Martiño de Dumio

relixioso cristián do século VI

San Martiño de Dumio, nado en Panonia (actual Hungría) contra 510 ou 520 e finado en Braga no 579 ou 580, tamén chamado san Martiño Dumiense, san Martiño de Dume ou san Martiño de Braga, foi un relixioso cristián do século VI.

Modelo:BiografíaMartiño de Dumio
Nome orixinal(la) Martinus Bracarensis
(pt) Martinho de Dume Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 515 Editar o valor en Wikidata
Pannonia (Reino ostrogodo) Editar o valor en Wikidata
Mortec. 580 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (64/65 anos)
Braga (Reino Suevo) Editar o valor en Wikidata
Bispo de Braga
569 –
Bispo de Dumio
556 – 579
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncanonista, fundador, autor, sacerdote católico, bispo católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde de San Bieito Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa20 de marzo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1184779 BUSC: martin-de-braga-santo-arcebispo-de-braga-m-579
Representación de Martiño de Dumio nunha miniatura da Crónica Albeldense, (ca. 976).
Biblioteca do Mosteiro do Escorial.
Á esquerda, pódese ler Martinus episcopus bracarensis.

Está considerado como o apóstolo dos suevos, responsable maior da súa conversión do arianismo ao catolicismo. A súa obra eclesiástica e literaria, presentando un cristianismo adaptado aos diferentes grupos de poboación; a súa preocupación por transmitir valores procedentes da Antigüidade clásica; a predicación dun cristianismo ortodoxo nos tempos de herexía e as súas relacións cos reis suevos, anuncian o ideal episcopal de Leandro e Isidoro de Sevilla.[1]

Foi bispo de Dumio e de Braga.

Traxectoria

editar
 
Estatua de Martiño de Dumio en Braga, Portugal.

Membro dunha importante familia romana da antiga provincia de Panonia (actual Hungría), ingresa pronto no clero e moi novo trasládase a Palestina a visitar os Santos Lugares. Alí reside durante varios anos e entra en contacto co florecente movemento monástico que se desenvolve nas montañas de Xudea.

Gallaecia

editar

Sen coñecerse exactamente a razón, talvez por tratarse Gallaecia dun reino cristián independente de Roma pero fóra do catolicismo, decide trasladarse ao Reino dos suevos —ao que en principio se refire como Finis Terrae—, cuxa clase dirixente era en gran parte ariana.

Na súa viaxe pasa algún tempo nas Galias e chega á Gallaecia arredor do 550. Entón a antiga cidade romana de Bracara Augusta, capital da provincia romana de Gallaecia, convértese na capital do Reino suevo.

Mosteiro de Dume

editar

En Gallaecia traballa varios anos como presbítero e como monxe. Funda un mosteiro en Dumio, preto de Bracara Augusta (a actual Braga, en Portugal), a capital do reino, xunto á igrexa que o rei suevo Carriarico dedicara a san Martiño de Tours, tras a súa conversión ao catolicismo.

Pronto o mosteiro de Dumio convértese no principal centro de difusión de cultura e espiritualidade cristiá de orixe oriental no norte da Península Ibérica, xa que os seus monxes tiñan encomendada a copia de códices, moitos posibelmente traídos polo mesmo Martiño de Oriente.

Pouco tempo máis tarde, Lucrecio, bispo de Braga, crea a diocese de Dumio en torno ao novo mosteiro, e consagra a Martiño como o seu primeiro bispo contra 556.

Amais de batallador pola ortodoxia contra os arianos, foi tamén un fecundo escritor. Entre as principais obras, están os Escritos canónicos e litúrxicos. Traduciu os Pensamentos dos padres exipcios.

Martiño de Dumio é unha figura de capital importancia para a historia da cultura e lingua tanto galega como portuguesas. De feito, considerando indigno de bos cristiáns que se continuase a chamar os días da semana segundo os nomes latinos pagáns de Lunae dies, Martis dies, Mercurii dies, Jovis dies, Veneris dies, Saturni dies e Solis dies, foi o primeiro en usar a terminoloxía eclesiástica para os designar (Feria secunda, Feria tertia, Feria quarta, Feria quinta, Feria sexta, Sabbatum, Dominica Dies), de onde proveñen os nomes dos días actuais en lingua portuguesa e aínda presente nalgunhas falas galegas: (segunda-feira, terça/terceira/terza-feira, quarta/corta-feira, quinta-feira, sexta-feira, sábado e domingo), caso único entre as linguas neolatinas, dado ter sido a única en substituír enteiramente a terminoloxía pagá pola cristiá.

Clara proba da forte acción desenvolvida por Martiño e os seus sucesores na eliminación de formas pagás. Tentouno tamén cos nomes dos planetas, ámbito onde non logrou o mesmo éxito e por iso aínda hoxe se denominan polos seus nomes clásicos e pagáns.

