Maryland

estado dos Estados Unidos de América

Maryland é un dos 50 estados dos Estados Unidos. Foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio británico na rexión. O cognome do estado é Old Line State, en homenaxe ás súas "tropas de liña" (troops of the line), que foron por varias veces eloxiadas por George Washington pola súa excelente actuación na Revolución Americana de 1776.

Modelo:Xeografía políticaMaryland
State of Maryland (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Himnosen valor (2021) Editar o valor en Wikidata

Lema«Fatti maschi, parole femmine (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialCorrupião-de-baltimore (pt) Traducir (aves)
Quercus alba (árbore) Editar o valor en Wikidata
AlcumeOld Line State Editar o valor en Wikidata
EpónimoHenriqueta María de Francia Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 39°00′N 76°42′O / 39, -76.7
EstadoEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
CapitalAnnapolis Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación6.177.224 (2020) Editar o valor en Wikidata (192,25 hab./km²)
Número de fogares2.205.204 (2019) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficialsen valor Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie32.131 km² Editar o valor en Wikidata
Auga21,8 % (2010) Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa5.130 km Editar o valor en Wikidata
Bañado porBaía de Chesapeake (pt) Traducir, Río Potomac, Río Susquehanna, Patuxent River (en) Traducir, Rio Anacostia (pt) Traducir e Océano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude105 m-107 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoHoye-Crest (pt) Traducir (1.024 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 pés) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de abril de 1788 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGovernment of Maryland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governor of Maryland (en) Traducir Editar o valor en WikidataWes Moore (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Xeral de Maryland , Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialCorte de Apelações de Maryland (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico301, 410, 240, 443 e 667 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2US-MD Editar o valor en Wikidata
Identificador GNIS1714934 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Prefectura de Kanagawa (1981–)
Xalisco (1993–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webmaryland.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455318

Recibiu o seu nome en homenaxe á Raíña Henrietta María de Francia, esposa do Rei Carlos I de Inglaterra.

O actual himno dos Estados Unidos, The Star-Spangled Banner, escribiuno Francis Scott Key, un poeta que se inspirou ao ver as tropas americanas defendéndose con éxito dun ataque das tropas navais do Reino Unido (na época, a maior potencia militar do mundo) contra Baltimore, na Guerra de 1812.

Xeografía

editar
 
Vista do Río Susquehanna.

Maryland está situado na Rexión Sur. Limita ao norte con Pensilvania, ao oeste con Virxinia Occidental, ao leste con Delaware e o océano Atlántico e ao sur, separados a través do río Potomac, con Virxinia. Próximo ao centro do estado, ás marxes do río Potomac, localízase a capital americana, o Distrito de Columbia. A Baía Chesapeake case divide o estado en dous, e contando que o río Susquehanna desemboca na baía, o estado efectivamente está dividido en dous.

A extensión do litoral de Maryland co océano Atlántico é de 50 km. Porén, contando a baía Chesapeake e as illas dentro da baía, este número aumenta ata os 5.134 quilómetros; a maior parte dos ríos do estado desembocan na baía Chesapeake. Non existen lagos naturais, aínda que existan lagos artificiais, creados por encoros coa intención de xerar electricidade; o maior deses lagos posúe 1.600 hectáreas. Cerca de 40 % do estado é cuberto por bosques.

Maryland está dividido en cinco rexións xeográficas:

  • Os Planaltos do Apalaches, que se estende de Xeorxia ata Nova York, ocupan o extremo occidente do Estado; caracterízase polo terreo accidentado e montañoso. O punto máis alto de Maryland, Backbone Mountain, cos seus 1.024 metros de altitude, localízase nesta rexión.
  • O Val do Apalache, que se estende desde Alabama ata a Nova Jersey, pasa por Maryland, localizándose inmediatamente ao leste dos Planaltos do Apalache. A sección do Val do Apalache en Maryland caracterízase pola súa largura. Esta sección separa a Pensilvania da Virxinia Occidental, e posúe apenas algúns quilómetros de lonxitude -apenas 2,9 na parte máis estreita. Caracterizado polo seu terreo montañoso, accidentado, e polos seus bosques, que ocupan máis de 70 % da rexión.
  • A Blue Ridge, que se estende desde Xeorxia ata a Pensilvania, pasa por Maryland, localízase inmediatamente ao leste do Val do Apalache. A Blue Ridge posúe apenas algúns quilómetros de lonxitude. Caracterízase polas as súas altas montañas (a rexión posúe unha media de 600 metros de altitude) e pola néboa azul que por veces cobre a rexión.
  • O Piemonte, que se estende desde Alabama ata a Nova Jersey, forma en Maryland unha faixa de 80 quilómetros de lonxitude, que se estende ata as proximidades da baía de Chesapeake. O Piemonte efectivamente cerca ao norte e ao sur a baía. Caracterízase polo seu solo extremadamente fértil: a maior parte da produción agrícola do estado procede desta rexión.
 
