Mario Gómez

futbolista alemán

Mario Gómez García, nado en Riedlingen o 10 de xullo de 1985, é un futbolista alemán, que xoga na demarcación de dianteiro no VfB Stuttgart, e na selección alemá de fútbol. O seu traspaso do Stuttgart ó Bayern foi un récord na Bundesliga, ó facerse por 30-35 millóns de euros.

Modelo:BiografíaMario Gómez

(2018) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Mario Gómez García Editar o valor en Wikidata
10 de xullo de 1985 Editar o valor en Wikidata (39 anos)
Riedlingen, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Altura189 cm Editar o valor en Wikidata
Peso88 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–2018) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata - 2020 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaAlemaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2005 VfB Stuttgart II 43(21)
2003–2009 VfB Stuttgart 121(63)
2009–2013 FC Bayern München 115(75)
2013–2015   ACF Fiorentina 29(7)
2015–2016 cesión Beşiktaş JK 33(26)
2016–2017 VfL Wolfsburg 45(17)
2018–2020 VfB Stuttgart 70(22)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1999–1999   seleção alemã de futebol sub-15 3(1)
2000–2001   Alemaña sub-17 14(5)
2002–2002   Alemaña sub-18 4(0)
2002–2003   Alemaña sub-19 19(11)
2004–2004   Alemaña sub-20 8(2)
2005–2005   Germany national football B team 2(1)
2005–2006   Alemaña sub-21 9(1)
2007–2018   Alemaña 78(31)
Participou en
2010Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 ../... 25 Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmario-gomez.de Editar o valor en Wikidata
Facebook: mario33gomez Twitter: Mario_Gomez Instagram: mario FIFA: 216784 UEFA: 62588 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

De pai de orixe granadina Gómez naceu en Riedlingen. Medrou en Unlingen no estado de Baden-Württemberg, ó suroeste de Alemaña, a 95 km de Stuttgart e a 175 km ao suroeste de Múnic. Comezou a formarse futbolisticamente en clubs menores pasando pronto ás categorías inferiores do VfB Stuttgart, debutou co primeiro equipo en 2004 nun encontro de Liga de Campións ante o Chelsea FC e pouco despois na Bundesliga.

Na tempada 2004/05, aínda con ficha no filial anotou 15 goles en 24 encontros co mesmo. Na tempada seguinte xa se fixo un oco no primeiro equipo, disputando 30 encontros e anotando 6 goles

Na tempada 2006/07 converteuse nun dos máximos anotadores da Bundesliga a pesar de sufrir varias lesións, renovando co Stuttgart ata 2012. Ao ano seguinte foi o segundo máximo goleador do campionato ligueiro por detrás de Luca Toni e o máximo da Copa con 6 goles.

No verán de 2009 fichou polo Bayern de Múnic por unha cifra entre 30 e 35 millóns de euros. Na súa segunda tempada no club muniqués foi o segundo máximo anotador da Liga de Campións, por detrás de Samuel Eto'o, e o máximo da Bundesliga con 28 goles.

Na tempada 2012/13 e última no Bayern o equipo proclamouse campións da Liga de Campións.

Coa selección de fútbol

editar

Ten nacionalidade española e alemá, decidíndose por xogar coa selección alemá. O seu primeiro partido coma internacional foi en febreiro de 2007 contra a selección suíza e foi convocado regularmente dende entón.

Disputou a Eurocopa de 2008 e 2012 e no Mundial de Fútbol Suráfrica 2010.

Vida persoal

editar

Gómez é un notable portavoz sobre temas sociais, pensa que os homosexuais teñen que liberarse no fútbol e non preocuparse por iso. Gómez ten unha longa relación coa súa actual moza, Silvia Meichel.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar