Matrícula de honra

cualificación máxima e extraordinaria obtida nunha materia na universidade

A matrícula de honra no sistema universitario de España é a máxima cualificación que se pode obter nunha materia dalgún estudo universitario.[1] É un recoñecemento outorgado en España que premia o rendemento académico dos alumnos que obteñen a máxima cualificación nunha determinada disciplina académica ou materia.[2]

Segundo a Gran Eciclopedia Catalá, a matrícula de honra é a "cualificación máxima e extraordinaria obtida nunha materia que xeralmente permite matricularse gratuitamente no curso seguinte na materia equivalente".[3]

A obtención dunha ou varias matrículas de honra nalgunha ou algunhas materias universitarias supón un desconto ou anulación das taxas de matrícula do curso seguinte correspondente ao crédito académico nos que se conseguiu esta mención (este desconto denomínase "bonificación por matrícula de honra"[4][5]).

Non se debe confundir coa distinción de matrícula de honra en Bacharelato (aínda que teñan un nome parecido), que é unha distinción, premio ou recoñecemento (creado no ano 2012 polo Goberno de España) sobre a nota media global do título de Bacharelato.

A cualificación de matrícula de honra (universidade)

editar

A cualificación de matrícula de honra no sistema universitario de España está regulado polo Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.[6]

«A mención de «Matrícula de Honra» poderá ser outorgada a alumnos que obtivesen unha cualificación igual ou superior a 9.0. O seu número non poderá exceder do cinco por cento dos alumnos matriculados nunha materia no correspondente curso académico, salvo que o número de alumnos matriculados sexa inferior a 20, nese caso poderase conceder unha soa «Matrícula de Honra».»

A matrícula de honra na universidade concédese en cada materia matriculada do grao, ao alumno que obteña unha cualificación igual ou superior a 9 e ademais mereza esa cualificación, recoñecendo o rendemento académico do alumno premiado e isto leva un desconto nas taxas da universidade do ano posterior igual ao número de créditos nos que se obtivo dita distinción. A lexislación establece que cada centro pode conceder unha matrícula de honra por cada vinte estudantes.[7]

As matrículas de honra universitarias regúlaas cada comunidade autónoma e cada universidade. Por exemplo, na UNED está regulada pola Orde ECD/1097/2016, de 5 de xullo, pola que se fixan os prezos públicos polos servizos académicos universitarios na Universidade Nacional de Educación a Distancia para o curso 2016-2017.[8]

Os estudantes co mellor expediente de cada promoción serán recoñecidos co Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Os centros (que poden ser as Facultades ou as Escolas Politécnicas) propoñen ao Consello da Universidade a concesión dos premios extraordinarios por cada titulación da universidade.

Alumnado soado que obtivo matrículas de honra na súa etapa universitaria

editar
  • Mario Conde, obtivo a cualificación de matrícula de honra en todas as materias da Licenciatura de Dereito.[9]
  • Jesús Posada, enxeñeiro de camiños, obtivo máis de 40 cualificacións de matrícula de honra no seu expediente universitario.[10]

Lexislación en España

editar
  • Real Decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Matrícula de honra.
  2. "Qué es una matrícula de honor" (en castelán). 2021-07-25. Consultado o 2024-02-24. 
  3. "matrícula d’honor | enciclopedia.cat". www.enciclopedia.cat. Consultado o 2024-02-24. 
  4. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (2016-07-07). "Orden ECD/1097/2016, de 5 de julio, por la que se fijan los precios públicos por los servicios académicos universitarios en la Universidad Nacional de Educación a Distancia para el curso 2016-2017.". pp. 47871–47883. Consultado o 2024-02-24. 
  5. "¿Qué supone haber obtenido matrícula de honor en créditos superados en la UJA durante el curso académico anterior? | Acceso y Matrícula". www.ujaen.es (en castelán). Consultado o 2024-02-24. 
  6. "BOE-A-2003-17643 Real Decreto 1125/2003, de 5 de septiembre, por el que se establece el sistema europeo de créditos y el sistema de calificaciones en las titulaciones universitarias de carácter oficial y validez en todo el territorio nacional.". www.boe.es. Consultado o 2024-02-24. 
  7. "Matrículas de honor universitarias". Sociedad Española De Excelencia Académica (en castelán). 2019-05-09. Arquivado dende o orixinal o 03 de outubro de 2023. Consultado o 2024-02-24. 
  8. "BOE.es - Documento BOE-A-2016-6559" (en castelán). Consultado o 9 de setembro do 2017. 
  9. "Mario Conde, el más listo de la clase". La Vanguardia (en castelán). 2016-04-11. Consultado o 2024-02-24. 
  10. "Pablo Iglesias, a la cabeza de los expedientes académicos más brillantes | Teinteresa". www.teinteresa.es. Consultado o 2024-02-24. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar