Marcelo Azcárraga Palmero
Marcelo de Azcárraga Palmero, nado en Manila o 4 de setembro de 1832 e finado en Madrid o 30 de maio de 1915 foi un militar e político español, presidente do Consello de Ministros en tres ocasións durante o reinado de Afonso XIII.
Traxectoria
editarNaceu en Manila,[1] Filipinas, fillo do xeneral José Azcárraga, natural de Biscaia, e de María Palmero, unha mestiza filipina de Albay.
Estudou dereito na Universidade de Santo Tomás, en Manila, e entrou despois na Escola de Náutica, onde obtivo o primeiro premio en matemáticas. O seu pai enviouno a España para asistir á academia militar e en tres anos obtivo a graduación de capitán. Aos vinte e tres anos foi condecorado coa Cruz de San Fernando. Foi enviado a varias colonias de España: formou parte do corpo expedicionario comandado por Prim en Cuba e participou na campaña de San Domingos, volvendo a España en 1866. Posteriormente regresou a Cuba e casou cunha das fillas da adiñeirada familia Fesser, propietaria e fundadora do Banco y Casa de Fessner Seguros.
Etapa política
editarTras tomar parte no derrocamento de Espartero en 1856, foi destinado a Cuba antes de representar a España na embaixadad de México. En 1866 foi ascendido a coronel polo seu comportamento leal. Dous anos despois adheriuse ao movemento que destronou a Isabel II e foi ascendido a brigadier e nomeado subsecretario de guerra. Dimitiu deste cargo durante os primeiros anos da República.
Partidario da Restauración borbónica, apoiou a proclamación de Afonso XII como rei de España. Como membro do Partido Conservador mantívose activo politicamente durante esa época, sendo elixido senador vitalicio, e administrou o ministerio da Guerra baixo os gobernos de Cánovas del Castillo e Silvela. Tralo asasinato de Cánovas o 8 de agosto de 1897 converteuse en presidente interino goberno de España ata o 4 de outubro mantendo a carteira de Guerra.[2] Ocupou o cargo dúas veces máis de xeito interino e foi considerado un presidente de transición.
Tras retirarse do exército en setembro de 1904,[3] foi nomeado cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, pola súa defensa da monarquía e por manter España en relativa paz.
Faleceu o 30 de maio de 1915 en Madrid[4] e foi enterrado na Sacramental de Santo Isidro.[5]
Honra
editarEn 1896 o concello da Coruña decidiu dedicarlle ao Xeneral a praza da Fariña, polo seu apoio á restitución á cidade da Capitanía Xeneral.[6]
Predecesor: Antonio Cánovas del Castillo |
Presidente do Consello de Ministros de España 1897 |
Sucesor: Práxedes Mateo Sagasta |
Predecesor: Francisco Silvela |
Presidente do Consello de Ministros de España 1900 - 1901 |
Sucesor: Práxedes Mateo Sagasta |
Predecesor: Antonio Maura Montaner |
Presidente do Consello de Ministros de España 1904 - 1905 |
Sucesor: Eugenio Montero Ríos |
Notas
editar- ↑ Anónimo 1911, p. 342.
- ↑ "Parte oficial" (PDF). Gaceta de Madrid (en castelán) III (Madrid). 9 de Agosto de 1897. Consultado o 29-4-2020.
- ↑ Varios autores 1922, p. 355.
- ↑ "Muerte del general Azcárraga". El Heraldo de Madrid (8946): 1. 30 de maio de 1915. ISSN 2171-0090.
- ↑ "Fallecimiento del general Azcárraga: El desfile". La Correspondencia Militar (11.459): 3. 31 de maio de 1915. ISSN 1132-6441.
- ↑ Gutiérrez, J. M. "Plaza de Azcárraga". La Opinión de A Coruña (en castelán).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marcelo Azcárraga Palmero |
Bibliografía
editar- Anónimo (30 de novembro de 1911). "Notas biográficas del general Azcárraga". La Ilustración Militar (166): 341-343. ISSN 2171-2867.
- Varios autores (1922). "Azcárraga y Palmero, Marcelo". Encyclopaedia Britannica (en inglés) XXX (12ª ed.). Londres e Nova York: The Encyclopaedia Company, LTD. / The Encyclopaedia Britannica, INC.