Foi sepultado na basílica de San Martiño de Dume. Para si mesmo compuxera o seguinte epitafio:

Nacido en Panonia, atravesando vastos mares, impelido por sinais divinos para o seo de Galiza, sagrado bispo nesta túa igrexa, ou Martiño confesor, nela instituíu o culto e a celebración da misa. Téndote seguido, ou patrón, eu, o teu servo Martiño, igual en nome que non en mérito, repouso agora aquí na paz de Cristo.[Cómpre referencia]

A súa festa celébrase o 20 de marzo, porque en tal data (equinoccio de primavera) quería situar Martiño o aninovo (realmente, el falou do 25 de marzo):

... Semellantemente, tamén seduxo os homes rústicos e iñorantes o erro de pensar que as calendas de xaneiro son o comezo do ano, o que é falsísimo de todo. Pois, como di a Escritura, o oito denantes das calendas d-abril no mesmo equinoccio, foi feito o comezo do ano. Pois así lese: 'Divisit deus interlucem et tenebras' ['E Deus dividiu entre a luz e as tebras'], mais toda reita división ten igualdade, así como no oito antes das calendas d-abril ten o día tanto espacio d-horas como a noite. E por iso é falso qu-as calendas de xaneiro seian o comezo do ano
De correctione rusticurum, punto 10 [tomado de Paulino Pedret Casado: "Traducción galega da obra de San Martiño de Braga 'De Correctione Rusticorum'", en Nós 97, 15.01.1932, 4-12]

Labor político

editar
 
O rei Teodomiro cos bispos Lucrecio, André e Martiño.

Chega a Galicia no ano 550, e foi o máximo impulsor do esplendor cultural e político do Reino suevo. Moi próximo ao rei suevo Teodomiro, anímao ao goberno do reino apoiándose na xerarquía eclesiástica galaica e logra que abxure do arianismo e se bautice como católico en 560, atraendo con el á maior parte da poboación do reino.

Os concilios de Braga son a máxima expresión desa concepción do goberno, que busca a lexitimidade no apoio da Igrexa galaico-romana. Tratábase dunha actitude de reafirmación política fronte ao arianismo do Reino visigodo hispano.

I Concilio de Braga

editar

Presidiu o primeiro Concilio de Braga, convocado polo papa Xoán III para poñer fin á querela suscitada pola doutrina prisciliana, que de celebra no ano 561 (ou 563). Martiño contribúe á condena doutrinal e moral do priscilianismo:

"...Non se limitou á restauración da disciplina clerical, das cerimonias litúrxicas e da ortodoxia nicena, aínda seriamente ameazada, en Galicia, pola persistencia tenaz da herexía priscilianista ..."

II Concilio de Braga

editar
 
O rei Miro de Galicia con Martiño de Braga.

En xuño do ano 572 preside o segundo Concilio de Braga no que os bispos da Gallaecia en presenza do rei suevo Miro establecen as liñas de actuación misional e de práctica litúrxica e moral desta igrexa particular. Mandou engadir ás Actas deste concilio unha recompilación metódica de oitenta e catro canons tomados dos sínodos dos Padres orientais da Igrexa, postos en orde e reunidos polo mesmo bispo Martiño.[1]

Vertrebración do Reino Suevo

editar

Contribuíu á vertebración do territorio coa estrutura parroquial reflectida no Parochiale suevorum. A desconcentración de funcións combinada cunha estrutura xerárquica de poder que converxe nos bispados dá estabilidade e prosperidade ao conxunto do Galliciense Regnum.

Labor relixioso-cultural

editar

Trae a Galicia a sabedoría cristiá oriental a través da tradución das Sentenzas dos Padres de Exipto. En De correctione rusticorum loita contra os costumes e crenzas supersticiosas de raíz prerromana ou céltica presentes entre os galaicos, e indirectamente pon en evidencia a persistencia daquela dos cultos prerromanos de raíces prehistóricas. Redactou breves Tratados dirixidos ao rei suevo Miro con títulos como: Fórmula da vida honesta; Rexeitamento da xactancia; Sobre a soberbia e Exhortación á Humildade. En 2023, o Consello da Cultura Galega, coordinado por Manuel Gago Mariño, reeditou Fórmula da vida honesta, contextualizando o documento contando con especialistas de referencia como Anselmo López Carreira, José Eduardo López Pereira, Xosé Antonio López Silva, e Rebecca Devlin entre outros. Segundo Gago Mariño:

bebeu das fontes clásicas e viaxou por toda Europa. As ensinanzas escritas para o rei galaico foron o manual de príncipes e princesas, escola de aristócratas e leigos, de Uppsala a Viena, de Leinster a Constantinopla.[2]

A obra inclúe a edición latina do texto, a partir da tese de doutoramento de Laura Ranero Riestra, autora da edición latina, e a tradución ao galego, realizada por Xosé Antonio López Silva. Tamén exerceu un liderado moral sobre os bispos do reino suevo escribindo un opúsculo sobre a xenreira destinado ao bispo Vitimiro de Ourense.

Organizou o monacato galego, ata entón de perfil eremítico propio do priscilianismo, que xa agromaba na Ribeira Sacra. Da súa época é o mosteiro de San Pedro de Rocas en Esgos, un mosteiro troglodita que sobrevive semiabandonado. Pretende transformar este primeiro ascetismo de orixe priscilianista nun monacato culto e conectado coa sociedade do seu tempo. O exemplo desta idea será o mosteiro que funda en Dume, preto de Braga. A súa actividade deixou pegada en Mondoñedo e atribúeselle tamén a fundación do mosteiro do Couto, en Narón.

Probablemente sexa súa a introdución en Portugal, e en tempos tamén en Galicia, da denominación dos días da semana polo sistema cristián de feiras e non polos nomes das divindades romanas.

Influencia sobre os visigodos e os francos

editar

O seu labor tivo continuidade no reino visigodo. Isidoro de Sevilla ou Gregorio de Tours, mestres de visigodos e francos respectivamente, así como os Concilios de Toledo, considerárono, xa daquela santo, doutor e Pai da Igrexa. Cando o reis visigodos se converten ao cristianismo romano imitan o seu modelo.

A súa influencia sobre os bispos sevillanos Leandro e Isidoro despréndese con claridade do eloxio que lle dedicou Isidoro:

"... Martiño de Dumio, santísimo pontífice dun mosteiro, chegou por mar desde as rexións orientais a Galicia e, alí, tras converter os suevos da impiedade ariana á fe católica, instituíu a regra da fe e da santa relixión, reformou as igrexas, fundou mosteiros, redactou de maneira abundante preceptos para a educación relixiosa. Eu lin, pola miña parte, o seu libro sobre as Diferenzas sobre as catro virtudes, e outro volume de cartas: nos seus escritos exhorta a emendar a nosa vida e a conducirnos con fe, a orar sen cesar, a distribuír esmolas e, por riba de todo, a cultivar as virtudes e a mostrarnos bos con todos. Brillou nos tempos do rei suevo Teodomiro, na época en que Xustiniano no Imperio e Atanaxildo nas Españas, exercían o poder supremo..."
Isidoro de Sevilla, Varóns ilustres, capítulo 12.
 
Hispania no século VI.

Foi precisamente na segunda metade do século VI en que se produce unha prolongada crise cando, tras o asasinato de Teudiselo en Hispalis (549), o pretendente Atanaxildo pide axuda ao basileus que ocupa a franxa meridional da Península Ibérica.

Eloxiado polos seus contemporáneos Venancio Fortunato (Venantius Honorius Clementianus Fortunatus), bispo de Poitiers, e Gregorio, bispo de Tours.[3]

Cabe marcar tanto as semellanzas como as diferenzas entre os pequemos catecismos morais que escribe Martiño dirixidos ao rei suevo Miro, coas súas Etimoloxías, a enorme enciclopedia de Isidoro destinada a mellorar a cultura das elites laicas e eclesiásticas do reino, procurándolles unha especie de manual enciclopédico cómodo.[4]

Martiño, no seu modelo de sermón para corrxir os rústicos dos campos galegos, busca unha linguaxe simplificada, para uso dun público inculto, que Isidoro empregaría, ao contrario do seu irmán máis vello Leandro, o ano 589 na sesión de clausura do III Concilio de Toledo, pomposa peza destinada a seducir e fascinar a corte e non para proporcionar unha formación relixiosa elemental a un auditorio corrente.[5]

Iconografía

editar

Represéntase nun retablo de San Martiño Pinario cortando un piñeiro con ídolos pagáns, en alusión ó seu propósito de erradicar en Galicia o culto pagán ás árbores, ríos e pedras.

 
Túmulo de san Martiño de Dume, en Braga.
  • Pro Repellenda Iactantia (A favor de rexeitar a vanagloria)
  • Item de superbia (Acerca da soberba)
  • Exhortatio humilitatis (Exortación da humildade)
  • Sententiae Patrum Aegyptiorum (Sentenzas dos Padres Exipcios)
  • De ira (Da Ira)
  • De correctione rusticorum (Da Corrección dos rústicos)
  • Formula vitae honestae (Como levar unha vida honesta)[6]
Predecesor:
Nova creación
Bispo de Dumio
556 - 579
Sucesor:
Xoán
Predecesor:
Lucrecio
Bispo de Braga
562 - 579
Sucesor:
Pantardo

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Barlow, C. W. (1950): Martiní Bracarensís Opera Omnia. New Haven: Yale Uníversíty Press.
  • Costa, Avelino de Jesus (1950): S. Martinho de Dume, (XIV Centenário da sua chegada à Península). Braga: Ed. Cenáculo.
  • Ferro Ruibal, X. (Dir.) et al(1992): Diccionario dos nomes galegos. Vigo: Ir Indo.
  • Fontaine, Jacques (2002): Isidoro de Sevilla. Génesis y originalidad de la cultura hispánica en los tiempos de los visigodos. Ediciones Encuentro. ISBN 978-84-7490-653-0.
  • López Carreira, Anselmo (1996): Martiño de Dumio: a creación dun reino. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-044-1
  • Soares, Luís Ribeiro (1997): A linhagem cultural de S. Martinho de Dume Lisboa: Imprensa Nacional - Casa da Moeda.