Martorelles
Martorelles é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental. Limita cos concellos de Montornès del Vallès, Santa Maria de Martorelles, Sant Fost de Campsentelles e Mollet del Vallès.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Oriental | ||||
Capital | Martorelles (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.904 (2023) (1.362,22 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 17 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 3,6 km² | ||||
Bañado por | Río Besòs | ||||
Altitude | 96 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Marc Candela i Callado (en) (2015–) | ||||
Orzamento | 9.751.099 € (2022) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08107 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08115 | ||||
Código territorial IDESCAT | 081154 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | martorelles.cat |
Historia
editarDurante a ditadura de Primo de Rivera coma consecuencia da necesidade derivada do rápido crecemento dalgunhas poboacións, apróbase unha lei que permite a segregación dos municipios. É nese período cando o antigo pobo de Martorelles, froito do forte crecemento demográfico, se estende cara á ribeira do río Besòs. Os servizos básicos coma as escolas e os médicos trasládanse á parte baixa da localidade, xerando descontento entre os veciños da parte alta. Doutra banda no 1911 o concello de Martorelles pide á Deputación de Barcelona que se faga cargo da construción da estrada que cruza toda a localidade. Por diversos motivos a construción da estrada quedou incompleta, afondando máis o sentimento de abandono de parte dos cidadáns.
Nestas circunstancias, no 1927, unha comisión de veciños de Martorelles de arriba, presenta unha instancia ó concello solicitando a segregación do municipio. Finalmente no 1927 apróbase a disposición real pola cal se concede a segregación solicitada e créase o novo concello de Santa María de Martorelles[1].
Notas
editar- ↑ http://www.martorelles.cat/municipi/martorelles-1/passegem-per-la-historia-de-martorelles/passegem-per-la-historia-de-martorelles Arquivado 19 de agosto de 2016 en Wayback Machine. Documento coa historia de Martorelles (en catalán)