Mapa político de Maryland e os seus 23 condados.
  • As Planicies do Atlántico, que ocupan aproximadamente o 45% do estado, localízanse no leste e no extremo sur de Maryland. Caracterízase pola súa baixa altitude e polos seus pantanos, localizados primariamente á leste da baía.

Maryland posúe un clima temperado. Para un estado relativamente pequeno como é, a temperatura e a precipitación media anual varían moito de rexión a rexión. Maryland, grazas á súa proximidade co océano Atlántico, posúe invernos relativamente agradables e veráns quentes. A temperatura media no inverno é de 1 °C en Baltimore e de -3 °C no extremo noroeste do estado, con mínimas entre -16 °C e 10 °C, e máximas entre -12 °C e 17 °C. No verán, a temperatura media é de 27 °C en Baltimore e de 22 °C no extremo noroeste, con mínimas de ata 13 °C, e máximas de ata 38 °C.

A temperatura máis baixa rexistrada foi en Oakland, onde se deu unha mínima de -40 °C o 13 de xaneiro de 1912. A temperatura máis alta foi no Condado de Allegany, o 3 de xullo de 1898, e en Cumberland o 10 de xullo de 1936, cando foron rexistradas máximas de 43 °C.

Maryland recibe en media preto de 1.090 mm de precipitación anual (choiva, saraiba), e preto de 1.980 mm de neve por ano.

Historia

editar

Nativos indíxenas algonquinos vivían na rexión hai aproximadamente dez mil anos antes da chegada dos primeiros europeos á rexión que constitúe actualmente o estado de Maryland. O primeiro europeo a explorar a rexión foi o español Pedro Menéndez de Avilés, entón gobernador da colonia española de Florida, tendo explorado o que actualmente é a Baía de Chesapeake, actualmente parte de Maryland, en 1572. O primeiro posto comercial foi fundado en 1631 polo comerciante británico Willian Claiborne, de Virxinia.

En 1631, George Calvert, un nobre británico, pediu á coroa británica o dereito de propiedade e goberno da rexión da baía de Chesapeake. Calvert era un nobre católico, e quería unha colonia nas Américas onde británicos católicos, que eran altamente discriminados polos británicos en xeral (que son na súa maioría protestantes), puidesen practicar a súa relixión. A súa petición foi aceptada polo Rei Carlos I de Inglaterra no ano seguinte. Porén, George Calvert morrería en abril do mesmo ano. Carlos I cedeu entón ao fillo de George Calvert, Cæcilius Calvert, a rexión. Cæcilius enviou os primeiros colonos á colonia provincial de Maryland, que desembarcaron na rexión en 1634.

Cæcilius era un católico, mais estaba obrigado a obedecer aos costumes da Igrexa Anglicana de Inglaterra. Porén, el quería que católicos británicos tivesen un lugar onde puidesen gozar de liberdade relixiosa. Cæcilius fixo do seu irmán Leonard o gobernador da colonia. Ao mesmo tempo, incentivaba os colonos a suxeriren leis e auxiliar a Leonard na administración da colonia. En 1649, a Asemblea Colonial aprobou unha lei garantindo a todos os cidadáns da provincia o dereito de liberdade relixiosa, atraendo numerosos católicos doutras provincias americanas, en especial de Virxinia.

Willian Claiborne e o seu asentamento comercial formaban parte da colonia. Porén, Claiborne, un protestante, recusouse a recoñecer a autoridade dos Calvert sobre a rexión. En 1654 liderou un grupo de protestantes que forzaron os Calvert a saír do goberno e así conseguiu controlar Maryland ata 1658, cando a coroa británica o forzou a ceder o goberno novamente aos Calvert. Cæcilius fixo presión ante a Asemblea Colonial a manter a lei que permitía a liberdade relixiosa na colonia, e foi escoitado. Porén, grupos protestantes non aceptaban un líder católico. En 1689, novamente os Calvert perderon a pose da rexión, desta vez, a favor dun grupo protestante chamado The Protestant Asociation, que esixiu ao goberno británico un novo gobernador, protestante, que foi enviado á rexión en 1691. Practicamente todas as igrexas católicas na provincia foron queimadas polos protestantes, desde a primeira revolución liderada por Claiborne.

Os Calvert gañaron novamente a posesión da rexión en 1715, que pasou a ser gobernada por Benedict Leonard Calvert, un protestante. Os católicos da provincia perderían o dereito a voto en 1718 e os Calvert continuarían a gobernar Maryland ata o inicio da Revolución Americana de 1776. A poboación da colonia inglesa pasou a crecer drasticamente despois da década de 1750, coa prosperidade da industria do tabaco.

Maryland participou activamente ao longo da Revolución Americana de 1776. Oficiais da colonia atenderon á todas as Conferencias Continentais. Tropas de Maryland loitaron activamente ao longo da guerra de independencia, e Baltimore desempeñou papel esencial ao longo da guerra, como un polo industrial e fabricante de armas e subministracións. Poucas batallas ocorreron no estado, mais a braveza dos soldados de Maryland fixeron que George Washington eloxiase constantemente as tropas de Maryland que loitaron ao longo da guerra contra os británicos. Maryland ratificou a Constitución Americana en 28 de abril de 1788, tornándose así o oitavo Estado a entrar na Unión. En 1791, un pedazo rectangular de terra ao sueste do estado foi cedida ao goberno para a construción da nova e actual capital americana, Washington, D.C..

Maryland foi atacada dúas veces por tropas británicas durante a Guerra de 1812. Na primeira, os británicos, derrotaron en 1813 unha forza americana no norte do estado, para posteriormente proseguir en dirección á capital Washington DC, onde as tropas británicas queimaron diversas estruturas gobernamentais americanas. Estas mesmas tropas británicas proseguiron en dirección a Baltimore, que foi cercada por terra e mar por forzas terrestres e navais británicas. Mais os americanos defenderon con éxito a cidade. Francis Scott Key, un poeta afeccionado que testemuñara a defensa da cidade, inspirouse nas imaxes da batalla para escribir o actual himno americano, The Star-Spangled Banner.

Baltimore tornouse un dos maiores centros industriais do país durante as primeiras décadas do século XIX. A cidade converteuse no maior fabricante de navíos durante a década de 1840 nos Estados Unidos, e tamén nun gran fabricante de trens a vapor. Foi aquí onde foi construída a primeira locomotora a vapor americana. Porén, a economía do Estado aínda dependía en parte da agricultura. Maryland soportaba a práctica do traballo escravo.

Cando en 1861 comezou a Guerra civil americana, a poboación do estado estaba dividida. Moitos querían a secesión da Unión e a integración cos recentemente formados Estados Confederados de América -de cuño escravista-. Outros, pola súa parte, querían que o estado permanecese na Unión- os Estados do norte industrializado dos Estados Unidos, ou os Estados Unidos propiamente dito-, que estaban contra a escravitude.

A Unión non perdeu tempo esperando se Maryland continuaba na Unión ou pasaba á Confederación. Isto porque o estado de Virxinia foi un dos estados que se separaron dos Estados Unidos. Se Maryland se separaba tamén, a capital americana, Washington DC, localizada entre Maryland e Virxinia, estaría completamente cercada pola Confederación, polo que as tropas da Unión invadiron Maryland tras o inicio da guerra, e o Estado participou ao longo da Guerra Civil Americana como un estado do norte. Moitas persoas do estado loitaron do lado da Unión pero moitos outros fuxiron e xuntáronse ás tropas da Confederación. O Estado foi escenario de numerosas batallas, tales como a Batalla de Antietam, onde morreron nun único día máis de 22.000 soldados (doce mil do Norte e dez mil do Sur). En 1864, Maryland aprobou unha nova Constitución que abolía a escravitude e adoptaba penas severas aos cidadáns que axudasen a Confederación.

1900 - Tempos actuais

editar

Maryland prosperou economicamente durante as primeiras décadas do século XX, especialmente nos anos da primeira guerra mundial. Baltimore, daquela a maior fabricante de navíos militares dos Estados Unidos, converteuse nun gran centro portuario coa construción de diversas fábricas na cidade.

En 1919, o Congreso americano aprobou unha lei que prohibía a produción, venda, compra e transporte de bebidas alcohólicas. A maioría da poboación do estado estaba contra esta medida, e varios líderes políticos destacaron como críticos e opoñentes desta lei, considerada unha violación dos seus dereitos estatais. Como consecuencia, o estado pasou a ser coñecido como The Free State ("O Estado Libre"), e este cognome é usado aínda actualmente, como unha homenaxe ás tradicións de liberdade política e relixiosa do Estado.

A Gran Depresión afectou seriamente a economía do Estado. Moitas empresas fracasaron, moitas fábricas fecharon e moitos traballadores quedaron desempregados. Baltimore, unha cidade basicamente industrial, foi moi afectada pola Depresión. En 1933, máis de 40 % da poboación da cidade estaba desempregada. Para minimizar os efectos da Depresión, o Estado creou programas de axuda social e construíu numerosos abrigos para aloxar os numerosos sen teito do Estado.

A economía do estado recuperouse co inicio da segunda guerra mundial. Os anos da segunda guerra mundial foron anos de gran desenvolvemento industrial no estado, e o éxodo rural, isto é, migración da poboación rural cara ás cidades, aumentou drasticamente. No final da guerra, Maryland converteuse nun estado maioritariamente urbano e industrial. A industrialización e urbanización do Estado continuaron nas décadas seguintes. O estado tamén pasou a recibir grandes números de afroamericanos procedentes dos estados do Sur, que se instalaron principalmente en Baltimore. Como consecuencia, moitas familias brancas se mudaron de Baltimore ós suburbios próximos.

Ata 1954, as escolas de Maryland eran segregacionistas, con escolas para brancos e outras, xeralmente de menor calidade, para afroamericanos. Porén, neste ano, o Supremo Tribunal de Xustiza dos Estados Unidos xulgou que tal segregación era anticonstitucional. Baltimore unificou o seu sistema escolar inmediatamente, mais noutras cidades, menos poboadas e de poboación maioritariamente branca, a desegregación tardou moito máis tempo para alcanzalo, ata tres décadas nalgunhas pequenas cidades do interior.

Despois da década de 1960 en diante, moitas das industrias de manufactura se desprazaron cara a outros estados que dispuñan de man de obra máis barata. A industria naval e ferroviaria do estado, anteriormente a maior fonte de renda de Maryland, practicamente desapareceu, despois do peche de numerosas fábricas e a mudanza doutras para outros estados do Sur. Actualmente, a industria de manufactura pouco contribúe á economía do Estado, dominada actualmente polo comercio e servizos.

En 1985, o goberno de Maryland comezou un programa de limpeza das augas da baía de Chesapeake, naquela época altamente contaminadas. Este programa posúe o apoio dos Estados de Virxinia, Pensilvania e Delaware, así como do Distrito de Columbia. Prevese que este programa estea finalizado en torno de 2010.

Política

editar
 
Vista do Capitolio de Maryland, en Annapolis.

A actual Constitución de Maryland foi adoptada en 1867. Outras constitucións máis antigas foron adoptadas en 1776, 1856 e 1864. Os cambios na constitución estatal poden ser propostos polo Poder Lexislativo, e para ser aprobados precisan de ao menos 60% dos votos de ambas as cámaras do Lexislativo, e despois ser aprobadas nunha votación pola poboación electoral do Estado.

O principal oficial do Poder executivo en Maryland é o gobernador. Este é elixido polos electores do Estado para mandatos de ata 4 anos de duración, e pode ser reelixido cantas veces quixer. Outros tres oficiais tamén son elixidos pola poboación por mandatos de 4 anos de duración. O gobernador escolle un Secretario de Estado e a maioría dos oficiais dos diferentes consellos do país. As cámaras do Poder Lexislativo escollen un tesoureiro para un mandato de 4 anos de duración.

O Poder lexislativo do estado - oficialmente a Asemblea Xeral de Maryland - está composto polo Senado e pola Cámara dos Delegados. O Senado posúe un total de 47 membros, mentres que a Cámara dos Delegados posúe 141 membros. Maryland está dividido en 47 distritos electorais, os electores de cada distrito elixen un senador e 3 delegados, que representan o distrito no Senado ou na Cámara dos Delegados. Tanto os senadores canto os delegados serven por mandatos de ata 4 anos de duración.

O tribunal máis alto do Poder xudicial de Maryland é a Court of Appeal of Maryland, seguida pola Court of Special Appeals of Maryland e outros 24 tribunais de menor porte, de carácter rexional. Todos os xuíces son escollidos polo gobernador, para mandatos de ata un ano de duración, cando entón son aprobados definitivamente polo Lexislativo nunha votación por mandatos de ata 10 ou 15 (no caso dos 24 tribunais menores) anos de duración.

Maryland está dividido en 23 condados e nunha cidade independente, Baltimore. Máis da metade do orzamento do Estado vén de impostos estatais. O resto vén de pagos recibidos do goberno nacional.

Demografía

editar
Crecemento poboacional de Maryland
Ano Habitantes
1790 319.728
1800 341.548
1810 380.546
1820 407.350
1830 447.040
1840 470.019
1850 583.034
1860 687.049
1870 780.894
1880 934.943
1890 1 042 390
Ano Habitantes
1900 1 188 044
1910 1 295 346
1920 1 449 661
1930 1 631 526
1940 1 821 244
1950 2 343 001
1960 3 100 689
1970 3 923 897
1980 4 216 941
1990 4 781 468
2000 5 286 486

O censo dos Estados Unidos do 2000 estimou a poboación de Maryland en 5 296 486 habitantes, cun crecemento do 11 % sobre a poboación de 1990, de 4 781 468 habitantes. Cerca de 583.900 habitantes naceron fóra do país (o 10,6 % da poboación do Estado), dos cales se estima que 56.000 (o 1 %) sexan estranxeiros ilegais. Entre 1990 e 2004, a poboación do Estado creceu en torno a un 16 %, un crecemento de 777.000 habitantes.

Cerca do 93 % da poboación do Estado vive nunha das 5 rexións metropolitanas do estado: Baltimore, Cumberland e Haxerstown, e en áreas urbanas pertencentes ás rexións metropolitanas de Washington DC (Distrito de Columbia) e de Wilmington (Delaware). En total, máis de 95 % da poboación do estado vive en cidades.

A maior parte da poboación de Maryland vive na rexión central do Estado, no corredor das rexións metropolitanas de Baltimore e de Washington. O litoral oriental da baía de Chesapeake é menos poboado e de carácter máis rural, como os condados do sur do estado. Os tres condados do extremo nordeste de Maryland son montañosos e escasamente poboados.

Aínda que a proporción actual de afroamericanos non sexa tan alta canto foi durante o século XIX, nos anos que precederon á Guerra Civil Americana, Maryland aínda posúe a maior poboación afroamericana de calquera estado fóra do extremo sur dos Estados Unidos.

Razas e etnias

A composición racial no estado é a seguinte:

As cinco maiores orixes son: alemáns (15,7% da poboación do estado), irlandeses (11,7%), ingleses (9%), italianos (6,8%) e poloneses (6,2%). Os afroamericanos están concentrados principalmente en Baltimore e nos suburbios de Washington en Maryland. A maior parte do litoral oriental e do sur de Maryland está poboada por americanos de ascendencia inglesa. A poboación occidental e setentrional do Estado son na súa maioría de ascendencia alemá.

Relixión

Maryland foi fundada co propósito de fornecer tolerancia relixiosa á poboación británica católica. Mesmo así, posteriormente a coroa británica decidiría reverter esta política e pasou a desincentivar a práctica do catolicismo en Maryland. A pesar de ser o principal motivo da fundación do estado, a poboación católica nunca formou a maioría da poboación desde que o estado pasou a ser explorado e colonizado polos europeos.

Economía

editar

A economía de Maryland está concentrada principalmente no sector terciario. O produto interno bruto do estado foi de 212.000 millóns de dólares, en 2003. A renda per cápita foi de 37 446 dólares, a quinta maior do país. O centro económico, financeiro e industrial é Baltimore.

O sector primario representa o 1 % do PIB. A agricultura e a gandería supoñen o 0,86% do PIB, e empregan preto de 53.600 persoas. Maryland posúe preto de 12 mil facendas, e os principais produtos cultivados ou criados son galiñas, ovos, leite, millo e soia. A pesca representa o 0,04% do PIB e emprega aproximadamente 400 persoas.

O sector secundario representa o 14 % do PIB. A industria de manufactura é o 8 % do PIB e emprega aproximadamente 188.000 persoas. O valor total dos produtos manufacturados por ano é de 20.000 millóns de dólares. A industria de construción responde por 6 % do PIB e emprega preto de 204.000 persoas. A minería representa o 1 % e emprega aproximadamente 1.200 persoas.

O sector terciario representa o 85 % do PIB. Os servizos comunitarios e persoais supoñen o 25%, e empregan a máis de 1,2 millóns de persoas. As finanzas representan o 21 % e empregan preto de 250.000 persoas ( Maryland é un gran polo financeiro). Os servizos gobernamentais representan o 17 % do PIB do estado e empregan máis de 516.000 persoas. O comercio representa o 15 % e emprega máis de 636.000 persoas. Os transportes e telecomunicacións representan o 7% e empregan preto de 136.000 persoas.

Educación

editar
 
Unha facultade comunitaria en Maryland.

Durante os anos en que Maryland era unha colonia do Reino Unido, apenas os fillos de familias ricas recibían educación da entón provincia colonial de Maryland, da Igrexa católica ou de profesores privados, sendo que ambas as opcións estaban dispoñibles soamente aos que tiñan recursos para pagar estes titores relixiosos ou profesores privados. En 1694 fundouse a primeira escola pública do estado, convertida en facultade en 1784.

En 1824, o goberno de Maryland aprobou unha lei que obrigaba a calquera área urbana con máis de 250 habitantes a ter polo menos unha escola. O estado pasou a fornecer recursos ás cidades para que estas puidesen cubrir os custos de creación e manutención de sistemas de escolas públicas. En 1870, o estado instituíu o Consello Estatal de Educación, que dita regras e patróns que os sistemas de educación pública han de seguir. Actualmente, como nos outros estados americanos, cada cidade - ou condado, no caso de áreas urbanas de menor porte - administra o seu propio sistema escolar.

As primeiras bibliotecas foron construídas en Maryland en 1699, cando un bispo católico mandou construír 30 bibliotecas relixiosas na provincia, e unha biblioteca central en Annapolis. En 1885, Enoch Pratt comezou a construción dun sistema de bibliotecas en Baltimore. Doou de tales bibliotecas á cidade coa condición de que estivesen abertas para o público en xeral. Este sistema foi inaugurado o ano seguinte, sendo un dos primeiros sistemas de bibliotecas municipais públicas do país. Actualmente, a maioría das cidades do Estado posúen polo menos unha biblioteca.

Maryland posúe 25 universidades e facultades. Delas, a máis recoñecida e renomeada é o Sistema de Universidades de Maryland, que administra un total de 14 campus diferentes.

Transportes e telecomunicacións

editar

A baía de Chesapeake foi desde os inicios da colonización europea da rexión un obstáculo natural ao transporte na provincia colonial de Maryland. No inicio do século XIX, comezaron os primeiros servizos de balsas, barcos a vapor que viaxaban dunha marxe da baía á outra, transportando carga e pasaxeiros. En 1829, o Canal Chesapeake-Delaware foi inaugurado, conectando o río Delaware coa baía de Chesapeake.

En 1828, foi inaugurada a Baltimore and Ohio Railroad, o primeiro ferrocarril do mundo en transportar carga e pasaxeiros nun único tren. O estado posúe máis de 48.000 km de estradas. O Aeroporto Internacional de Baltimore é o principal aeroporto do estado.

No Estado publícanse preto de 125 periódicos, 15 deles xornais, e máis de 450 revistas. A primeira liña de telégrafo do mundo foi inaugurada no estado en 1844, entre Baltimore e Washington DC. Actualmente, o estado posúe 15 estacións de televisión e preto de 100 estacións de radio.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar