Francisco Martins Sarmento
Francisco de Gouveia Martins Sarmento, nado en Guimarães o 9 de marzo de 1833 e finado na mesma vila o 9 de agosto de 1899, foi un destacado arqueólogo e escritor portugués.
Nome orixinal | (pt) Francisco Martins de Gouveia de Morais Sarmento |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de marzo de 1833 Guimarães, Portugal |
Morte | 9 de agosto de 1899 (66 anos) Guimarães, Portugal |
Educación | Facultade de Dereito da Universidade de Coímbra |
Actividade | |
Lugar de traballo | Portugal |
Ocupación | escritor, arqueólogo |
Traxectoria
editarLicenciado en Dereito pola Universidade de Coímbra, dedicouse con gran paixón ao estudo da arqueoloxía. Fixo o estudo e escavación sistemática e metódica da citania de Briteiros e Sabroso, preto de Guimarães (1874-1879), onde residía na Casa da Ponte, hoxe convertida en Museu da Cultura Castreja.
Tamén cultivou a poesia e colaborou con asiduidade en revistas e publicacións científicas.
Entre as súas obras pódense citar: Os Argonautas; Ora Marítima; Lusitanos, Lígures e Celtas.
No museo da Sociedade Martins Sarmento en Guimarães consérvanse gran parte dos obxectos arqueolóxicos atopados nas súas escavacións.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |