Marina Bay, Singapur
Marina Bay é unha baía próxima á zona central de Singapur. É unha baía artificial, e formouse cun recheo de terra que creou o Marina Centro e a área Marina Sur; durante o proceso de recuperación, a dársena Telok Ayer foi eliminada do mapa, e o río de Singapur desemboca agora na baía, en vez do facelo directamente ó mar. En 2008 rematouse unha barreira que fixo de Marina Bay unha reserva de auga potable (o Singapur Marina Reservoir).
Plan Director
editarO Plan Director URA para Marina Bay ten como obxectivo fomentar a mestura de usos comercial, residencial, hoteleiro e de lecer para esta zona.
O goberno de Singapur tamén gastou 35 millóns de dólares para completar os 3,5 quilómetros de paseo marítimo fronte ao mar ao redor de Marina Bay.[1] Inclúese un novo centro de visitantes ecolóxico e a "Helix" que une o paseo co Marina Center onde se atopa o Parque Olímpico da Mocidade. O Promontory @ Marina Bay (antes Central Promontory Site) utilizarase como un espazo provisional para eventos e como espazo público utilizado para actividades teatrais e espectáculos.[2]
Historia
editarEn 1970, levouse a cabo o recheo de terras en Marina Bay, formando o que hoxe en día son as áreas de Marina Centro e Marina Sur. No proceso de recuperación, Telok Ayer Basin e Inner Roads elimináronse do mapa co recheo de terras, mentres que a boca do río Singapur agora desemboca na baía no canto de directamente no mar. En 2008, foi construída a Marina Barrage, unha barreira para facer no centro da cidade unha reserva de auga doce, para o abastecemento de auga, control de inundacións e un novo e atractivo estilo de vida.
Eventos
editarA presentación do Gran Premio de Singapur levouse a cabo o 28 de setembro de 2008 sobre un circuíto urbano a través de Marina Bay.[3] Foi a primeira vez que un Gran Premio de Fórmula Un se disputou de noite, coa pista totalmente iluminada. Desde a súa creación, The Float@Marina Bay foi sede de eventos como o Desfile do Día Nacional, despedidas de ano,[4] e tamén serviu como bancada de pé para a primeira edición do Gran Premio de Singapur de Fórmula 1. O estadio flotante máis grande do mundo foi a sede da apertura e clausura da primeira edición dos Xogos Olímpicos da Mocidade de 2010.[5]
Notas
editar- ↑ “$35m for Marina Bay waterfront promenade”. Asiaone. 2008-09-19. http://www.asiaone.com/Travel/News/Story/A1Story20080918-88574.html Arquivado 10 de abril de 2011 en Wayback Machine. Retrieved 2010-06-03.
- ↑ "Downtown @ Marina Bay". URA. http://www.ura.gov.sg/cudd/cawebsite/downtown-map.htm Arquivado 14 de maio de 2011 en Wayback Machine. Retrieved 2010-07-08.
- ↑ "Singapore to host F1 Grand Prix next year". Channel NewsAsia. 2006-05-11. http://www.channelnewsasia.com/stories/singaporelocalnews/view/275566/1/.html Arquivado 10 de outubro de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 2007-05-11.
- ↑ "Marina Bay Singapore Countdown 2010/11". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2013.
- ↑ "Singapore YOG 2010 Fan Site". http://www.singaporeyoutholympicgames.com/yog-venues/marina-bay-floating-stadium/ Arquivado 09 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine. Consultado o 2010-07-08.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marina Bay, Singapur |