Marca Hispánica
A Marca hispánica era o territorio comprendido entre a fronteira político-militar do Imperio carolinxio con Al-Andalus e os Pireneos, desde finais do século VIII ata a súa independencia efectiva en diversos reinos e condados. A diferenza doutras marcas carolinxias, a Marca hispánica non tiña unha estrutura administrativa unificada propia.
Localización | |||
---|---|---|---|
Xeografía | |||
Parte de | |||
Comparte fronteira con | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Sucedido por | Condado de Ribagorza, Condado de Urgell, Condado de Girona, County of Osona (en) , County of Pallars (en) , County of Cerdanya (en) , County of Roussillon (en) , Condado de Empúries, Condado de Barcelona, Counts of Berga (en) , County of Besalú (en) , County of Conflent (en) , County of Manresa (en) , Condado de Aragón e condado de Sobrarbe | ||
Evento clave | |||
Historia
editarTras a conquista musulmá da Península Ibérica, os carolinxios interviñeron no nordés peninsular a fins do século VIII, co apoio da poboación autóctona das montañas. A dominación franca fíxose efectiva entón máis ao sur tras a conquista de Xirona (785) e Barcelona (801). A chamada «Marca Hispánica» quedou integrada por condados dependentes dos monarcas carolinxios a principios do século IX. Para gobernar estes territorios, os reis francos designaron condes, uns de orixe franca e outros autóctonos, segundo criterios de eficacia militar na defensa das fronteiras e de lealdade e fidelidade á coroa.
O territorio gañado aos musulmáns configurouse como a Marca Hispánica, en contraposición á Marca Superior andalusí, e ía de Pamplona ata Barcelona. De todos eles, os que alcanzaron maior protagonismo foron os de Pamplona, constituído no primeiro cuarto do século IX en reino; Aragón, constituído en condado independente en 809; Urgell, importante sede episcopal e condado con dinastía propia desde 815; e o condado de Barcelona, que co tempo converteuse en hexemónico sobre os seus veciños, os de Osona e Xirona.
Mapas
editarNas imaxes, mapa físico-político do territorio entre o golfo de Biscaia e o mar Mediterráneo, e mapa político interpretando a Península Ibérica dos séculos IX e XI. Para a terminoloxía "Asturias" e "León" nos mapas, véxase tamén "Historiografía do Reino de Galicia".
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Marca Hispánica |
Outros artigos
editar Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |