Consuelo Martínez García
María Consuelo Martínez García, nada en Vigo en 1961, é unha sindicalista e política galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1961 (63/64 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Traxectoria
editarEstudou maxisterio e enfermería e comezou a traballar como auxiliar de enfermería nun hospital de Vigo, exercendo tamén como delegada sindical da CIG, foi secretaria comarcal de Vigo da Federación Sanitaria da CIG (1998-2001) e secretaria confederal de finanzas (2001-2005), secretaria confederal de organización (2005-2008) e secretaria comarcal de muller e mocidade (2009-2012). Militante da Fronte Obreira Galega, nas eleccións autonómicas de 2012 foi elixida deputada no Parlamento Galego pola Alternativa Galega de Esquerda a proposta de Anova-Irmandade Nacionalista. En novembro de 2014 tras a marcha de Cerna de Anova deixou o grupo parlamentario de AGE, integrándose no mixto.[1]
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha no Parlamento de Galicia Arquivado 14 de setembro de 2015 en Wayback Machine.