Susana López Abella
María Susana López Abella, nada en Taboada o 14 de maio de 1967, é unha xornalista e política galega do PPdeG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de maio de 1967 (57 anos) Taboada, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Traxectoria
editarCursou estudos de Dereito e Ciencias Empresariais na UNED. Foi delegada e locutora de Radio Faro de Chantada (1990-1999). Foi concelleira de Cultura e segunda tenente de alcalde de Chantada (1999-2003). Foi elixida parlamentaria pola provincia de Lugo nas eleccións autonómicas de 2001. Volveu ser concelleira en Chantada en 2007, se ben o partido pasou á oposición, e en novembro de 2008 foi elixida presidenta do Partido Popular de Chantada en detrimento do exalcalde Manuel Lorenzo Varela Rodríguez,[1] o cal motivaría a posterior escisión deste. Mantívose na presidencia ata en 2013 sen chegar a ser candidata á alcaldía, xa que en 2009 foi nomeada Secretaria Xeral de Familia e Benestar trala vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, polo que renunciou como concelleira. Dende decembro de 2012 é Secretaria Xeral da Igualdade, cargo no que se mantivo tralos comicios de 2016 e 2020.
En xuño de 2023, tomou posesión como deputada no Parlamento de Galicia substituíndo a Daniel Vega,[2] quen dimitiu ao ser elixido alcalde de Ribadeo.[3]
Notas
editar- ↑ Susana López desbanca a Manuel Varela á fronte do PP de Chantada
- ↑ Parlamento de Galicia (27 de xuño de 2023). "Toman posesión sete novas deputadas e deputados do Parlamento de Galicia". parlamentodegalicia.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2024. Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
- ↑ Redacción (19 de xuño de 2023). "Dani Vega, alcalde de Ribadeo: “Afronto este reto con moitísima ilusión, e tendo clara a responsabilidade que supón”". galiciaxa.com. Consultado o 9 de xaneiro de 2024.