimonios con independencia do sexo dos seus compoñentes[87].
  • Nepal: A redacción da nova Constitución garantirá o dereito a contraer matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Darase cumprimento así ao ordenado polo Tribunal Constitucional en novembro do 2008.
  • Eslovenia: O Parlamento aprobou en marzo do 2010, por 46 votos a favor e 38 en contra, o proxecto de lei presentado polo Goberno do país en decembro do 2009, que permitiría o matrimonio entre persoas do mesmo sexo. A lei da resposta á esixencia do Tribunal Supremo esloveno, que en xullo do 2009 determinou que a actual lexislación de parellas de feito aprobada no 2006 é discriminatoria, dándolle ao Goberno un prazo de seis meses para reformala[88].
  • Finlandia: As relacións homosexuais foron despenalizadas en 1971 e a idade de consentimento foi igualada en 1999. O partido Coalición Nacional proporá o próximo congreso do partido a adopción dunha política favorable ao recoñecemento do matrimonio entre persoas do mesmo sexo. O seu socio de goberno, o Partido do Centro, móstrase de acordo. Espérase que esta iniciativa cobre forma xurídica antes das eleccións xerais do 2011 e que os primeiros casamentos se poidan realizar no 2012[89].
  • En Gran Bretaña:
    • Escocia: O proxecto de Marriage and Civil Partnership Bill atópase en tramitación parlamentaria desde que foi presentado en maio do 2013. Conta co apoio tanto do goberno como de toda a oposición[90].
  • En México:
    • Estado de México: En xuño do 2013 foi concedido o amparo xudicial que autoriza a catro parellas do mesmo sexo a contraer matrimonio. Estase á espera da resolución do recurso presentado polo Rexistro Civil[38].
    • Colima: Outra decisión xudicial recoñeceu o dereito dunha parella de homes a casar[91]. Semanas antes a alcaldesa de Cuauhtémoc decidiu permitir matrimonios deste tipo baseándose en que a Constitución Federal prohibe a discriminación[92].
    • Iucatán: O PRD presentou no Congreso unha iniciativa lexislativa que ten como obxectivo a regulación do matrimonio igualitario[93]. O primeiro casamento entre dous homes tivo lugar en agosto do 2013, de resultas dunha decisión xudicial que o permitiu[94].
    • Coahuila de Zaragoza: O PSD presentou unha proposición no Congreso para modificar o Código Civil e o Procesal Civil para que se permita o matrimonio entre parellas do mesmo sexo. O gobernador mostrouse partidario de apoiar a iniciativa[95].
    • Chihuahua: O xuíz décimo de Distrito ordenou ó director do Rexistro Civil a legalizar a unión entre dos homes, que lles foi prohibida porque a entidade non prevé máis que as unións entre home e muller. Outros catro amparos seguen pendentes de resolución[96].

Relixións que admiten o matrimonio

editar

Entre a infinidade de confesións relixiosas existentes, unha minoría ve con bos ollos a unión de parellas do mesmo sexo baixo a forma de matrimonio en pé de igualdade coas de diferente sexo. Menos aínda son as que admiten que este tipo de casamentos se formalice mediante os seus propios ritos. Polo momento estas últimas son todas igrexas de ámbito cristián.

  • Igrexa de Suecia –Evanxélica Luterana: O bispo Claes-Bertil Ytterberg, cabeza da Igrexa de Suecia –Evanxélica Luterana expresou o seu apoio á reforma legal que permitiu que as persoas do mesmo sexo poidan casar en Suecia. Asemade, aclarou que permitirá que as parellas homosexuais casen nas súas igrexas do mesmo modo que o fan as heterosexuais[97].
