Manuel Rivera Domínguez
Manuel Rivera Domínguez, nado en Arbo o 20 de novembro de 1944, é un empresario e político galego do Partido Popular de Galicia (PPdeG).
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de novembro de 1944 (80 anos) Arbo, España |
Alcalde de Arbo | |
1991 – 2011 – Xabier Simón Fernández → | |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político, axente inmobiliario |
Traxectoria
editarEnxeñeiro de profesión, é axente da propiedade inmobiliaria. Nas eleccións municipais de 1991 encabezou unha candidatura independente á alcaldía de Arbo e foi elixido alcalde grazas ao apoio do concelleiro do PSdeG-PSOE. Nas municipais de 1995 presentouse polo PPdeG e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser reelixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, ata 2011. En 1999 foi elixido deputado provincial.
As empresas Inmobiliaria Rivera y Capital Quattro, vinculadas á familia de Rivera, executan preto do 85% da actividade inmobiliaria do municipio. Rivera e a súa familia tamén adquiriron terreos rústicos para promover unha recualificación que lles permitiu construír unha gasolineira. Rivera ten dúas empresas inmobiliarias, Fran-River Promociones e Rivera y Rodríguez. A familia Rivera comprou a finais dos anos 90 terreos que daquela eran rústicos, segundo o Plan Xeral de 1998, para promover a súa recualificación para uso industrial e comercial. A Consellería de Política Territorial, dirixida por Xosé Cuíña, aprobou a proposta.[1]
No ano 2023 entra no partido IPPA (Independientes Para el Progreso de Arbo), para presentarse a candidatura do día 28 de maio.
Predecesor: Hermenegildo Rivero Álvarez |
Alcalde de Arbo 1991 - 2011 |
Sucesor: Xavier Simón Fernández |
Vida persoal
editarCasou con María Luisa Viéitez Fernández, filla de Ignacio Viéitez González, e é pai de tres fillos.
Notas
editar- ↑ Esquela da súa sogra[Ligazón morta]. Atlántico Diario, 29/11/2010. (en castelán)