Marco finlandés
Marco finlandés † | |
---|---|
Suomen markk en finés | |
Código: | FIM |
Ámbito: | Finlandia |
Símbolo: | mk |
Fracción: | 100 penniä |
Moedas: | 1, 5, 10, 20, 50 penniä 1, 5, 10 marcos |
Billetes: | 10, 20, 50, 100, 500, 1.000 marcos |
Emisor: | Banco de Finlandia |
Taxa de troco: fixa | 1 EUR = 5,94573 FIM |
O marco finlandés (en finés: markka) foi a moeda de curso legal en Finlandia. Coexistiu co euro desde 1999 a 2002, ano en que saíu definitivamente de circulación. Un marco finlandés dividíase en 100 peniques (penniä). O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é FIM e a súa abreviatura era mk.
Historia
editarO marco foi emitido por primeira vez en 1860 polo Banco de Finlandia, substituíndo ao rublo ruso cunha taxa de cambio de 1:1. En 1865 o marco desligouse do rublo e uniu o seu valor á prata. Trala independencia de Finlandia en 1917 a divisa foi apoiada polo valor do ouro. O patrón de ouro abandonouse en 1940 e o marco sufriu unha severa inflación durante os anos da segunda guerra mundial. En 1963 fíxose unha desvalorización creando un novo marco, equivalente a 100 antigos marcos.
Finlandia uniuse aos Acordos de Bretton Woods en 1948. O valor do marco ligouse ao dólar cunha taxa de cambio de 320 FIM = 1 USD, que sufriu cambios en 1963 e 1967. Trala finalización dos Acordos de Bretton Woods en 1971, xurdiron novas divisas ás que tomar como referencia. Ocasionalmente a moeda desvalorizábase, até nun 60% entre 1975 e 1990, permitindo achegarse máis ao dólar estadounidense que ao emerxente marco alemán. A industria papeleira, que utilizaba nas súas transaccións o dólar estadounidense, foi culpada destas desvalorizacións para incrementar as súas exportacións. Varias políticas de control económico elimináronse e gradualmente o mercado se liberalizou durante os anos 80 e 90.
En 1991 o marco fixouse ao ECU, pero tivo que desligarse aos dous meses cunha desvalorización do 12%. En 1992 Finlandia entrou nunha gran recesión causada por varios factores, o principal deles a gran débeda interior producida polo boom económico. Outro factor foi o colapso da Unión Soviética, xa que con esta mantíñanse varios acordos económicos que desapareceron. Como resultado abandonáronse as antigas taxas de cambio e o marco saíu á boia. O seu valor diminuíu inmediatamente un 13% e os prezos converxeron aos niveis alemáns. Tamén algúns emprendedores que tomaron prestado diñeiro en divisa estranxeira víronse de súpeto cunha débeda insustentable.
En 1996 o marco finlandés uniuse ao mecanismo europeo de tipos de cambio e en 1999 ao euro para ser substituído por este fisicamente en 2002. Especulouse moito se Finlandia adoptaría o euro debido ás flutuacións do mercado e da chamada burbulla tecnolóxica que influíron no valor do marco.
Moedas
editarAs primeiras moedas que se cuñaron foron denominacións de 1, 5 e 10 penniä de cobre, 25 e 50 penniä de prata, e 1 e 2 marcos de prata, e 10 e 20 marcos de ouro. Tras a I Guerra Mundial substituíronse os metais nobres por moedas de 25 e 50 penniä e 1 marco de cuproníquel en 1921, seguidas de 5, 10 e 20 marcos de bronce-aluminio entre 1928 e 1931. Durante a segunda guerra mundial o cobre substituíu o cuproníquel nas denominacións de 25 e 50 penniä e 1 marco, seguidas por unhas cuñaxes de ferro de 10, 25 e 50 penniä e 1 marco. Durante este período tamén se emitiron moedas de 5 e 10 penniä con buraco.
En 1948 tódalas moedas inferiores a 1 marco deixaron de cuñarse. En 1952 introduciuse unha nova serie con moedas máis pequenas de ferro en denominacións de 1 e 5 marcos, seguidas das de 10, 20 e 50 marcos de bronce-aluminio dende 1956, e denominacións de 100 e 200 marcos de prata. Esta serie mantívose até a introdución dun novo marco en 1963.
As series do novo marco compúñanse ao principio de seis denominacións: 1 penniä de aluminio, 5 penniä de cobre e máis tarde de aluminio, 10 penniä de bronce-aluminio e despois de aluminio, 20 e 50 penniä de bronce-aluminio e 1 marco de prata e máis tarde de cuproníquel. Desde 1972 introduciuse unha nova moeda de 5 marcos de bronce-aluminio.
As moedas en circulación antes da substitución polo euro eran as seguintes:
Imaxe | Denominación | Metal | Diámetro (mm.) |
Peso (gr.) |
Canto | Anverso | Reverso | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anel | Centro | |||||||
10 penniä | Cu Ni | 16,30 | 1,80 | Liso | Convallaria - SUOMI · FINLAND - ano de cuñaxe | 10 PENNIÄ · PENNI - Panal | ||
50 penniä | Cu Ni | 19,70 | 3,30 | Liso | Oso pardo - SUOMI · FINLAND - ano de cuñaxe | 50 PENNIÄ · PENNI - Musgo capilar | ||
1 marco | Cu Ni Zn | 22,25 | 4,90 | Liso | Escudo de Finlandia - SUOMI · FINLAND - ano de cuñaxe | 1 MARKKA · MARK | ||
5 marcos | Cu Ni Zn | 24,50 | 5,50 | Liso SUOMI FINLAND |
Foca do lago Saimaa - SUOMI · FINLAND - ano de cuñaxe | 5 MARKKA · MARK - Cabaliño do demos e nenúfares | ||
10 marcos | Cu Ni | Cu Ni Zn | 27,25 | 8,00 | Liso | Pita do monte - SUOMI · FINLAND - ano de cuñaxe | 10 MARKKA · MARK - Xerbo |
Billetes
editarOs billetes en circulación até 2002 eran os das denominacións que a continuación se describen:
Imaxe do anverso | Imaxe do reverso | Denominación | Cor predominante | Anverso | Reverso |
---|---|---|---|---|---|
10 Marcos | Azul | 10 - KYMMENEN MARKKAA - TIO MARK - Paavo Nurmi - SUOMEN PANKKI | 10 - Kymmenen markkaa - Tio mark - Estadio Olímpico de Helsinqui - SUOMEN PANKKI - FINLANDS BANK - Escudo de Finlandia | ||
20 Marcos | Verde/Azul | 20 - KAKSIKYMMENTÄ MARKKAA - TJUGO MARK - Väinö Linna - SUOMEN PANKKI | 20 - Kaksikymmentä markkaa - Tjugo mark - Ponte de Tammerkoski - SUOMEN PANKKI - FINLANDS BANK - Escudo de Finlandia | ||
50 Marcos | Marrón | 50 - VIISIKYMMENTÄ MARKKAA - FEMTIO MARK - Alvar Aalto - SUOMEN PANKKI | 50 - Viisikymmentä markkaa - Femtio mark - Finlandia Hall - SUOMEN PANKKI - FINLANDS BANK - Escudo de Finlandia | ||
100 Marcos | Verde | 100 - SATA MARKKAA - HUNDRA MARK - Jean Sibelius - SUOMEN PANKKI | 100 - Sata markkaa - Hundra mark - Cisnes - SUOMEN PANKKI - FINLANDS BANK - Escudo de Finlandia | ||
500 Marcos | Vermello | 500 - VIISISATAA MARKKAA - FEMHUNDRA MARK - Elias Lönnrot - SUOMEN PANKKI | 500 - Viisisataa markkaa - Femhundra mark - Camiño nun bosque - SUOMEN PANKKI - FINLANDS BANK - Escudo de Finlandia | ||
1.000 Marcos | Violeta | 1000 - TUHAT MARKKAA - TUSEN MARK - Mikael Agricola - SUOMEN PANKKI | 1000 - Tuhat markkaa - Tusen mark - Castelo de Turku - SUOMEN PANKKI - FINLANDS BANK - Escudo de Finlandia |