  1. FOUCAULT, M. (1999). Historia de la sexualidad: La voluntad de saber. Siglo XXI. ISBN 978-968-23-1735-4. (en castelán)
  2. HAGGERTY, G.E. (2000). Gay histories and cultures: an encyclopedia. Vol. 2. Taylor & Francis. ISBN 978-0-8153-1880-4. (en inglés)
  3. BOSWELL, J. (1994). Same-Sex Unions in Premodern Europa. Nova York. (en inglés).
  4. DAILEY, T.J. (2006). Oscura obsesion: Tragedia y amenaza del estilo de vida homosexual. B&H Publishing Group. ISBN 978-0-8054-3277-0. (en castelán)
  5. YALOM, M.; CARSTENSEN, L.L. (2002). Inside the American couple: new thinking/new challenges. University of California Press. ISBN 978-0-520-22957-0. (en inglés)
  6. MOGROVEJO, N. (2000). Un amor que se atrevió a decir su nombre: la lucha de las lesbianas y su relación con los movimientos homosexual y feminista en América Latina. Plaza y Valdes. ISBN 978-968-856-725-8. (en castelán)
  7. HEKMA, G. www.glbtq.com, ed. "The turn into the twenty-first century". Arquivado dende o orixinal (Html) o 04/06/2011. Consultado o 12/08/2010. (en inglés)
  8. "LEY 13/2005, de 1 de julio, por la que se modifica el Código Civil en materia de derecho a contraer matrimonio" (Pdf). 02/07/2005. Consultado o 12/06/2010. (en castelán)
  9. "Sí, al matrimonio homosexual". Consultado o 23/09/2013. (en castelán)
  10. La Voz de Galicia, 05/07/2008. (en castelán)
  11. Nacho (24/06/2010). www.ambienteg.com, ed. "18.000 parejas se han casado en España entre el año 2005 y el 2009". Arquivado dende o orixinal o 30/09/2020. Consultado o 24/06/2010. (en castelán)
  12. INE (22/06/2010). www.ine.es, ed. "Movimiento Natural de la Población e Indicadores Demográficos Básicos. Año 2009. Datos provisionales." (Pdf). Consultado o 24/06/2010. (en castelán)
  13. www.farodevigo.es, ed. (06/11/2012). "Sí, al matrimonio homosexual". Consultado o 11/02/2015. (en castelán)
  14. FELGTB (03/04/2009). "A FELGTB celebra o avance dos dereitos LGTB en Suecia tras a aprobación do matrimonio" (Html). Consultado o 12/06/2010. [Ligazón morta](en castelán)
  15. "Noruega approves gay marriage". Arquivado dende o orixinal (Html) o 18/06/2008. Consultado o 12/06/2010. (en inglés)
  16. Diário da República (ed.). "Lei 9/2010 de 31 de maio. Permite o casamento civil entre pessoas do mesmo sexo" (Pdf). Consultado o 12/06/2010 data=31/05/2010. (en portugués)
  17. Gabinete do presidente do Tribunal Constitucional (08/04/2010). "Nota de prensa" (Pdf). Consultado o 12/06/2010. [Ligazón morta](en portugués)
  18. RELEA, F. (18/12/2009). www.elpais.com, ed. "Portugal legaliza el matrimonio gay sin derecho a la adopción". Consultado o 28/06/2010. (en castelán)
  19. Redacción (18/12/2009). www.vieiros.com, ed. "Portugal legaliza o matrimonio homosexual, mais sen dereito de adopción". Consultado o 28/06/2010. 
  20. Tribunal constitucional, Gabinete do Presidente. http://dn.sapo.pt, ed. "Nota à Comunicaçao social" (Pdf). Consultado o 28/06/2010. [Ligazón morta](en portugués)
  21. EFE (11/06/2010). www.publico.es, ed. "Islandia aprueba el matrimonio homosexual" (Html). Consultado o 12/06/2010. (en castelán)
  22. FRANCE PRESSE (27/06/2010). www.feminismo.org, ed. "Premiê islandesa se casa no primeiro dia da lei de matrimônio gay". Arquivado dende o orixinal o 11/09/2019. Consultado o 28/06/2010. (en portugués)
  23. www.pr-inside.com, ed. (17/03/2009). "Denmark allows gay couples to adopt". Arquivado dende o orixinal (Htm) o 24/03/2009. Consultado o 10/08/2010. (en inglés)
  24. "Dinamarca aprueba el matrimonio entre personas del mismo sexo". 07/06/2012. Consultado o 23/09/2013. (en castelán)
  25. "LOI n° 2013-404 du 17 mai 2013 ouvrant le mariage aux couples de personnes de même sexe". (en francés)
  26. www.lemonde.fr, ed. (26/05/2013). "Dernière démonstration de force pour les opposants au mariage homosexuel". Consultado o 20/09/2013. (en francés)
  27. tempsreel.nouvelobs.com, ed. (27/05/2013). "Manif pour tous : le calme est revenu aux Invalides". Consultado o 20/09/2013.  (en francés)
  28. elpais.com, ed. (26/05/2013). "La Iglesia y la extrema derecha francesa unen sus fuerzas contra el matrimonio gay". Consultado o 20/09/2013. (en castelán)
  29. www.dosmanzanas.com, ed. (04/01/2015). "Luxemburgo celebra su primera boda de una pareja del mismo sexo". Consultado o 11/02/2015. (en castelán)
  30. Bingham, J. (15/07/2013). www.telegraph.co.uk, ed. "Gay marriage clears the House of Lords". Consultado o 30/08/2013. (en inglés)
  31. www.dosmanzanas.com, ed. (01/01/2015). "Se celebran los primeros matrimonios entre personas del mismo sexo en Escocia". Consultado o 10/02/2015. (en castelán)
  32. www.dosmanzanas.com, ed. (12/12/2014). "Culminado el proceso parlamentario, ya es definitivo: Finlandia ha aprobado el matrimonio igualitario". Consultado o 10/02/2015. (en castelán)
  33. www.elpais.com, ed. (29/06/2005). "Canadá aprueba el matrimonio homosexual". Consultado o 13/06/2010. (en castelán)
  34. EUROPA PRESS (29/01/2010). www.europapress.es, ed. "El Supremo admite a trámite el recurso de la Procuraduría contra el matrimonio y la adopción entre homosexuales" (Html). Consultado o 12/06/2010. (en castelán)
  35. Raquel Seco (9 de abril de 2013). El País, ed. "¿Está América Latina preparada para el matrimonio gay?" (en castelán). Consultado o 17 de maio de 2019. 
  36. MORA, E. (09/08/2010). www2.esmas.com, ed. "Corte: Matrimonios gay del DF, validos en todo el país". Arquivado dende o orixinal o 05/01/2012. Consultado o 12/08/2010. (en castelán)
  37. www.semana.com, ed. (16/08/2010). "Parejas gay en Ciudad de México podrán adoptar". Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 18/08/2010. (en castelán)
  38. 38,0 38,1 alfadiario.tv, ed. (25/06/2013). "Parejas homosexuales, a un paso de consumar sus bodas". Arquivado dende o orixinal o 21/09/2013. Consultado o 30/08/2013. (en castelán)
  39. BROWERMAN, N. (08/07/2009). www.advocate.com, ed. "Mass. Files Suit Against DOMA" (Html). Consultado o 12/06/2010. [Ligazón morta](en inglés)
  40. KEN, L. (08/07/2010). www.advocate.com, ed. "Court deals blow to DOMA". Consultado o 16/07/2010. (en inglés)
  41. ALANDETE, D. (27/05/2009). www.elpais.com, ed. "La justicia avala el veto al matrimonio gay en California". Consultado o 28/06/2010. 
  42. WALKER, V.R. (2010 formato=Pdf editor=www.ecf.cand.uscourts.gov). "Kristin M. Perry, Sandra B. Stier, Paul K. Katami and Jeffrey J. Zarrillo vs. Arnold Scwarzenegger, in his official capacity etc." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/03/2013. Consultado o 07/08/2010. (en inglés)
  43. LEFF, L. (17/08/2010). www.ajc.com, ed. "Calif. gays must wait to wed during Prop 8 appeal". Arquivado dende o orixinal (Html) o 18/08/2010. Consultado o 18/08/2010. (en inglés)
  44. RESCUE MARRIAGE (04/07/2009). www.rescuemarriage.org, ed. "2012 California Marriage Protection Act. Safeguarding marriage from the evils of divorce". Arquivado dende o orixinal o 08/07/2010. Consultado o 16/07/2010. (en inglés)
  45. EDT (23/04/2009). www.365gay.com, ed. "Vote caps decade-long gay marriage fight in Conn.". Arquivado dende o orixinal (Html) o 26/04/2009. Consultado o 12/06/2010. (en inglés)
  46. Corte Suprema de Iowa, ed. (03/04/2009). "Katherine Varnum, Patricia Hyde, Dawn Barbouroske, Jennifer Barbouroske, Jason Morgan, Charles Swaggerty, David Twombley, Lawrende Hoch, William M. Musser, Otter Dreaming, Ingrid Olson, and Reva Evans vs. Timothy J. Brien, in his official capacities as the Polk County Recorder and Polk County Registrar" (Pdf). Consultado o 13/06/2010. [Ligazón morta](en inglés)
  47. MALONE, S. (06/05/2009). www.uk.reuters.com, ed. "Maine takes step toward approving gay marriage". Arquivado dende o orixinal (Html) o 12/09/2019. Consultado o 12/06/2010. (en inglés)
  48. www.foxnews.com, ed. (06/05/2009). "Maine governor signs allowing gay marriage". Arquivado dende o orixinal (Html) o 12/11/2010. Consultado o 12/06/2010. (en inglés)
  49. URBINA, I. (15/12/2009). www.nytimes.com, ed. "D.C. Council Approves Gay Marriage" (Html). Consultado o 12/06/2010. (en inglés)
  50. Nesi, T. (03/05/2013). "Chafee signs same-sex marriage bill after House gives final OK 56-15". Arquivado dende o orixinal o 24/09/2013. Consultado o 23/09/2013. (en inglés)
  51. Parnass, S. (13/05/2013). http://abcnews.go.com, ed. "Minnesota Senate Votes to Allow Same-Sex Marriage". Consultado o 23/09/2013. 
  52. "Decision Summary Judgment". 27/09/2013. Consultado o 29/09/2013. (en inglés)
  53. "Nueva Jersey legaliza el matrimonio igualitario". 19/10/2013. Arquivado dende o orixinal o 23/09/2016. Consultado o 20/10/2013. (en castelán)
  54. Flick (28/10/2008). dosmanzanas.com, ed. "Una tribu nativa de los Estados Unidos legaliza el matrimonio homosexual". Consultado o 30/08/2013. (en castelán)
  55. Gardner, S. (01/08/2011). www.kitsapsun.com, ed. "Suquamish Tribe approves same-sex marriage". Arquivado dende o orixinal o 02/08/2011. Consultado o 30/08/2013. (en inglés)
  56. Hubbard, B. (15/03/2013). www.petoskeynews.com, ed. "Odawa tribe becomes third in nation to allow gay marriage; marries first couple". Arquivado dende o orixinal o 21/09/2013. Consultado o 30/08/2013. (en inglés)
  57. wwmt.com/ (ed.). "West Michigan couple have first same-sex wedding in Pokagon Tribal Court". Arquivado dende o orixinal o 12/02/2015. Consultado o 30/08/2013. (en inglés)
  58. Mehaffey, K.C. (07/09/2013). www.wenatcheeworld.com, ed. "Colvilles recognize same sex marriage". Consultado o 30/08/2013. (en inglés)
  59. www.koco.com, ed. (21/10/2013). "Same-sex Oklahoma couple marries legally under tribal law". Consultado o 21/10/2013. (en inglés)
  60. www.dosmanzanas.com, ed. (18/10/2014). "El matrimonio igualitario ya es legal en Arizona y Wyoming". Consultado o 10/02/2015. (en castelán)
  61. www.dosmanzanas.com, ed. (23/10/2014). "Algunas capillas de boda de Las Vegas rehúsan celebrar matrimonios de parejas del mismo sexo. Primeras bodas en Wyoming". Consultado o 10/02/2015. (en castelán)
  62. www.dosmanzanas.com, ed. (20/11/2014). "Más avances: un juez federal falla a favor del matrimonio igualitario en Montana. Primeras bodas en Carolina del Sur". Consultado o 10/02/2015. (en castelán)
  63. www.dosmanzanas.com, ed. (13/11/2014). "Un juez federal declara inconstitucional la prohibición del matrimonio igualitario en Carolina del Sur". Consultado o 10/02/2015. (en castelán)
  64. www.dosmanzanas.com, ed. (07/01/2015). "Florida se une a los estados donde es legal el matrimonio igualitario". Consultado o 10/02/2015. (en castelán)
  65. www.dosmanzanas.com, ed. (26/01/2015). "Nueva y muy simbólica sentencia favorable: Alabama se une al matrimonio igualitario". Consultado o 10/02/2015. (en castelán)
  66. Palmer, K. (03/09/2013). www.huffingtonpost.com, ed. "Ohio Must Recognize Same-Sex Marriage, Federal Court Rules". Consultado o 30/08/2013. (en inglés)
  67. www1.hcdn.gov.ar, ed. (05/05/2010). "Acta de la votación en la Cámara de Diputados" (PDF). Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 06/07/2020. Consultado o 12/06/2010. (en castelán)
  68. www.clarin.com, ed. (15/07/2010). "El Senado convirtió en ley el matrimonio homosexual" (Html). Consultado o 15/07/2010. (en castelán)
  69. FIORE, M. (15/07/2010). www.losandes.com.ar, ed. "El matrimonio homosexual ya es ley en la Argentina". Arquivado dende o orixinal o 18/07/2010. Consultado o 15/07/2010. (en castelán)
  70. VALLEJOS, S. (15/07/2010). www.pagina12.com.ar, ed. "El derecho a la igualdad llegó al matrimonio" (Html). Consultado o 15/07/2010. (en castelán)
  71. www.losandes.com.ar, ed. (03/06/2010). "Se celebró el sexto matrimonio gay en Capital Federal". Arquivado dende o orixinal o 06/06/2010. Consultado o 03/07/2010. (en castelán)
  72. Poder Judicial de la Ciudad Autónoma de Buenos Aires (10/11/2009.). www.dosmanzanas.com, ed. "Freyre Alejandro contra Gobierno de la Ciudad de Buenos Aires sobre amparo (Art. 14 CCABA)” , Expte: EXP 34292/0" (Pdf). Consultado o 06/07/2010. (en castelán)
  73. Ministerio de Educación y Cultura (03/05/2013). "Ley nº 19.075" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24/05/2013. Consultado o 23/09/2013. 
  74. http://spanish.people.com.cn (ed.). "Ley de matrimonio homosexual regirá en Uruguay a partir de agosto". Consultado o 23/09/2013. (en castelán)
  75. RCN (27/09/2013). www.rcnradio.com, ed. "Juez casa a primera pareja homosexual bajo el nombre de matrimonio". Consultado o 02/10/2013. (en castelán)
  76. Ruiz Navarro, C. (28/09/2013). www.elespectador.com, ed. "Matrimonio igualitario es un hecho". Consultado o 02/10/2013. (en castelán)
  77. www.elheraldo.co, ed. (29/09/2013). ""Tutela del procurador contra matrimonio gay es improcedente": comunidad LGBTI". Consultado o 02/10/2013. 
  78. www.jb.com.br, ed. (14/05/2013). "CNJ obriga cartórios a converterem união estável gay em casamento". Arquivado dende o orixinal o 07/07/2015. Consultado o 23/10/2013. (en portugués)
  79. MARTIN, A.; KELLY, A.; TURQUET, L.; ROSS, S. (03/2009). www.actionaid.org.uk, ed. "Hate crimes: the rise of 'corrective' rape in South Africa. Informe de ActionAid" (PDF). Arquivado dende o orixinal (Pdf) o 05/04/2013. Consultado o 12/06/2010. (en inglés)
  80. "New Zealand legalises same-sex marriage". 17/04/2013. Consultado o 23/09/2013. 
  81. Nacho (23/10/2013). www.ambienteg.com, ed. "La capital federal de Australia aprueba el matrimonio y el gobierno del país anuncia que lo impugnará". Arquivado dende o orixinal o 25/10/2020. Consultado o 24/10/2013.  (en castelán)
  82. PARANT, P. (21/07/2009). www.tetu.com, ed. "Le Luxembourg devrait autoriser les mariages homosexuels". Arquivado dende o orixinal o 18/01/2010. Consultado o 16/07/2010. (en francés)
  83. www.romandie.com (ed.). "Le gouvernement luxembourgeois veut légaliser les mariages gays". Arquivado dende o orixinal o 29/07/2011. Consultado o 16/07/2010. (en francés)
  84. Sala de Prensa (09/07/2010). www.gouvernement.lu, ed. "Conseil de gouvernement. Résumé des travaux du 9 juillet 2010". Consultado o 16/07/2010. (en francés)
  85. François Biltgen, Ministre de la Justice (10/08/). Chambre des Deputes, ed. "Projet de loi portant réforme du mariage et de l'adoption et modifiant le Code civil etc." (Pdf). Consultado o 26/08/2010. (en francés)
  86. Redacción (12/07/2010). www.tetu.com, ed. "Mariage et adoption pour les homos: c'est en bonne voie au Luxembourg". Arquivado dende o orixinal o 21/07/2010. Consultado o 16/07/2010. (en francés)
  87. MC/JV (19/06/2013). www.lessentiel.lu, ed. "L'adoption plénière pour les couples homosexuels?". Consultado o 30/08/2013. (en francés)
  88. www.dosmanzanas.com, ed. (20/12/2009). "El gobierno de Eslovenia propone al parlamento una ley de matrimonio entre personas del mismo sexo" (Html). Consultado o 12/06/2010. (en castelán)
  89. http://yle.fi, ed. (07/2010). "Gender-Neutral Marriage Law Possible by 2012" (Html). Consultado o 06/07/2010. (en inglés)
  90. Marriage and Civil Partnership Bill Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
  91. Matías, P. (19/06/2013). www.proceso.com.mx, ed. "Abogado oaxaqueño logra que se consume matrimonio gay en Colima". Arquivado dende o orixinal o 18/01/2016. Consultado o 30/08/2013. (en castelán)
  92. Zapata, B. (22/03/2013). mexico.cnn.com, ed. "Alcaldesa aprueba matrimonio gay en Colima amparada en la Constitución". Consultado o 30/08/2013. (en castelán)
  93. www.laverdadyucatan.com, ed. (28/11/2012). "El PRD pide matrimonios gay en Yucatán". Arquivado dende o orixinal o 21/09/2013. Consultado o 30/08/2013. (en castelán)
  94. Rodríguez Galaz, Y. (08/08/2013). www.eluniversal.com.mx, ed. "Logra pareja gay primera boda legal en Yucatán". Arquivado dende o orixinal o 27/09/2013. Consultado o 30/08/2013. (en castelán)
  95. Ramos, L. (19/08/2012). www.infonor.com.mx, ed. "Proponen en Coahuila matrimonio entre personas del mismo sexo". Consultado o 30/08/2013. (en castelán)
  96. Mayorga, P. (21/08/2013). www.proceso.com.mx, ed. "Ordena juez de Chihuahua casar a pareja del mismo sexo". Arquivado dende o orixinal o 09/05/2021. Consultado o 30/08/2013. (en castelán)
  97. Hayes, Ch. (19/03/2007). www.pinknews.co.uk, ed. "Swedes could be allowed gay church weddings". Consultado o 30/09/2013. (en inglés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar